[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Universidade de Valladolid

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Universidad de Valladolid»)
Universidade de Valladolid
Fachada da Universidade de Valladolid
Datos xerais
LocalizaciónValladolid, Palencia, Soria e Segovia
Datos actuais
ReitorDaniel Miguel San José
Alumnos24.724 (2012-2013)[1]
Datos de contacto
EnderezoPalacio de Santa Cruz, Praza de Sta. Cruz, 8
47002 - Valladolid
Páxina webwww.uva.es
Twitter: UVa_es BNE: XX245025 Dialnet: 819120 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A Universidade de Valladolid (UVa) é unha universidade pública española, existente xa no século XIII e na actualidade encargada da ensinanza de estudos superiores en sete campus distribuídos por catro cidades de Castela e León: Valladolid, Palencia, Soria e Segovia.

Segundo documentos existentes, a universidade de Valladolid existía xa a finais do século XIII, foi creada por intervención real, co concello valisoletano como intermediario da fundación e recibiu a confirmación papal posteriormente a instancias do rei Afonso XI. Existe a teoría de que a universidade xurdiu polo traslado do Estudo Xeral de Palencia, fundado por Afonso VIII de Castela, e o bispo Tello Téllez de Meneses entre os anos 1208 e 1241. Outra hipótese sitúa a súa orixe nunha escola ou estudo particular con sede na Abadía de Santa María a Maior.[2][3]

Mapa de fundación de Universidades castelás e aragonesas.

Foi unha institución moi vinculada á cidade desde o seu nacemento, influíndo no seu desenvolvemento pola intensa actividade cultural e económica que impulsaba. Durante o século XX, especialmente, e coincidindo cunha expansión do número de alumnos, así como unha ampliación dos estudos e unha maior facilidade de acceso, a Universidade vincúlase plenamente aos acontecementos históricos e sociais. Así, o estalido da Guerra Civil en 1936 provocaría a depuración, e nalgúns casos o fusilamento, dun número importante de catedráticos e profesores. Da mesma maneira, a Universidade de Valladolid configúrase, xunto a FASA-Renault, como o principal polo de contestación ao réxime ditatorial do xeneral Franco, convocando numerosas folgas, concertos e actos de resistencia e protesta que culminarán en 1974 co peche gobernativo da actividade docente, único caso en toda España (o curso académico organizouse de maneira paralela, en domicilios particulares, parroquias e lugares públicos).

A localización física situouse, nun principio, na Colexiata de Santa María, pasando despois á actual localización da Facultade de Dereito, no outro lado da praza.

Ten a súa representación na Semana Santa valisoletana na Irmandade Universitaria do Santo Cristo da Luz, que dá culto a unha das obras máis importantes de Gregorio Fernández, o Cristo da Luz, que se encontra na capela do Colexio Maior Santa Cruz.

Nos anos oitenta a Universidade emprendeu a construción de centros docentes no Barrio de La Rondilla, pero despois búscase a dispersión en diferentes zonas. Máis adiante comenzará a construción no barrio de Belén e San Pedro Regalado.

Símbolos

[editar | editar a fonte]

O escudo é de forma española en campo de prata, un carballo da súa cor, terrazado e frutado en ouro, acolado de dúas chaves en sotuer de ouro e prata. Ao timbre, Coroa Real aberta de cinco floróns vistos surmontada de tiara papal con ínfulas (Estatutos, art. 8.1).[4]

O selo da Universidade de Valladolid reproduce o seu escudo orlado do lema ou lenda: (Cruz) Sapientia Aedificavit Sibi Domvm [A sabedoría edificou a súa casa] (Estatutos, art. 8.2).[4]

Bandeira ou pendón

[editar | editar a fonte]

É de forma rectangular, de dimensións 152 cm por 198 cm, en púrpura. No seu centro, o escudo da Universidade de Valladolid nos seus esmaltes ou cores (Estatutos, art. 8.3).[4]

As cores corporativas da Universidade de Valladolid son a cor azul turquí, definida polo Pantone 654; e a cor púrpura, definida polo Pantone 207.

