[go: up one dir, main page]

AC-527

estrada autonómica galega de Oleiros (AG-13) a Oleiros (AC-174) - (A Coruña)

A AC-527[1][2] (na provincia da Coruña), coñecida como o Variante de Oleiros da Vía Ártabra, é unha estrada da Rede Primaria Básica da Xunta de Galicia que une as localidades de sur e oeste de Oleiros; situada no concello de Oleiros. Ten unha lonxitude de 1,76 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa AG-13 no sur de Oleiros e finaliza nun cruzamento coa AC-174 no oeste de Oleiros.

AC-527
Variante de Oleiros
(Vía Ártabra)
Mapa
Estrada AC-527
Identificador
TipoloxíaEstrada da Rede Primaria Básica
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude1,76 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio AG-13  Oleiros (sur)
Fin AC-174  Oleiros (oeste)

Historia

editar

As primeiras obras da Variante de Oleiros, como forma parte da vía Ártabra, iniciaron a finais de xullo de 2009[3] e en abril de 2011[4] decidiuse que este ramal sería de vía convencional para lle dar maior permeabilidade á capital municipal, dotándoo de rotondas e pasos peonais, porén si se levou finalmente a cabo a instalación dun valado como corresponde a unha vía de alta capacidade.[5]

Os primeiros 700 metros do subtreito da variante foi inaugurado o 30 de xuño de 2012[6] e non ata o 6 de setembro de 2013[7] inaugurara o segundo treito da autovía AG-13, ao mesmo momento inaugurara o último subtreito da variante por estar conectado como ligazón desta mesma autovía.

  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Comienzan las obras de la construcción de la variante de Oleiros". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 30 de xullo de 2009. 
  4. "La variante de Oleiros será vía convencional". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 7 de abril de 2011. 
  5. "Las obras de instalación de vallas metálicas retrasa la apertura de la variante local de la Vía Ártabra". El Ideal Gallego (en castelán). Consultado o 22 de xuño de 2012. 
  6. "La Xunta inaugura 700 metros de la variante de Oleiros". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2012. 
  7. "Feijóo subliña que a vía Ártabra libera desde hoxe o centro de Oleiros dun tráfico de 6.500 vehículos ao día e compromete a licitación do proxecto construtivo para unir esta vía coa AP-9". Consultado o 6 de setembro de 2013.