[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Stupa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Stupa en Gotenba, Shizuoka, Xapón.

Unha stupa (en sánscrito: m. स्तूप, stūpa, tibetano: མཆོད་རྟེན་, chörten, pali: थुप, thupa) é unha construción monumental budista ou típica do xainismo, que se pode atopar no subcontinente indio, onde é orixinaria, pero tamén noutros lugares da Asia onde o budismo se expandiu, como o Nepal, o Tíbet e Indochina. Destinado a gardar as reliquias de Buda (Śarīra), é un lugar de meditación para lembrar os seus feitos memorables, e pode ser unha representación do Buda e un monumento en conmemoración da súa morte ou parinirvana.[1][2]

Estrutura e simbolismo

[editar | editar a fonte]

Cada unha das partes da stupa representa un elemento cósmico do budismo. A base cadrada representa a terra. A bóveda semiesférica describe a parte celeste. A terraza simboliza a residencia dos deuses. A lúa crecente é a unión do ceo e da terra. E por último, os chakras ou discos que coroan o mastro, representan os sucesivos ceos, e a medida que van gañando altura perden superficie.

  1. Encyclopedia.com. Credited to James Stevens Curl, A Dictionary of Architecture and Landscape Architecture, 2000, orixinalmente publicado en Oxford University Press 2000.
  2. Digalego (ed.). "stupa". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2017. Consultado o 10 de maio de 2017.