Visión
A visión é o sentido que permite aos animais interpretar a súa contorna a partir da luz que reflicten as superficies que a compoñen.
O sistema visual
[editar | editar a fonte]O ollo é o primeiro compoñente deste sistema sensorial. No seu interior, a retina, composta de conos e bastóns, realiza os primeiros pasos do proceso perceptivo, e proxecta a través do nervio óptico e o núcleo xeniculado lateral ao córtex visual do cerebro. No cerebro comeza o proceso de enxeñería inversa que nos permite reconstruír as distancias, cores, movementos e formas dos obxectos que nos rodean.
Fontes de información
[editar | editar a fonte]A visión nútrese de múltiplas fontes de información para interpretar o mundo que nos rodea. Así, o uso de dous ollos permite a visión binocular, coa cal podemos percibir a distancia que hai ata os obxectos ou a diferenza entre o movemento dun paxaro e o movemento das sebes sobre as cales a ave se sitúa (ver percepción do movemento).
Historia e correntes
[editar | editar a fonte]O estudo científico da percepción visual comeza no século XIX con Hermann von Helmholtz, e os primeiros métodos psicofísicos. A comezos do século XX faise forte a escola da Gestalt que propón que a visión esta fortemente guiada por procesos arriba-abaixo.
A mediados do século XX aparecen os propoñentes da percepción indirecta, os construtivistas, e os propoñentes da percepción directa, os ecoloxistas.
Hoxe en día é máis difícil falar de escolas, posto que o estudo da visión é sumamente interdisciplinar.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]- Brillo e contraste
- Cor e percepción da cor
- Cores cálidas e frías
- Educación para cegos e deficientes visuais
- Estereopse
- Fluxo óptico
- Gestalt
- Ilusión óptica
- Luz
- Movementos oculares
- Neurociencias, Psicoloxía e Ciencia Cognitiva
- Oftalmoloxía e Optometría
- Óptica
- Percepción
- Percepción da cor
- Percepción do movemento
- Persistencia da visión
- Psicofísica
- Teoría da cor
- Visión artificial
- Visión binocular e percepción da distancia
- Visión das aves
- Visión escotópica
- Visión fotópica
- Visión mesópica
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]----
Este artigo sobre ciencias é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |