Ágnatos
Ágnatos (Agnatha) Rango fósil: do Cámbrico ao presente | |||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Lampetra fluviatilis L. (lamprea de rio) | |||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||
|
Os ágnatos (Agnatha, do grego ἀ- a- e γνάϑος gnáthos, mandíbula, literalmente: "sen mandíbulas") son un grupo parafilético [1] de vertebrados acuáticos que, xunto cos condrictios e os osteíctios, conforman o grupo parafilético coñecido popularmente como peixes. Na clasificación tradicional lineana considérase como unha superclase.
Son os vertebrados máis primitivos, caracterizados por careceren de mandíbulas, pola respiración branquial depedente da farinxe e pola persistencia da notocorda ou corda dorsal nos adultos.
Tradicionalmente os ágnatos dividíanse nas clases dos ostracodermos (Ostracoderma), isto é «os de pel dura», todos fósiles, e a dos ciclóstomos (Cyclostomi), é dicir, «os de boca circular», con formas actualmente viventes, moi simplificadas, e numerosas fósiles.
Debido a isto, adóitase identificar ágnatos con ciclóstomos.
Actualmente os ágnatos comprenden pouco máis de 100 especies actuais [2] e gran número de formas fósiles.
As especies actuais habitan en augas temperadas de ambos os hemisferios e nas tropicais máis frías.
Características
editarO único elemento característico común de todos os ágnatos (fósiles e actuais) é a ausencia de mandíbulas, un carácter claramente primitivo. As formas paleozoicas eran de aspecto moi diferente ás especies actuais e moitas tiñan fortes escudos óseos na cabeza como protección fronte aos predadores, e estaban cubertos de escamas de diversos tipos. Os ágnatos actuais teñen aspecto de anguía e carecen de escamas, presentando unha pel mucosa e esvaradía.
A ausencia de mandíbulas obriga a estes animais a solucionar a súa alimentación de forma particular: por succión, sistema polo que lamben o sangue ou os tecidos en descomposición dos peixes dos que se alimentan. No caso das lampreas, son animais hematófagos; no caso dos mixinos, necrófagos.
Sistemática
editarDurante moitas décadas admitíanse dous grupos, coa categoría de clases:
- Ciclóstomos (Cyclostomi), que inclúe as lampreas e os mixinos.
- Ostracodermos (Ostracoderma), xa extintos.
Hoxe, ambos os grupos son considerados tamén parafiléticos e dividíronse en 12 clases, das cales 9 están extintas:
Ágnatos actuais
editarOs ágnatos actuais caracterízanse pola ausencia de mandíbulas, o aspecto angüiliforme, a ausencia de aletas pares e presenza dunha única aleta impar continua (dorsal, caudal e anal), sete ou máis arcos branquiais e pel mucosa con ausencia de escamas.
Canto á anatomía, presentan un ollo pineal sensible á luz (homólogo da glándula pineal dos mamíferos), esqueleto cartilaxinoso e un corazón con dúas cámaras. Presentan notocorda tanto en estado larvario como adulto.
Notas
editar- ↑ Benton, Michael J. (2004). "3 Early Palaeozoic fishes". Vertebrate Palaeontology (3 ed.). Blackwell Publishing. p. 472. ISBN 978-0-632-05637-8. Arquivado dende o orixinal o 04 de outubro de 2013. Consultado o 24 de agosto de 2012.
- ↑ Chapman, A. D. (2009): Numbers of Living Species in Australia and the World. 2ª ed. ISBN 978 0 642 56860 1 Sumario
Véxase tamén
editarWikispecies posúe unha páxina sobre: Ágnatos |
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ágnatos |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editarÁrbore filoxenética dos ágnatos Arquivado 22 de abril de 2021 en Wayback Machine. Janvier, Philippe (1997): Vertebrata. Animals with backbones. Versión do 1 de xaneiro de 1997 (under construction).