Volta ó Alentexo
Tipo | carreira por etapas |
---|---|
Deporte | ciclismo en ruta |
Organizador | Unión Ciclista Internacional |
Parte de | UCI Europe Tour |
Localización e Datas | |
País | Portugal |
Vixencia | 1983 – |
Calendario da tempada | marzo – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Outro | |
Páxina web oficial | voltaaoalentejo.com |
A Volta ó Alentexo é unha carreira ciclista por etapas de categoría 2.2 UCI Europe Tour, que se disputa na rexión portuguesa do Alentexo polo mes de xuño.
Creada en 1983, até 2016 téñense disputado 34 edicións desta proba. Cada edición da carreira conta con 4 etapas que, polo xeral, teñen un percorrido moi chan. O vencedor adoita ser un corredor dalgunha escapada, pois non hai contra o reloxo, e o propio relevo da xeografía do Alentexo impide que haxa etapas de montaña.
Xerseis
[editar | editar a fonte]Estes son os xerseis que distinguen ós líderes das distintas clasificacións:
- Camisola amarela: vestido polo líder da clasificación xeral por tempos.
- Camisola azul: vestido polo líder da clasificación da montaña.
- Camisola verde: vestido polo líder da clasificación por puntos.
- Camisola branca: vestido polo líder da clasificación dos xoves.
Palmarés
[editar | editar a fonte]Ningún ciclista foi quen de vencer na Volta ó Alentexo en dúas ocasións. Dous galegos acadaron a vitoria, Xesús Blanco Villar en 1991 e David Blanco en 2010. O gañador máis ilustre da carreira foi Miguel Indurain, en 1996.