[go: up one dir, main page]

Aia

concello da provincia de Guipúscoa

Aia é un concello de Guipúscoa, no País Vasco. Trátase dun extenso concello rural situado preto da costa. Dentro dos seus límites atópase o Parque Natural de Pagoeta.

Modelo:Xeografía políticaAia
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°14′11″N 2°08′55″O / 43.2365, -2.1487
EstadoEspaña
Comunidade autónomaPaís Vasco
ProvinciaGuipúscoa
ComarcasUrola Kosta Editar o valor en Wikidata
CapitalAia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación2.136 (2023) Editar o valor en Wikidata (38,65 hab./km²)
Lingua oficiallingua éuscara (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie55,27 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porMar Cantábrico Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación1025 Editar o valor en Wikidata
Día festivo
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataIgor Iturain Ibarguren (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal20809 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE20016 Editar o valor en Wikidata

Sitio webaia.eus Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455038

Historia

editar

En Aia naceu no ano 1749 José Joaquín de Arrillaga, quen cursou carreira militar nas provincias de Sonora e California, en Nova España. Serviu como capitán do Presidio de Loreto despois de 1784 como tenente gobernador, sendo gobernador de toda California dende 1800 ata que finou no ano 1814 na Misión de Nuestra Señora de la Soledad, preto de Monterey (California).

Consérvase abundante documentación sobre o seu servizo no Arquivo Xeral de Indias de Sevilla, no Arquivo Xeral Nacional de México, na Bancroft Library da Universidade de California en Berkeley e no Arquivo de Baixa California Sur en La Paz.

Patrimonio

editar

Nesta localidade atópase a cova de Atxerri, incluída na lista do Patrimonio da Humanidade da Unesco dende xullo de 2008, dentro do sitio «Cova de Altamira e arte rupestre paleolítica do Norte de España». Ten pinturas e gravados da época magdaleniana.

Política

editar
Eleccións municipais en Aia
Partido político 2011[1] 2007[2]
Votos % Concelleiros Votos % Concelleiros
Partido Nacionalista Vasco (EAJ/PNV) 53,06% 6 61,31% 6
Bildu 43,56% 5 - -
Acción Nacionalista Vasca (EAE-ANV) - - 26,56% 3
  1. Ministerio del interior (ed.). "Resultados elecciones municipales Aya 2011". Arquivado dende o orixinal o 04 de novembro de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2011. 
  2. Ministerio del interior (ed.). "Resultados elecciones municipales Aya 2007". Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2011. Consultado o 11 de novembro de 2011.