8 de decembro
data
<< | Decembro | >> | ||||
Lu | Ma | Mé | Xo | Ve | Sá | Do |
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 | 31 | |||||
2024 Todos os días |
O 8 de decembro é o 342º día do ano do calendario gregoriano e o 343º nos anos bisestos. Quedan 23 días para finalizar o ano.
Acontecementos
editar- 1191 - Os Grimaldi, unha familia de exilados de orixe xenovesa, coloca a primeira pedra da praza fortificada (hoxe o palacio pricipesco) en Mónaco.
- 1585 - nos Países Baixos españois prodúcese o Milagre de Empel, polo cal a Inmaculada Concepción é proclamada patroa dos Terzos españois.
- 1807 - Napoleón Bonaparte concédelle ao seu irmán máis novo Jérôme o reino de Westfalia, creado co obxectivo de chegar a Austria.
- 1813 - Ludwig van Beethoven estrea a Sétima Sinfonía.
- 1854 - O Papa Pío IX proclama o dogma da Inmaculada Concepción, que afirma que a Virxe María naceu sen pecado orixinal.
- 1863 - Fúndase a FIFA (Federación Internacional de Asociacións de Fútbol).
- 1869 - Inicio do Concilio do Vaticano I.
- 1925 - Adolf Hitler publica Mein Kampf (A miña loita).
- 1933 - Comeza un levantamento anarquista en Aragón, liderado por Cipriano Mera, Isaac Puente e outros, que proclama o comunismo libertario en varias localidades.
- 1941 - Segunda guerra mundial:
- Os Estados Unidos de América e a Gran Bretaña, declaran a guerra ao Xapón após o ataque a Pearl Harbor o día anterior.
- Holocausto: Os nazis utilizan gas en furgonetas para aniquilar xudeus no campo de concentración de Chelmno, preto de Lodz.
- 1953 - Os Estados Unidos de América propoñen á Asemblea Xeral das Nacións Unidas o control internacional da enerxía atómica.
- 1955 - Adopción da bandeira europea
- 1974 - A monarquía é rexeitada na Grecia (v. Política da Grecia).
- 1987 - Ronald Reagan e Mikhail Gorbachev asinan en Washington un tratado para a eliminación dos mísiles nucleares de curto e medio alcance.
- 1987 - A UNESCO declara Patrimonio da Humanidade a Gran Muralla Chinesa e a cidade de Brasilia.
- 1994 - Ratificado o tratado que fundou o Mercado Común da África Oriental e Austral (COMESA)
- 1994 - Sintetízase por primeira vez o elemento químico coñecido como Roentgenio.
- 1991 - Remata a Unión de Repúblicas Socialistas Soviéticas.
- 2001 - Leonardo Boff é agraciado co premio Nobel alternativo en Estocolmo.
- 2019 - A banda de rock metal NAO rematan a súa andaina musical no recinto feiral de Amio en Compostela.
Nacementos
editar- 65 a.C. - Horacio, poeta latino (8 a.C.).
- 1542 - María Estuardo, raíña da Escocia (m. 1587).
- 1678 - Horatio Walpole, diplomático inglés (m. 1757).
- 1826 - Friedrich Siemens, industrial alemán.
- 1832 - Bjørnstjerne Bjørnson, escritor noruegués, Premio Nobel de Literatura (m. 1910).
- 1844 - Émile Reynaud, inventor dos deseños animados.
- 1861 - Georges Méliès, ilusionista francés e un dos precursores do cine (m. 1938).
- 1864 - Camille Claudel, escultora francesa (m. 1943).
- 1865 - Jean Sibelius, compositor finlandés (m. 1957).
- 1870 - José María Moncada Tapia, presidente nicaraguano (m. 1945).
- 1873 - Amado Garra Castellanzuelo, avogado e político galego (m. 1948).
- 1886 - Diego Rivera, pintor muralista mexicano (m. 1957).
- 1894 - Florbela Espanca, poetista portuguesa (m. 1930).
- 1912 - Alfredo Cid Rumbao, mestre e escritor galego (m. 2000).
- 1914 - Časlaŭ Sipovič, bispo grecocatólico belaruso (m. 1981).
- 1923 - Olga Gallego, historiadora galega (m. 2010).
- 1925 - Carmen Martín Gaite, escritora española (m. 2000).
- 1925 - Sammy Davis Jr., actor estadounidense (m. 1990).
- 1936 - David Carradine, actor estadounidense (m. 2009).
- 1943 - Jim Morrison, cantante, compositor e poeta estadounidense (m. 1971).
- 1953 - Kim Basinger, actriz estadounidense.
- 1953 - Xulio López Valcárcel, escritor galego.
- 1966 - Sinéad O'Connor, cantante irlandesa.
Mortes
editar- 1830 - Benjamin Constant, pensador, escritor e político suízo (1767).
- 1854 - George Boole, matemático británico (1814).
- 1859 - Thomas de Quincey, escritor inglés (1785).
- 1903 - Herbert Spencer, filósofo inglés e un dos representantes do positivismo (1820).
- 1930 - Florbela Espanca, poetisa portuguesa (1894).
- 1950 - Armando Cotarelo Valledor, escritor galego.
- 1965 - Eugenio López Aydillo, xornalista e escritor galego (n. 1888).
- 1973 - Xesús Carro, sacerdote e escritor galego (n. 1884).
- 1978 - Golda Meir, unha das fundadoras do Estado de Israel (1898) e Primeira Ministra.
- 1980 - John Lennon, músico británico, ex-integrante dos Beatles - asasinado en Nova York por David Chapman.
- 1994 - Enrique Líster, comunista e militar republicano durante a Guerra civil española.
- 1994 - Antônio Carlos Jobim, músico brasileiro (n. 1927).
- 2001 - Xavier Pousa Carrera, pintor galego (n. 1931).
- 2003 - Rubén González, pianista cubano (Buena Vista Social Club).
Festas e celebracións
editar- Budismo - Iluminación de Sakyamuni Buddha.
- Bulgaria - Día do estudante (studentski praznik).
- España - Inmaculada Concepción, patroa dos boticarios.
- Romanía - Día da Constitución.
Outros
editar- Santoral: Inmaculada, Concepción, Esther.