Acacia
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Acacia (xénero Acacia) | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Acacia heterophylla | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
|
Acacia é un antigo xénero que comprende un grupo de árbores e arbustos cuxo froito é un legume, logo, da familia Fabaceae (mesma familia do feixón, a soia, a ervella, a xesta etc.). Procedentes maiormente de Australia, foron naturalizadas en Galicia, onde se lle coñecen coma acacias ou alcacias. A mimosa tamén pertencería a este xénero. Cómpre ter en conta que a falsa acacia, especie asilvestrada común en Galicia, como o propio nome indica, pertence a un xénero distinto de leguminosas, Robinia.
Distribución
editarCoñécese co nome común de «acacia» a moitas árbores leguminosas deste xénero e tamén doutros xéneros (as chamadas «falsas acacias», tales como Robinia pseudoacacia, Gleditsia triacanthos ou a Sophora japonica). Das máis de 3.000 especies descritas no mundo tan só unhas 1.400 especies son aceptadas;[1] e, delas, 970 pertencen ao xénero Acacia, stricto sensu, e unhas 950 proceden de Australia. Moitas delas foron naturalizadas noutros continentes.
Están presentes en tódolos hábitats terrestres, incluíndo contornas alpinas, selvas tropicais, bosques, pasteiros, dunas costeiras e desertos.[2] Nos bosques máis secos son un compoñente importante do sotobosque. Noutros lugares poden ser dominantes como no Brigalow Belt de Australia.[2]
En Australia, o bosque de Acacia, é o segundo tipo de bosque máis común despois do bosque de eucalipto, cubrindo 980.000 quilómetros cadrados, un 8% da superficie forestal total. Acacia é tamén o xénero máis grande do país de plantas con flores, con case 1.000 especies atopadas.[3]
En Galicia considéranse especies invasoras.
Hábitat
editarNecesitan un lugar fresco para invernar, con temperaturas comprendidas entre 5 e 10 °C. No verán necesitan abundantes regas, cunha fertilización completa.
Ecoloxía
editarAs acacias salientan por ser plantas fixadoras de nitróxeno. Desta forma, contribúen á nitrificación do solo e a que este sexa ideal para plantas, como as ornamentais, que necesitan de solos básicos. Tamén facilitan o acceso a este elemento a outras plantas. Algunhas especies presentan o problema de ser moi invasoras nalgúns territorios, desprazando especies autóctonas (mimosa, acacia negra).
Cultivo
editarHai acacias para usos ornamentais e forestais. Algunhas especies aprécianse en xardinería. Son de rápida xermolación e de doado coidado. En Galicia a mimosa plantouse para fixar noiros, especialmente dos ferrocarrís e rapidamente se estendeu. A acacia negra plantouse con fins madeireiros.
Algunhas especies de acacia -en particular A. baileyana, A. dealbata e A. pravissima - son cultivadas como plantas ornamentais de xardín. A publicación de 1889 "Useful native plants of Australia : Including Tasmania" describe varios usos para comer.[4]
Toxicidade
editarAlgunhas especies de acacia conteñen alcaloides psicoactivos e outras conteñen fluoroacetato de potasio, un veleno para roedores.[5]
Especies
editar- Artigo principal: Especies de Acacia.
Asilvestradas en Galicia
editar- Acacia dealbata - Mimosa. Amplamente cultivada como ornamental polas flores amarelas nas rexións temperadas do mundo, medra até os 30 m de alto. Asilvestrada en moitas zonas.
- Acacia melanoxylon R. Br. - Acacia de madeira negra. Diferénciase por ter follas adultas reducidas a filodios enteiros, laminares, moi estendida en Galicia, co mesmo potencial invasor ca mimosa.
- Acacia longifolia (Andrews) Willd. - Crecemento rápido, até 7 m, moi tolerante ao cal. Filodios coriáceos. Flores tetrámeras en glomérulos esféricos. Presente nas illas Cíes, A Lanzada e outras zonas das Rías Baixas.
- Acacia mearnsii De Wild. - Diferénciase da A. dealbata por ter dúas glándulas no raque baixo cada par de pinnas, por unha de A. dealbata. Está presente en Cangas (Pontevedra).
- Acacia decurrens (J. C. Wendl.) Willd. - En Padrón.
- Paraserianthes lophantha (Willd.) I. Nielsen = Albizia lophantha (Willd.) Benth. = Albizia distachya - Aparece en diferentes localidades costeiras dende A Guarda até Ferrol, en zonas alteradas pero con clara vocación invasora, como se describiu noutros lugares do mundo.[6]
Outras
editarAs especies máis cultivadas son:
- Acacia armata, utilizada para sebes, foliolos de cor verde escura, con espiñas, flores solitarias amarelas. Non máis de 4 m.
- Acacia baileyana, de crecemento rápido, malia que de vida curta. Pólas penduradas,inflorescencias en acios. Non máis de 6 m.
- Acacia armata variedade purpurea, igual que a anterior mais coas follas de cor azulenta.
- Acacia mucronata, moi resistente, filodios moi estreitos.
- Acacia verticillata, arbusto mesto, de até 6 m, con filodios punzantes, en verticilos.
- Acacia farnesiana, arbusto máis miúdo, común en zonas de bosque seco de Centroamérica.
Algunhas especies ameazadas de extinción:
- Acacia parviceps (Speg.) Burk.
- Acacia velutina var. monadena Hassler.
Outras especies:
- Acacia bonariensis
- Cassia ferruginea (Schrad) Schrad ex DC)
- (Acacia jurema
- (Acacia farnesiana - Acacia amarela.
- Acacia cebil
- Acacia decurrens
- Acacia podalyraefolia A. Cunn - Acacia mimosa.
- Acacia suma - Acacia hindú.
- Acacia nilotica - Acacia do Senegal, Acacia exipcia.
- Acacia cultriformis A. Cunn. ex G. Don - Esponxiña.
- Acacia koa (A. Gray)
- Acacia cyanophylla
- Acacia anegadensis
Notas
editar- ↑ "Acacia". theplantlist.org (en inglés). 2013. Consultado o 25 de xaneiro de 2021.
- ↑ 2,0 2,1 Orchard, Anthony E.; Wilson, Annette J.G. (2001). Flora of Australia. Volume 11A, Mimosaceae, Acacia part 1. Melbourne: CSIRO. ISBN 9780643067172.
- ↑ "Acacia forest". agriculture.gov.au (en inglés). 17 de febreiro de 2020. Consultado o 25 de xaneiro de 2021.
- ↑ Maiden, J. H. (1889). Useful native plants of Australia : Including Tasmania (en inglés). Sydney: Turner and Henderson.
- ↑ Leong, L., Khan, S., Davis, C. K., Denman, S. E., & McSweeney, C. S. (2017). Fluoroacetate in plants - a review of its distribution, toxicity to livestock and microbial detoxification. Journal of animal science and biotechnology, 8, 55. https://doi.org/10.1186/s40104-017-0180-6
- ↑ "Acacia". Arquivado dende o orixinal o 01 de xullo de 2013. Consultado o 19 de febreiro de 2017.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Acacia |