A-7
A Autovía do Mediterráneo ou A-7 é unha autovía española que comunica Alxeciras, na provincia de Cádiz, con Barcelona cun percorrido paralelo á costa mediterránea. É parte da E-15 da Rede de Estradas Europeas.
A-7 Autovía do Mediterráneo | |
---|---|
Tipoloxía | Autovía |
Rede | Rede de estradas do Estado |
Ruta europea | |
Lonxitude | 1.329 km |
Localización | |
Inicio | Alxeciras (Cádiz) |
Fin | Barcelona |
Cunha lonxitude de 1.329 km é a autovía máis longa de España. Inicia o seu percorrido en Alxeciras, pasa por localidades como Marbella, Málaga, Motril, Almería, Vera, Lorca, Murcia, Orihuela, Elx, Alacant, Valencia, Castelló de la Plana e Tarragona e finaliza en Abrera, onde se prolonga coa denominación de B-40. Gran parte da mesma está en servizo aínda que na parte comprendida entre Castelló e Barcelona faltan moitos tramos por construír. Nesa zona a única alternativa é a autoestrada de peaxe AP-7.
A autovía é competencia do Ministerio de Fomento, agás os tramos Alcoi-Canals e Sagunt-Vilanova d'Alcolea que dependen da Generalitat Valenciana, recibindo a denominación de CV-40 e CV-10, respectivamente.
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: A-7 |