Voo 348 de Kolavia
Voo 348 de Kolavia | |
---|---|
O avión do accidente en 2007
| |
Resumo | |
Data | 1 de xaneiro de 2011 |
Causa | lume eléctrico |
Lugar | aeroporto de Surgut |
Coordenadas | |
Orixe | aeroporto de Surgut |
Destino | Moscova-Domodedovo |
Finados | 3 |
Feridos | 43 |
Aeronave | |
Tipo de aeronave | Tupolev Tu-154-B2 |
Operador | Kolavia |
Rexistro | RA-85588 |
Pasaxeiros | 126 |
Tripulación | 8 |
Superviventes | 131 |
O voo 348 de Kolavia era un servizo doméstico regular de pasaxeiros dende o aeroporto de Surgut ata o aeroporto de Moscova-Domodedovo. O día 1 de xaneiro de 2011 o Tupolev Tu-154-B2 que operaba o voo incendiouse mentres rodaba antes da engalaxe de Surgut. Tres persoas morreron,[1][2] e 43 quedaron feridas, catro de gravidade. O avión quedou esnaquizado polo lume.
Avión
[editar | editar a fonte]O aparello implicado era un Tupolev Tu-154B-2, con rexistro RA-85588[3] e número de serie 83A/588. O avión voara por vez primeira en 1983. Entrou en servizo con Aeroflot co rexistro CCCP-85588 e despois foi rexistrado RA-85588 en xuño de 1993. Posteriormente operou con Mavial Magadan Airlines entre outubro de 1994 e agosto de 1999, cando comezou a operar con Vladivostok Air. Kogalymavia mercou o avión no ano 2007.[4]
Accidente
[editar | editar a fonte]O voo 348 levaba 8 tripulantes, 116 pasaxeiros e 10 empregados de Kogalymavia fóra de servizo.[5] Cando o avión estaba rodando para a engalaxe dende o aeroporto de Surgut, un lume comezou nun dos motores e solicitouse unha evacuación de emerxencia.[5][6][7] Inicialmente informouse que o avión fixera unha aterraxe de emerxencia tras apagarse un motor durante a engalaxe. O accidente ocorreu ás 13:12 hora local (08:12 UTC).[3] Tres persoas morreron[2][8] e 43 resultaron feridas por inhalación de fume ou queimaduras.[3][6] O avión estaba operando un servizo doméstico regular dende Surgut ata Moscova.[3] O avión quedou consumido polo incendio,[5] que quedou apagado ás 13:45.[3] Membros do grupo de pop ruso dos 90 Na Na estaban a bordo do avión.[6]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sputnik. "Technical failure likely cause of Surgut plane explosion - investigation". sputniknews.com (en inglés). Consultado o 2018-12-25.
- ↑ 2,0 2,1 Sputnik. "At least three die, over 40 receive injuries as jet in Siberia goes on fire (Wrapup)". sputniknews.com (en inglés). Consultado o 2018-12-25.
- ↑ 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Kaminski-Morrow, David (2011-01-01). "Fatal fire destroys Kolavia Tu-154 at Surgut". Flightglobal.com (en inglés). Consultado o 2018-12-26.
- ↑ Ranter, Harro. "ASN Aircraft accident Tupolev Tu-154B-2 RA-85588 Surgut Airport (SGC)". aviation-safety.net. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 "Kolavia T154 at Surgut on Jan 1st 2011, aircraft burned down". The Aviation Herald. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Russian band in plane fire drama". BBC News (en inglés). 2011-01-01. Consultado o 2018-12-26.
- ↑ Sputnik. "At least three die, over 40 receive injuries as jet in Siberia goes on fire (Wrapup)". sputniknews.com (en inglés). Consultado o 2018-12-26.
- ↑ Sputnik. "Death toll in plane explosion in Siberia reaches three (Update 5)". sputniknews.com (en inglés). Consultado o 2018-12-26.