[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Xi Jiang

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaXi Jiang
(zh) 西江 Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tiporío Editar o valor en Wikidata
Inicio
ContinenteAsia Editar o valor en Wikidata
División administrativaProvincia de Cantón, República Popular da China e República Popular da China Editar o valor en Wikidata
Final
División administrativaGuizhou, República Popular da China Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónRío das Perlas Editar o valor en Wikidata
Mapa
 23°28′09″N 111°18′44″L / 23.4692299, 111.3122749
22°03′37″N 113°28′45″L / 22.0601872, 113.4791565
Afluentes
Rio Beipan (pt) Traducir, Bei River (en) Traducir, Xunjiang (en) Traducir, Gui River (en) Traducir, Yuecheng River (en) Traducir, Xinxing River (en) Traducir, Luoding River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións2.197 (lonxitude) km
Superficie da cunca hidrográfica437.000 km² Editar o valor en Wikidata
Medicións
Caudal7.410 m³/s Editar o valor en Wikidata
BNE: XX6070749

O Xi Jiang (literalmente «río do oeste»; en pinyin : Xī Jiāng, en pinyin 西江, transcrito en Wade-Gilles Si Kiang, e ás veces dito «Hsi Jiang») é un río do sur da China, que ten un curso de 2197 quilómetros O Xi Jiang é o terceiro dos ríos máis longos da China, tras o río Yangtzé e o río Amarelo.

Ao longo do seu curso recibe nomes diversos. Primeiro é o de Nanpan, despois o de Hongshui e Xun, para finalmente ser o Xi Jiang.

O Xi nace no oeste da provincia de Yunan, en Llanwan Shan. As súas fontes áchanse ao nordeste de Kunming e algo ao norte de Qujing. Desde aí as súas augas atravesan as provincias de Yunan, Guizhou e máis Guanxi, formando o seu leito o límite entre esta última e a de Guangdong. Flúe primeiro en dirección sur, para encurvarse cara ao oeste desde Wuzhou. Logo xa no tramo final divídese en varios brazos, o máis importante dos cales atravesa Jiangmen, e deixando Macau a oeste, desauga no mar da China Meridional.

O río das Perlas

[editar | editar a fonte]

Un dos brazos do seu treito baixo, únese co Dong Jiang ("río do leste") e co Bei Jiang ("río do norte"), converténdose entón no Zhu Jiang ou río das Perlas, que atravesa a cidade de Cantón, e forma un amplo estuario tamén sobre o mar da China Meridional.

[editar | editar a fonte]

En numerosos tramos do seu curso o Xi Jiang é navegábel, mais desde a súa desembocadura barcos de calado mediano só poden remontar uns 150 km río arriba, porén, por medio dos seus afluentes, en especial a través o Li Jiang, pódese chegar até o transpaís con maior facilidade.

Afluentes

[editar | editar a fonte]

Os máis importantes son:

Cidades importantes no curso

[editar | editar a fonte]

Homónimos

[editar | editar a fonte]

Existe outro río Xi, un afluente menor do río Jiulong, no noroeste de Xiamen.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]