Adolfus
Adolfus | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Adolfus africanus macho (foto de 1919) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especie tipo | |||||||||||||||
Adolfus fridericianus Sternfeld, 1912 [1] | |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
|
Adolfus é un xénero de réptiles escamosos da familia dos lacértidos e subfamilia dos lacertinos.
O xénero é endémico da África subsahariana.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1912 polo herpetólogo xudeu-alemán Richard Sternfeld.[2][3]
Etimoloxía
editarO nome científico Adolfus, foi unha homenaxe a Adolfo Frederico de Mecklemburgo, explorador alemán en África e político colonoial.[4]
Especies
editarNa actualidade recoñécense no xénero a seguintes seis especies:[2][3]
- Adolfus africanus (Boulenger, 1906)
- Adolfus alleni (Barbour, 1914)
- Adolfus jacksoni (Boulenger, 1899)
- Adolfus kibonotensis (Lönnberg, 1907)
- Adolfus masavaensis Wagner, Greenbaum & Branch, 2014
- Adolfus mathewsensis Greenbaum, Dowell-Beer, Hughes, Wagner, Anderson, Villanueva, Malonza, Kusamba, Aristote & Branch, 2018
Hábitat
editarAs especies de Adolfus habitan en bosques e prados. Adolfus jacksoni habita tamén en ambientes urbanos. Adolfus alleni rexistrouse até 4 500 m sobre o nivel do mar.[5]
Catacterísticas
editarAs especies do xénero Adolfus adoitan seren lacértidos relativamente grandes, xa que miden entre os 55 e os 84 mm de lonxitude desde o fociño até a abertura posterior da fenda cloacal, excepto Adolfus masavaensis, que é moito máis pequeno, xa que mide só de 39 a 56 mm.[5]
A cola é cilíndrica, sen franxas laterais, e relativamente longa, unhas 1,7-2 veces da lonxitude citada.[5]
Non presentan dimorfismo sexual.[5]
En Adolfus jacksoni o tamaño da posta é de 3 a 5 ovos.[5]
Notas
editar- ↑ Hoxe Adolfus africanus (Boulenger, 1906), en Harold De Lisle. Catalog of the Lacertidae.
- ↑ 2,0 2,1 Adolfus Sternfeld, 1912 no GBIF. Consultado o 21 de setembro de 2021.
- ↑ 3,0 3,1 Adolfus Sternfeld, 1912 na BioLib. Consultada o 21 de setembro de 2021.
- ↑ Beolens, B.; Watkins, M. & Grayson, M. (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. (Genus Adolfus, p. 2).
- ↑ 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Greenbaum, E. et al. 2011.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Adolfus |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Adolfus |
Bibliografía
editar- Greenbaum, E.; Villanueva, C. O.; Kusamba, C.; Aristote, M. M. & Branch, W. R. (2011): "A molecular phylogeny of Equatorial African Lacertidae, with the description of a new genus and species from eastern Democratic Republic of the Congo". Zoological Journal of the Linnean Society 163: 913–942.
- Sternfeld, R. (1912): "Reptilia". pp. 197–279 + Plates VI-IX. En: Schubotz, H., ed. (1913): Wissenschaftliche Ergebnisse der Deutschen Zentral-Afrika-Expedition 1907-1908 unter Führung Adolf Friedrichs, Herzogs zu Mecklenburg, Band IV Volume 4, Zoologie II. Leipzig: Klinkhardt & Biermann. 485 pp. + 11 plates. (Adolfus, novo xénero Arquivado 05 de marzo de 2016 en Wayback Machine., p. 220) (en alemán).
Ligazóns externas
editar- Genus: Adolfus en The Reptile Database (en inglés).
- Adolfus Sternfeld, 1912 na EOL (en inglés).