Župan
Un župan ou zupan (en servio e croata, župan ou жупан) é un antigo título nobiliario, político e administrativo medieval típico dos pobos eslavos da rexión dos Balcáns. Un župan era unha especie de duque ou conde, responsábel do goberno dun territorio feudal e vasalo dun príncipe ou dun rei.
Ás veces úsanse estes títulos occidentais análogos (duque, marqués, conde) para designar os župans, como traducións non literais.
O territorio gobernado por un župan chámase župa (ou zupa) e, ás veces, županato. O termo "župa" foi común entre os pobos eslavos occidentais (checos, polacos, eslovacos) e meridionais (serbios, croatas, búlgaros) na Idade Media, e crese que etimoloxicamente é de orixe ávara.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Oto Luthar (ed.) (2008): The Land Between. A History of Slovenia. Frankfurt am Maikn: Peter Lang GmbH. Internationale Verlag der Wissenschaften. ISBN 978-3-631-51011-1 [1]
- Smith, William & Henry Wace (2003): A Dictionary of Christian Biography, Literature, Sects and Doctrines. Elibron.com. ISBN 9781402187285