[go: up one dir, main page]

A Pedra, Cariño

parroquia civil do concello de Cariño

Santa María da Pedra[1] é unha parroquia do concello de Cariño. Segundo o IGE en 2010 tiña 914 habitantes (463 mulleres e 451 homes), distribuídos en 30 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 990 habitantes.

A Pedra
Igrexa da Santa María da Pedra.
ConcelloCariño[1]
ProvinciaA Coruña
Coordenadas43°43′46″N 7°52′43″O / 43.7294, -7.8787
Poboación812 hab. (2017)
Entidades de poboación30[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

A Pedra esténdese polas últimas ramificacións orientais da Serra da Capelada montes da Herbeira e Montefaro, e os picos da Miranda. Confina polo norte coa parroquia de Cariño dende a praia no lugar dos Pedrouzos até a outra beira do mar pasando polo alto de Montefaro (vixía do Limo). Polo leste a división vai dende a praia de Cariño até o escoamento do regato Richoz na enseada da Caleira. Polo sur linda coa parroquia de Sismundi dende o anterior regato Richoz até a Fonte da Miranda e a Pena do Fraile, e tamén coa parroquia de Landoi. Polo oeste o linde é o mar.

A estrada de Mera a Cariño atravesa a parroquia polos lugares de Pousadoiro, A Ortigueira, A Cerca e Os Pedrouzos.

O río Lourido e os regatos Morela e Pousadoiro regan esta parroquia que ten nos cantís de Vixía Herbeira, con 613 metros a súa maior altitude.

Principais núcleos de poboación

editar
  • A Cerca: centro xeográfico e social da parroquia e no que están localizados a igrexa, o centro da terceira idade, a antiga escola e o edificio da sala de cine.
  • A Area: situada ao norte da Cerca, inclúe a praia da Basteira, a máis grande do concello e situada en fronte do porto de Cariño. Parte da súa superficie foi gañada ao mar.
  • Figueiroa: Comprende a península formada polo coto Mazanteo, ao oeste da Cerca. Internada na ría, ten dúas praias: Fornos e Figueiras.
  • O Lourido: Está situada ao sur da Cerca e comprende o val do río do mesmo nome.

Institucións

editar

A parroquia conta cunha comunidade de montes veciñais. A orixe desta institución pérdese no tempo, mais, como se acepta pola maior parte dos historiadores, a súa orixe máis probábel sexan as invasións xermánicas da Alta Idade Media. A comunidade administra unha superficie de 1400 hectáreas, entre monte e praderías.

Etimoloxía

editar

A orixe do topónimo vén dada por unha lenda que dá conta dunha imaxe da virxe María realizada en pedra e atopada no lugar. A aparición foi atribuída a esta divindade. A imaxe aínda é sacada en procesión cada 16 de agosto.

Historia

editar

Na súa fundación como parroquia, nos inicios do cristianismo en Galiza, era a máis setentrional da península do Ortegal e incluía o territorio da actual parroquia de Cariño. A finais do século XIX, o auxe do núcleo urbano situado no porto de Cariño provocou a creación desta nova parroquia e a súa excisión da de Pedra.[2]

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial, na honra de Santa María ten planta de cruz latina e a tradición dinos que o nome da parroquia débese a unha virxe en pedra de toelo que se atopou no lugar de Cabaneiro. No interior ten dúas capelas románicas interesantes pola súa antigüidade.

No lugar da Cerca os indianos construíron unha escola, que hoxe é centro social dos veciños. Na beiramar desta parroquia atópase a Punta do Castro, que foi un asentamento castrexo típico con murallas e foxo por un lado e cantís costeiros polo outro. Está catalogado como o Castro da Moura.

Festas

editar

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares da Pedra

editar
Lugares da parroquia da Pedra no concello coruñes de Cariño

O Airado | A Area | Barreiros | A Basanta | A Boca da Leira | O Cabaneiro | O Cadro | O Campanario | O Campo do Monte | As Cañotas | As Casas Novas | O Castelo | A Castiñeira | O Castro | A Cerca Pequena | A Cerca | A Corredoira | O Esteiro | Figueiras | Figueiroa | Fontao | Fornos | A Golpa | Lodeiro | O Lourido | As Maciñeiras | Murela | A Ortigueira | O Outeiro | A Postiña | O Pousadoiro | Reboredo | Sagrón | O Sisto | Vilanova

Parroquias de Cariño

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Cariño

Cariño (San Bartolomeu) | Feás (San Pedro) | Landoi (Santiago) | A Pedra (Santa María) | Sismundi (Santo Estevo)

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar