A Balsa, Muras
Santa María da Balsa é unha parroquia do concello de Muras, na provincia de Lugo. Segundo o IGE, no ano 2019 tiña 86 habitantes (41 homes e 45 mulleres), o que supón un descenso con respecto ao ano 1991, cando tiña 150 (cunha densidade naquel ano de 12 hab./km²). Ten 23 lugares.
A Balsa | |
---|---|
Igrexa de Santa María da Balsa. | |
Concello | Muras[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°26′00″N 7°38′00″O / 43.433333, -7.633333 |
Poboación | 83 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 23[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarLimita coas parroquias do Viveiró (concello de Muras), Vilapedre, San Simón da Costa (concello de Vilalba), Montouto (concello de Abadín) e O Cadramón (concello do Valadouro).
Pertence á serra do Xistral, e toda a parroquia está protexida pola Rede Natura como turbeira. Na parte balsega da serra, no lugar de Camposas de Abaixo, nace o río Eume. Este río transcorre, despois de pasar por Montouto, polo límite entre A Balsa e San Simón da Costa e Vilapedre.
Patrimonio
editarA igrexa parroquial foi construída no século XII e rematada no XIII. Está fabricada con cachotería de granito e cuberta con lousa, é de planta rectangular e consta de pórtico, nave rectangular, capela maior e sancristía na cabeceira. Tanto fachada coma pórtico e capela maior datan do século XVII. A fronte ten a porta principal, con arco alintelado. A espadana elévase sobre a sancristía: é de dous corpos e tres vans e data do século XVIII. Ten unha porta lateral no muro dereito con arco oxival do século XIII visible dende o interior do edificio, pois leva lintel exterior con inscrición Es iglesia de refugio. No interior: arco triunfal de medio punto, retablo maior renacentista e retablos laterais barrocos, con tallas.
Economía
editarA economía da parroquia depende en gran parte do sector gandeiro e das pensións de xubilación. Un sector de recente implantación nesta zona é o da produción de enerxía eólica coas empresas Acciona e Norvento, pero non repercute no emprego da poboación local.
Lugares e parroquias
editarLugares da Balsa
editarLugares da parroquia da Balsa no concello de Muras (Lugo) | |
---|---|
O Aguillal | O Alto | As Bargañas | Bustate | Cabana | Carreiros | Os Carrís | A Casa Lousada | O Castro | O Cotelo | Currás | Ferreiro | Ferreiros | A Fonqueixeira | Os Orxás | Pardiñas | Os Pereiros | Ponte Bermuz | A Ponte | Rego | Suapena | Taboi | Vilariño |
Parroquias de Muras
editar
Notas
editarVéxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Web sobre a Balsa Arquivado 25 de setembro de 2020 en Wayback Machine.