[go: up one dir, main page]

Aeroporto de Memmingen

O aeroporto de Memmingen (IATA: FMM, ICAO: EDJA) é un aeroporto internacional na vila de Memmingerberg, preto da cidade de Memmingen. É o máis pequeno dos tres aeroportos comerciais de Baviera despois dos aeroportos de Múnic e de Nürnberg e é o que se atopa a máis altura de toda Alemaña. Está operado por Allgäu Airport GmbH & Co. KG, unha sociedade formada por 71 empresas de tamaño medio principalmente locais.

Aeroporto de Memmingen
Flughafen Memmingen

IATA: FMM – ICAO: EDJA
Sumario
Tipo público
Operador Allgäu Airport GmbH & Co. KG
Cidade/Illa Memmingen
Localización Memmingerberg
Elevación (msnm) 633 metros / 2 077 pés
Coordenadas
Web https://www.allgaeu-airport.de/
Pista(s)
Dirección Longo Superficie
metros pés
06/24 2 981 9 777 asfalto
Estatísticas (2016)
Pasaxeiros 996 714[1]

Situado a 3,8 quilómetros do centro de Memmingen e a 110 do centro de Múnic, serve a Memmingen e á área de Allgäu, e tamén proporciona unha alternativa de baixo custo ao aeroporto de Múnic, polo que ás veces algunhas aeroliñas refírense a el como aeroporto de Memmingen/Múnic-Oeste. Opera principalmente voos a destinos de vacacións europeos.

Aeroliñas e destinos

editar
Aeroliñas Destinos
Pobeda Moscova-Vnukovo
Ryanair Alacant, Atenas (comeza en maio de 2018),[2] Burgas (comeza en marzo de 2018),[3] Dublín, Fez, Faro, Londres-Stansted, Málaga, Oradea, Palermo, Palma de Mallorca, Porto, Sevilla, Estocolmo-Skavsta, Tenerife-Sur, Tesalónica, Varsovia-Modlin
Estacional: L'Alguer, Chania, Xirona, Sofía
Wizz Air Belgrado, Cluj-Napoca, Kíiv-Zhuliany, Kutaisi, Niš, Podgorica, Sibiu, Skopje, Sofía, Târgu Mureș (reanúdase en decembro de 2017),[4] Timișoara, Tuzla, Varna, Vilnius

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar