Acocho
O acocho ou agocho é un xogo infantil moi simple, consiste en que un dos xogadores debe atopar o resto dos xogadores que se agocharon previamente. Pódese xogar nunha eira, nun bosque, nun parque, nunha casa ou calquera outro sitio que teña lugares para agocharse.
Normas do xogo
editarO xogo presenta moitas variantes como é habitual nos xogos populares. A modo de exemplo descríbese unha:
- Bótanse as sortes para saber que neno ou nena panda[1].
- O rapaz ou rapaza que panda apóiase sobre o antebrazo contra unha parede ou unha árbore.
- Canta a cantiga, cantarela ou cantilena do xogo (véxase máis abaixo).
- Conta até un número acordado, por exemplo, até 10.
- Mentres tanto os demais escóndense.
- O cativo ou cativa que panda sae á busca dos demais.
- Cando dá con algún, tócao e volve correndo ao lugar onde pandou e toca a parede ou árbore.
- Segue a buscar o resto dos xogadores e xogadoras até encontralos a todos.
- Se algún dos agochados volve ao lugar de pandar antes que o que pandou, berra algunha frase como "1, 2, 3, (e o seu nome)", podendo salvarse ou salvar a todos os demais consigo.
- Se o que panda encontra a todos os demais, o último atopado será quen pande no seguinte xogo.
Variantes do nome
editarEste xogo pode chamarse de diversas formas[2]:
- Xogar ás agachadas.
- Xogar aos acochos.
- Xogar aos agochos.
- Xogar á lebrescura.
Cantigas do xogo
editarO xogo vai frecuentemente acompañado dunha cantiga que se canta mentres un dos nenos ou nenas panda como[2]:
Un, dous, tres, zapatiño inglés, Sen mover as mans nin os pés.
Ou tamén:
Un, dous, tres,
Zapatiño quieto é.
Notas
editar- ↑ "Para botar as sortes – Orella pendella". Consultado o 2022-12-30.
- ↑ 2,0 2,1 "#DígochoEu Expresións relacionadas coa serie de moda". Consultado o 2022-12-30.