[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Y

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Abecedario
Aa Bb Cc Dd Ee
Ff Gg Hh Ii Ll
Mm Nn Ññ Oo Pp
Qq Rr Ss Tt Uu
Vv Xx Zz
 Non galego: Çç - Jj - Kk - Ww - Yy 

O Y (i grego) é unha letra do alfabeto latino coñecida como I graeca e que ten a súa orixe na letra ípsilon do alfabeto grego, utilizábase para transcribir palabras de orixe grega.

Utilización en lingua galega

[editar | editar a fonte]

En galego utilizouse na época medieval[1], usouse no Rexurdimento, aínda que houbo voces que avogaban pola súa completa supresión, como Marcial Valladares[2] pero ao longo do século XIX e principios do XX mantívose a inseguridade ortográfica alternando y e i ata a publicación polo Seminario de Estudos Galegos en 1933 do folleto Algunhas normas pra a unificazón do idioma galego que establecía o uso exclusivo de i para o fonema /i/, criterio que secundou máis tarde a editorial Galaxia. As Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego non o inclúe entre as letras propias do alfabeto galego pero si como un signo recoñecido usado en palabras tomadas doutras linguas.

En química, é o símbolo do elemento químico itrio.

  1. Palabras que empezan por Y en galego medieval. Dicionario de dicionarios do galego medieval
  2. Mariño Paz, Ramón (1998). Historia da lingua galega. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. p. 463. ISBN 847824333X. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre lingüística é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.