[go: up one dir, main page]

O termo latino a posteriori ten varios significados, porque se pode referir a tempo ou a lugar, pero sempre quere dicir o que vén a seguir, "o que está detrás" ou "despois doutra cousa", sexa referido ao lugar ou ao tempo. Esta expresión, a posteriori, úsase, polo xeral, referida ao tempo, facendo a función de complemento circunstancial; leva diante a preposición a, que expresa punto de partida. Así que a expresión completa quere dicir: "partindo desde a continuación de algo", "despois de que algo pasou". Emprégase cando alguén di ou fai algo unha vez que pasou a situación, cando tense todos os elementos de xuízo, e entón xa se sabe que é e como se podería facer. En español adóitase dicir a touro pasado.

Castelo de Santa Bárbara en Zaragoza. Construído como castelo ó redor do século XIII, reconstruído a posteriori como ermida.

Cóntase que cando Cristovo Colón estaba explicando nunha reunión de cortesáns os seus descubrimentos duns novos mundos, todos lle dicían que era unha fazaña que non entrañaba ningunha dificultade, que eles tamén poderían telo feito. Entón, Colón, sen dicir unha palabra na súa defensa, propúxolles que puxesen un ovo cocido de pé no seu sentido vertical. Todos intentárono, pero ningún o conseguiu, e dicían que aquilo era imposible. Colón, cando viu que ningún o lograba, cascou un pouco unha das puntas, co que o ovo puido manterse erguido. Entón todos dixeron que así eles tamén eran capaces: ou sexa, que a posteriori todo é doado.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar