Vanatinai
Tipo | illa | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Arquipélago das Luisíadas (pt) | |||
Situado na entidade xeográfica | Arquipélago das Luisíadas (pt) | |||
Localización | ||||
División administrativa | Milne Bay, Papúa Nova Guinea | |||
| ||||
Bañado por | Milne Bay (en) | |||
Características | ||||
Altitude | 806 m | |||
Dimensións | 13 () × 63 () km | |||
Superficie | 830 km² | |||
A illa Vanatinai (tamén chamada Tagula e Sudest, polos nomes dos cabos extremos da illa), é unha illa volcánica no sueste do arquipélago das Louisiadas na provincia de Milne Bay en Papúa Nova Guinea. A illa bordeada de coral está aproximadamente a 360 km. ao suroeste da illa de Nova Guinea e a 30 km ao sur de Misima. Cunha superficie de 830 km², é a illa máis grande do arquipélago. A cidade de Tagula, o asentamento principal, atópase na costa noroeste. A poboación era de 3.628 habitantes en 2014. A principal exportación é a copra.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A illa ten 63 km de longo, estendéndose desde Cape Tagula ata Cape Sudest e ata 13 km de largo. Unha cordilleira boscosa corre a través da lonxitude da illa, co cume, Monte Riu (806 m.) preto de centro. Os picos máis importantes do cordal son, de oeste a leste:
- Monte Madau (269 m.)
- Monte Gangulua (439 m.)
- Monte Riu (anteriormente chamado Monte Rattlesnake) (806 m.)
- Monte Imau (485 m.)
- Monte Arumbi (350 m.)
Historia
[editar | editar a fonte]A primeira observación rexistrada polos europeos da illa Vanatinai foi pola expedición española de Luís Vaz de Torres o 14 de xullo de 1606.[1][2][3]
A illa foi o sitio dunha febre do ouro que alcanzou o seu punto máximo en 1889. O ouro foi atopado en case todos os cursos de auga da illa.[4]
A vila de Rambuso está situada na costa norte da parte oriental da illa, onde oarroio Rambuso Creek flúe no océano Pacífico. A entrada a través do arrecife ata o porto é profunda e fácil de ver durante a luz do día. Moitos iates visitantes e barcos comerciais locais utilizan este protexido ancoradoiro. En 2010 os aldeáns e varios navegantes visitantes reconstruíron o peirao e a calzada. O lema dos aldeáns novo é "Rambuso Creek a porta de entrada a Sudest". O novo peirao axudou a Rambuso a desenvolverse e agora a vila ten uns 500 habitantes.
Transporte
[editar | editar a fonte]A illa ten un aeroporto, código (IATA: TGL) para o transporte público, cerca da vila de Tagula.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Hilder, Brett The voyage of Torres, Brisbane, 1980, pp.XXIV,24
- ↑ Sharp, Andrew The discovery of the Pacific Islands Oxford, 1960, p.66.
- ↑ Brand, Donald D. The Pacific Basin: A History of its Geographical Explorations The American Geographical Society, New York, 1967, p.137.
- ↑ Pacific Islands Yearbook, 13th ed., Sydney, New York 1972
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Vanatinai |