Adrano
Adrano (en siciliano: Adranu) é unha comuna da provincia de Catania, Sicilia, Italia. Ata 1929 chamada Aderno. Situada na aba do Etna, nas beiras do río Simeto a 584 metros sobre o nivel do mar. 34 290 habitantes.
Adranu (scn) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión con estatuto especial | Sicilia | ||||
Cidades metropolitanas | Metropolitan City of Catania (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 33.899 (2023) (407,34 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 83,22 km² | ||||
Altitude | 560 m | ||||
Comparte fronteira con | Biancavilla (pt) Belpasso (pt) Castiglione di Sicilia (pt) Maletto Nicolosi Zafferana Etnea Regalbuto (pt) Sant'Alfio (pt) Bronte (pt) Centuripe (pt) Randazzo | ||||
Santo padrón | Nicolò Politi (en) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 95031 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 095 | ||||
Identificador ISTAT | 087006 | ||||
Código catastral italiano | A056 | ||||
Páxina web | comune.adrano.ct.it |
Historia
editarAs abas do Etna estiveron habitadas dende o neolítico inferior, contra o século X a.C. comezan a se establecer colonias sículas, que comezan a decaer no século V a.c., a chegada dos gregos data do 400 a.C. cando Dionisio I de Siracusa, funda unha cidade preto do templo dedicado ao deus grego do lume, Hadrano para reforzar a hexemonía de Siracusa na zona. No 344 a. C. ten lugar a batalla de Adranon entre os Timoleonte de Corinto e Iceta de Leontinoi. A cidade foi sometida ao dominio romano no 263 a.C..
No 950 os árabes dominan a cidade durante a que se converte nunha poderosa cidade comercial, no 1075 os normandos fanse co control da cidade.
Dende o século XIV pertence a Matteo Sclafani e despois á familia Moncada ata a abolición dos dereitos feudais.
En 1693 a cidade sofre un gran terromoto que mata a moitos dos seus habitantes. Durante a segunda guerra mundial a cidade foi bombardeada polos aliados.
Arquitectura
editarIl Castello, castelo normando fundado por Roxerio I
Chiesa Madre, de feitura normanda, cruz latina e tres naves construída entre o XVI e o XX.
Mosteiro de Santa Lucía, fundado en 1596, hoxe escola pública
Igrexa de Santa Lucía reconstruída en 1775
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adrano |