ASTEX
ASTEX, tamén coñecido como S71-2, SESP 1971-2 e P71-2, é un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 17 de outubro de 1971 desde a Base Vandenberg da Forza Aérea mediante un foguete Delta.[3][4]
ASTEX / SESP 1971-2 / S71-2 / P71-2 | |
---|---|
Tipo | Demostrador tecnolóxico / Científico |
Organización | Forza Aérea dos Estados Unidos / Departamento de Defensa[1] |
Satélite de | Terra |
Data de lanzamento | 17 de outubro de 2011[1] |
Foguete portador | Thor Agena D |
Sitio de lanzamento | Base Vandenberg da Forza Aérea |
NSSDC ID | 1971-089A |
Masa | 1500 kg[1] |
Datos orbitais | |
Semieixo maior | 7115,7 km[2] |
Inclinación | 92,7 graos[2] |
Apoapse | 757,9 km[2] |
Periapse | 731,5 km[2] |
Características
editarA misión de ASTEX consistiu en probar novas tecnoloxías no espazo, levando entre a súa carga útil unha cámara infravermella para probar un circuíto pechado de enfriamento e estudar a radiación celeste de fondo. A enerxía llela proporcionaba un panel solar despregable de 4,57 metros de lonxitude[4] cun novo mecanismo capaz de pregar e despregar varias veces o panel. O satélite tamén probou un novo sistema de mando e control e obtivo datos sobre a interacción das partículas enerxéticas coa ionosfera.[1] A nave e os seus experimentos funcionaron ben ata o 20 de decembro de 1973, en que fallou un comando enviado para parar o transmisor, producíndolle problemas. A cobertura de datos abarcou o 100% nos primeiros meses de vida do satélite, o 50% cara ao final do primeiro ano e limitouse a dúas órbitas por semana cara ao final da vida do satélite.[1] Con todo, en marzo de 2008 aínda se detectaban transmisións do satélite na frecuencia de 2242,517 MHz[5]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 NASA (8 de xullo de 2011). "S71-2" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 N2YO (2011). Real Time Satellite Trackin, ed. "ASTEX 1" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ Ralf Vandebergh (31 de agosto de 2010). Visual Satellite Observer's Home Page, ed. "ASTEX 1971-089A_High Res_OBS" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ 4,0 4,1 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ASTEX (P71-2)" (en inglés). Consultado o 12 de xullo de 2011.
- ↑ Robert Christy (2011). Zarya web page, ed. "Satellite Radio Frequencies" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2015. Consultado o 12 de xullo de 2011.