[go: up one dir, main page]

AMX International AMX

O AMX International AMX é un avión de ataque ao chan desenvolvido conxuntamente por Brasil e Italia. O AMX é designado A-11 Ghibli pola Forza Aérea de Italia e A-1 pola Forza Aérea do Brasil. O nome italiano, "Ghibli", está collido do vento cálido e seco do deserto libio.

AMX International AMX
Tipoavión de ataque ao chan
FabricanteAMX International
Primeiro voo15 de maio de 1984
Introducido1989
Principais usuariosForza Aérea de Italia
Forza Aérea do Brasil
Produción1986-1999
Unidades construídasunhas 200

Durante os primeiros anos dos anos 70 o fabricante italiano Aermacchi realizou un estudo de deseño dun posible avión lixeiro de ataque a terra, que recibiu a designación MB-340. A principios de 1977 a Forza Aérea italiana publicou un requisito para 187 avións de ataque de nova construción, que substituirían aos seus Aeritalia G.91 no apoio aéreo próximo. Durante o ano 1980 o goberno do Brasil anunciou que estaba intentando participar no programa co obxectivo de proporcionar un subsituto ao Aermacchi MB-326. Como resultado dun memorando entre Italia e o Brasil para o desenvolvemento conxunto do tipo en 1981, creouse a AMX International, unha empresa conxunta italo-brasileira, para desenvolver, fabricar e comercializar o aparello.

Desenvolvemento

editar

A principios de 1977, a Forza Aérea de Italia emitiu un requisito por 187 cazas de ataque de nova construción que deberían substituír os seus Aeritalia G.91 nas misións de apoio aéreo próximo e recoñecemento, así como aos Lockheed RF-104G Starfighter que tamén usaba no rol de recoñecemento.[1][2] En vez de competir polo contrato, Aeritalia (agora Alenia Aeronautica) e Aermacchi acordaron elaborar unha proposta conxunta para o requirimento, xa que ámbalas dúas firmas estiveran considerando desenvolver un avión dese tipo durante varios anos. A principios dos 70, Aermacchi realizara un estudo de deseño para un avión de ataque lixeiro dese tipo baixo a designación MB-340. En abril de comezou oficialmente o traballo de desenvolvemento conxunto.[3]

Nos anos 90 o goberno do Brasil anunciou a súa intención de participar no programa para conseguir un substituto para o Aermacchi MB-326. En xullo de 1981, os gobernos italiano e brasileiro acordaron requisitos conxuntos para o aparello, e Embraer foi convidada a unirse á asociación industrial.[3] Tamén se chegou a un acordo para dividir a fabricación de AMX entre os socios; por cada avión de produción, Aeritalia fabricaría o 46,5 % das compoñentes (fuselaxe central, estabilizadores e temóns), Aermacchi o 22,8 % (fuselaxe dianteira e cono de cola), e Embraer o 29,7 % (ás,entradas de aire, píos e tanques lanzables).[1] Non había traballos dupricados e cada compoñente era fabricado por unha única empresa. Os requisitos previstos eran 187 avións para Italia e 100 para Brasil.[2]

Nas primeiras fases do desenvolvemento, estudáronse varios motores e configuracións de potencia para impulsar ao tipo; considerrouse tanto o uso dun ou dos motores. A utilización de motores e procedencia estadounidense descartouse rapidamente para evitar calqueras potenciais restricións á hora de exportar o aparello.[2] Entre os motores examinados estaban os Turbo-Union RB199 (usado polo máis grande Panavia Tornado), Rolls-Royce Turbomeca Adour, Rolls-Royce Viper, e Rolls-Royce Spey.[2] En 1978, o modelo Spey 807, que contaba con varias melloras adicionais, foi escollido para equipar ao aparello.[2]

As características clave que, segundo os informes, foron enfatizadas no proceso de deseño da nova aeronave foron a accesibilidade e a supervivencia; o AMX tiña que ser capaz de soportar un único fallo en calquera sistema de a bordo sen degradación do rendemento.[2] Para conseguir isto, os sistemas clave están dupricados e os sistemas vitais están protexidos; considerouse o uso de blindaxe na cabina pero finalmente descartouse debido aos gastos que supoñía.[2] A fase de definición detallada do proxecto completouse en marzo de 1980.[1]

Fabricáronse un total de sete prototipos capaces de voar para o programa de probas, tres por Aeritalia, dous por Aermacchi, e dous por Embraer, ademais de dúas fuselaxes estáticas. O primeiro prototipo, montado en Italia, realizou o seu voo de estrea o 15 de maio de 1984. Este avión perdeuse no seu quinto voo nun accidente, morrendo o seu piloto.[4] Ademais desta primeira perda, as probas progresaron sen problemas e sen máis incidentes.[5] O primeiro prototipo montado no Brasil voou o 16 de outubro de 1985. O 11 de maio de 1988 o primeiro avión de produción realizou o seu voo de estrea.[6] As entregas a Italia comezaron en 1988,[4] e ao Brasil no ano seguinte.[7] O 14 de marzo de 1990 voou por vez primeira o prototipo bipraza do AMX.[6]

  1. 1,0 1,1 1,2 Gunston e Gilchrist 1993, p. 289.
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 Warwick 1981, p. 1544.
  3. 3,0 3,1 Braybrook 1989, p. 267.
  4. 4,0 4,1 Braybrook 1989, p. 275.
  5. Meitus 1992, pp. 223-224.
  6. 6,0 6,1 Gunston e Gilchrist 1993, p. 291
  7. Lambert 1993, p. 126.

Bibliografía

editar
  • Braybrook, Roy. "Assessing the AMX". Air International, June 1989, Vol 36 No 6. Bromley, UK: Fine Scroll. ISSN 0306-5634. pp. 267-278.
  • Gunston, Bill and Peter Gilchrist. Jet Bombers: From the Messerschmitt Me 262 to the Stealth B-2. Osprey, 1993. ISBN 1-85532-258-7.
  • Lambert, Mark. Jane's All The World's Aircraft 1993–94. Coulsdon, Surry, UK: Jane's Data Division, 1993. ISBN 0-7106-1066-1.
  • Metius, Wojtek. "AMX IOC: Service use for Italy's new agile attacker". ''Air International'', October 1992, Vol 43 No 4. Stamford, UK: Key Publishing. ISSN 0306-5634. pp. 222-225.
  • Warwick, Graham. "AMX design reflects Tornado experience". Flight International, 21 de novembro de 1981. pp. 1544-1545.