Vicente López Novo
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1918 Ribeira, España |
Morte | 19 de maio de 1948 (29/30 anos) Loureiro, España |
Causa da morte | morte en combate, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | maquis |
Membro de | |
Carreira militar | |
Conflito | guerra civil española |
Vicente López Novo, coñecido como Rufino, nado en Ribeira cara a 1918 e finado en Loureiro (Luou, Teo) o 19 de maio de 1948, foi un guerrilleiro antifranquista galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Militante da CNT. Formou parte da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia liderada por Benigno Andrade "Foucellas" e José Remuiñán Barreiro "Ricardito" á que se incorporou con Julio Bazarra Constenla. Nos primeiros meses de 1948 "Foucellas" decidiu dividir o grupo e constituír dúas partidas: unha comandada por Miguel Nicolás Esperante "Corcheiro" e a outra por Vicente López; pero coa morte de "Corcheiro" en Silleda o 9 de abril, as dúas partidas volveron reunificarse. O grupo foi avistado pola Garda Civil en Loureiro (Luou) o 19 de maio de 1948. A benemérita incendiou a casa onde se refuxiaban os guerrilleiros e Vicente morreu polos disparos das metralladoras xunto a Manuel Agrasar Cajaraville, Florentino Menéndez e Ricardo Fernández Carles; tamén morreu o garda civil Manuel Gardón Castro. "Foucellas" e "Ricardito" lograron fuxir.[1]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cilia Torna (16 de maio de 2018). "A batalla de Luou". Nós Diario.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Redondo Abal, Francisco Xavier (2006). Botarse ao monte. Censo de guerrilleiros antifranquistas na Galiza (1939-1965). Sada: Do Castro. ISBN 84-8485-231-8.