[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Vendaxe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Vendaxe
Home con vendaxe no brazo debido a unha ferida grave. As vendaxes son comúns en deportes das artes marciais para previr luxacións, e outros como fútbol, baloncesto etc., para previr lesións e proporcionar soporte.
Datos clínicos
Nome comercialDiversas marcas e tipos dependendo da función específica e material: vendaxes elásticas, vendaxes cohesivas, vendaxes de gaza, etc.
Rutas de
administración
Tópico
Código ATC
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

Unha venda[1] ou vendaxe[2] é unha tira téxtil ou doutro material que se usa para deter e absorber o sangue das feridas, proporcionar soporte e estabilización a lesións, e asegurar apósitos ou outros dispositivos médicos no seu lugar.

Na fala común, a palabra "venda" úsase a miúdo para significar un apósito, aínda que tecnicamente as dúas son cousas diferentes.

Tipos de vendaxes

[editar | editar a fonte]

As vendaxes son fundamentais para o coidado médico e deportivo, con diferentes tipos adaptados a necesidades específicas.

  • Vendaxes de gaza: Feitas de algodón ou mesturas, empregadas para cubrir feridas e proporcionar soporte.
  • Vendaxes elásticas: Material elástico para presión controlada, útil contra as inflamacións e os edemas.
  • Vendaxes adhesivas: Con adhesivo incorporado, usadas para fixar apósitos e dar soporte aos músculos en deportes.
  • Vendaxes tubulares: Fáciles de aplicar nas extremidades, serven para manter apósitos en áreas complicadas.
  • Vendaxes de compresión: Usadas para exercer presión e tratar condicións como as varices ou previr trombose posquirúrxica.


Outro tipo particular son as vendaxes neuromusculares, cuxa eficacia é debatida. A pesar do seu estendido uso, non demostrou eficacia no seu uso en ensaios clínicos[3][4] e non hai evidencia científica de que proporcionen algún beneficio superior ao placebo, polo que é considerada por algúns un tratamento de pseudociencia.[5][6][7]

Notas

  1. "venda". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-09. 
  2. "vendaxe". Dicionario da Real Academia Galega. Consultado o 2024-08-09. 
  3. "The Clinical Efficacy of Kinesio Tape for Shoulder Pain: A Randomized, Double-Blinded, Clinical Trial - JOSPT – Journal of Orthopaedic & Sports Physical Therapy". Jospt.org. doi:10.2519/jospt.2008.2791. Arquivado dende o orixinal o 29 de setembro de 2010. Consultado o 29 de xullo de 2010. 
  4. González-Iglesias J, Fernández-de-Las-Peñas C, Cleland JA, Huijbregts P, Del Rosario Gutiérrez-Vega M (vde 2009). "Short-term effects of cervical kinesio taping on pain and cervical range of motion in patients with acute whiplash injury: a randomized clinical trial" 39 (7): 515–21. PMID 19574662. doi:10.2519/jospt.2009.3072. 
  5. Novella, Steven (25 de vde 2012). "Olympic Pseudoscience". Science-Based Medicine. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. 
  6. "A Miscellany of Medical Malarkey Episode 3: The Revengening". Science-Based Medicine. 9 de marzo de 2018. Arquivado dende o orixinal o 13 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. }
  7. "Kinesio Tape for Athletes: A Big Help, or Hype?". Web MD. Arquivado dende o orixinal o 12 de marzo de 2018. Consultado o 13 de marzo de 2018. }

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre medicina é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.