[go: up one dir, main page]

Ánxel Huete

pintor galego

Ánxel Huete Vales, nado en Ourense o 6 de outubro de 1944, é un pintor galego.

Modelo:BiografíaÁnxel Huete
Biografía
Nacemento6 de outubro de 1944 Editar o valor en Wikidata (80 anos)
Ourense, España Editar o valor en Wikidata
EducaciónEscola Massana
Escola Superior de Belas Artes de San Jordi de Barcelona
Universidade das Artes de Berlim (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpintor, profesor universitario Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresHann Trier (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
AlumnosHann Trier (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

BNE: XX897097 BUSC: huete-anxel-1944

Traxectoria

editar

Sendo novo participou co seu pai nos faladoiros de Vicente Risco e X. Suárez. Estudou en Barcelona, primeiro na Escola Massana e despois na Escola Superior de Belas Artes de San Jordi, onde coñeceu as correntes do informalismo catalán. Viaxou por Europa entre 1968 e 1972 e en Londres coñeceu o movemento pop-art, especialmente David Hockney. Continuou a súa formación na Escola Superior de Belas Artes de Berlín. Dende 1969 instalouse na abstracción, que caracteriza toda a súa obra. Foi un dos membros do Grupo Atlántica. Entre 1981 e 1982 viviu en Nova York, onde a súa pintura adquiriu os aspectos cromáticos e espaciais que a caracterizan. A volta a Galicia instalouse en Domaio e traballou a abstracción fundamentada no cromatismo e na harmonización da estrutura dos elementos. Fixo o doutoramento na Facultade de Belas Artes da Universidade de Salamanca e obtivo o grao de doutor na Universidade de Vigo. Foi profesor de pintura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar