VFTS 352
VFTS 352 | |
Data de observación Época X2000,0 Equinoccio X2000,0 | |
---|---|
Constelación | Dorado |
Ascensión recta | 05h 38m 28.456s[1] |
Declinación | -69° 11′ 19.18″[1] |
Magnitude aparente (V) | 14.38[2] |
Características | |
Estado evolutivo | Secuencia principal[3] |
Tipo espectral | O4,5 V(n)((fc)):z: + O5.5 V(n)((fc)):z:[3] |
Índice de cor B−V | −0.10[2] |
Astrometría | |
Velocidade radial (Rv) | 262,8[4] km/s |
Distancia | 164.000 al (50.000[4] pc) |
Órbita[4] | |
Primario | VFTS 3521 |
Compañeira | VFTS 3522 |
Período (P) | 1.124 días |
Semieixo maior (a) | 17,55 R☉ |
Excentricidade (e) | 0 |
Inclinación (i) | 55,60° |
Lonxitude do nodo (Ω) | 3,584° |
Semi-amplitude (K1) (primario) | 324,9 km/s |
Semi-amplitude (K2) (secundario) | 315,6 km/s |
Detalles [4] | |
VFTS 3521 | |
Masa | 28.63 ± 0,30 M☉ |
Raio | 7,22 ± 0,02 R☉ |
Gravidade superficial (log g) | 4,18 ± 0,01 |
Luminosidade | 180,000 L☉ |
Temperatura | 42,540 ± 280 K |
Idade | 1 Ma |
VFTS 3522 | |
Masa | 28.85 ± 0.30 M☉ |
Raio | 7,25 ± 0.02 R☉ |
Gravidade superficial (log g) | 4,18 ± 0,01 |
Luminosidade | 150,000 L☉ |
Temperatura | 41,120 ± 290 K |
Idade | 1 Ma |
Outras denominacións | |
VFTS 352, 2MASS J05382845-6911191, SAAO (IRSF) J05382846-6911192 | |
Referencias en bases de datos | |
SIMBAD | datos |
VFTS 352 é un sistema binario en contacto que está a 160.000 anos luz de distancia na Nebulosa da Tarántula, a cal é parte da Gran Nube de Magalhães.[5] É o sistema binario en contacto máis masivo do que se ten coñecemento (ó redor de datas do 2010).[4]
O descubrimento desta estrela binaria do tipo-O foi feito mediante o uso do Telescopio Europeo Extremadamente Grande do Observatorio Europeo do Sur,[6] e a súa descrición foi publicada o 13 de outubro do 2015.[4] VFTS 352 está composta por dúas estrelas extremadamente quentes (40.000 °C), brillantes e masivas, de tamaño semellante e que tardan pouco máis dun día en orbitar unha ó redor da outra. As estrelas están tan próximas entre si que as súas atmosferas están superpostas.[6] Pénsase que estrelas extremas coma as dúas compoñentes de VFTS 352, son as principais creadoras de elementos coma o osíxeno.[6]
O futuro do VFTS 352 é incerto e hai dous escenarios posibles. Se as dúas estrelas se fusionan, produciríase unha estrela cunha rotación moi rápida. Se continúa xirando rapidamente, podería acabar coa súa vida nun estoupido de raios gamma de longa duración. Nun segundo escenario hipotético, as compoñentes terminarían as súas vidas nas explosións de supernova, formando un sistema semellante a un buraco negro binario, o cal sería unha fonte potencial de ondas gravitacionais a través da fusión dos buracos negros.[4]
Referencias
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 Cutri, R. M.; Skrutskie, M. F.; Van Dyk, S.; Beichman, C. A.; Carpenter, J. M.; Chester, T.; Cambresy, L.; Evans, T.; Fowler, J.; Gizis, J.; Howard, E.; Huchra, J.; Jarrett, T.; Kopan, E. L.; Kirkpatrick, J. D.; Light, R. M.; Marsh, K. A.; McCallon, H.; Schneider, S.; Stiening, R.; Sykes, M.; Weinberg, M.; Wheaton, W. A.; Wheelock, S.; Zacarias, N. (2003). "VizieR Online Data Catalog: 2MASS All-Sky Catalog of Point Sources (Cutri+ 2003)". VizieR On-line Data Catalog: II/246. Originally published in: 2003yCat.2246....0C 2246. Bibcode:2003yCat.2246....0C.
- ↑ 2,0 2,1 Evans, C. J.; Taylor, W. D.; Hénault-Brunet, V.; Sana, H.; De Koter, A. (xuño do 2011). "The VLT-FLAMES Tarantula Survey. I. Introduction and observational overview". Astronomy & Astrophysics 530: A108. Bibcode:2011A&A...530A.108E. arXiv:1103.5386. doi:10.1051/0004-6361/201116782.
- ↑ 3,0 3,1 Walborn, N. R.; Sana, H.; Simón-Díaz, S.; Maíz Apellániz, J.; Taylor, W. D.; Evans, C. J.; Markova, N.; Lennon, D. J.; De Koter, A. (2014). "The VLT-FLAMES Tarantula Survey. XIV. The O-type stellar content of 30 Doradus". Astronomy & Astrophysics 564: A40. Bibcode:2014A&A...564A..40W. arXiv:1402.6969. doi:10.1051/0004-6361/201323082.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 Almeida L. A.; Sana, H.; Mink, S. E. de; Tramper, F.; Soszyn´Ski, I.; Langer, N.; Barbá, R. H.; Cantiello, M.; Damineli, A.; Koter, A. de; Garcia, M.; Gräfener, G.; Herrero, A.; Howarth, I.; Apellániz, J. Maíz; Norman, C.; Ramírez-Agudelo, O. H.; Vink, J. S. (2015). "Discovery of the Massive Overcontact Binary Vfts 352: Evidence for Enhanced Internal Mixing". The Astrophysical Journal 812 (2): 102. Bibcode:2015ApJ...812..102A. arXiv:1509.08940. doi:10.1088/0004-637X/812/2/102.
- ↑ "Final Kiss of Two Stars Heading for Catastrophe". EPB. 15-10-2015. Consultado o 17-10-2015.
- ↑ 6,0 6,1 6,2 "Final kiss of two stars heading for catastrophe". Astronomy Now. 21-10-2015. Consultado o 21-10-2015.