Doutores Honoris Causa

[editar | editar a fonte]

O elenco de doutores honoris causa da Universidade de Valladolid, iniciado en 1964 coa súa primeira investidura, está conformado por máis de sesenta persoas. A continuacións lístanse os doutores:[5]

Doutor Actividade Data
Sofía de Grecia 1985
Enrique Alarcón Álvarez
Emilio Alarcos Llorach
Manuel Alvar López
Eugenio Andrés Puente
Michèle Aymard
Ángel Ballabriga Aguado
Mario Benedetti Escritor uruguaio
Bartolomé Bennassar
José María Blázquez Martínez Historiador español
James M. Buchanan Economista estadounidense
César Leopoldo Camacho Manco Matemático peruano 25/10/2007
Giuseppe Campos Venutti
Ramón Carande Tovar Historiador e economista español
Rosa Chacel Arimón Escritora española
Louis Couraud
Miguel Delibes Setién Escritor español
Adriano Di Pietro
Pedro Miguel Echenique Landiríbar
Antonio Fernández Alba
Enrique Fuentes Quintana Economista español
Valentín Fuster Cardiólogo
Antonio García Berrio
Víctor García de la Concha Filólogo e director da Real Academia Española
Eduardo García de Enterría
Jean Gautier Dalché
José Girón Tena
Francisco Grande Covián Médico español 1992
Jorge Guillén Álvarez
Alain Huetz de Lemps
Rafael Lapesa Melgar Filólogo español, membro da RAE e da RAH
Henri Lapeyre Historiador e hispanista francés
Fernando Lázaro Carreter
Gatze Lettinga
Humberto López Morales
Barry Mac Donald
Federico Melis
Fernando Monckeberg Barros
Benzion Netanyahu
Severo Ochoa de Albornoz Premio Nobel de Medicina (1959)
Vicente Palacio Atard
Manuel Elkin Patarroyo Murillo Médico patólogo colombiano
Joseph Pérez Historiador e hispanista francés
Javier Pérez de Cuéllar Secretario Xeral da ONU (1982 – 1991)
Charles Petrie
Ilya Prigogine Físico e químico belga
Fernando Reinoso Suárez
Francisco Rico Martínez
Bernard Roizman
Felipe Ruiz Martín
José Ángel Sánchez Asiaín
Claudio Sánchez-Albornoz Historiador español
Amador Schüller Pérez
Luca Serianni
Sheila Sherlock
Mario Vargas Llosa Escritor peruano
Juan Velarde Fuertes Economista español

Edificios

[editar | editar a fonte]

Edificio Histórico. Facultade de Dereito

[editar | editar a fonte]
Fachada barroca (1715) do edificio da Universidade de Valladolid, hoxe Facultade de Dereito.

O primeiro edificio da Universidade de Valladolid do que hai constancia da súa entidade arquitectónica é o construído a finais do século XV, tras o traslado da institución desde a Colexiata até a súa nova localización. Constaba dun claustro de catro lados, e unha capela tardogótica de certa magnitude. Ao claustro entrábase por unha portada, tamén tardogótica, que se abría á rúa Librería. A principios do século XVIII, este edificio resultaba insuficiente, polo que se ampliou con outro claustro cuadrangular, con catro galerías, ao que se abrían varias aulas construídas no mesmo momento. Cerrando o conxunto á praza de Santa María (hoxe praza da Universidade), realizouse unha fachada barroca proxectada polo carmelita frei Pedro de la Visitación e que se construíu en 1715. Nela encóntranse distintos grupos escultóricos de calidade e que representan alegorías das materias que se impartían no edificio. É de destacar o corpo central, organizado por catro columnas xigantes e rematado por unha gran peineta. Na balaustrada dispóñense catro esculturas que representan os reis que favoreceron a universidade valisoletana.

Este conxunto, formado por estes dous claustros, o do século XV e o do século XVIII, as súas aulas respectivas e outras edificacións anexas, como a capela ou a torre do reloxo -construída no século XIX-, subsistiu até 1909.

Estatua de Miguel de Cervantes na Praza da Universidade, fronte á Facultade de Dereito.

En 1909, e con gran polémica, decidiuse derribar o antigo edificio (incluíndo a portada do século XV que se abría á rúa Librería), para construír un novo edificio seguindo liñas eclécticas e proxectado polo arquitecto Teodosio Torres López. Deste derribo só se salvou a fachada barroca proxectada polo carmelita frei Pedro de la Visitación e parece ser que a idea inicial contemplaba tamén a súa destrución. O proxecto de Teodosio Torres López planeaba un edificio universitario con dous claustros, como o preexistente. A súa organización efectuábase mediante unha caixa de escaleira situada entre ambos claustros e un gran vestíbulo que se abría á rúa Librería. A fachada do edificio universitario a esta rúa baseábase nunha reinterpretación da fachada barroca de Pedro de la Visitación, pero utilizando elementos decorativos provenientes do plateresco, barroco, neoclasicismo e grandes ocos propios da mentalidade hixienística da época. A un lado da fachada atopábase a torre do observatorio e ao outro, a nova torre do reloxo que solucionaba a esquina entre a Praza da Universidade e a rúa Librería. O proxecto posuía algúns problemas non solucionados: construíase unha grandiosa fachada representativa a unha rúa estreita como era a de Librería, polo que estaba afogada, e a fachada barroca encontrábase incorporada ao edificio de maneira moi torpe. En 1939, este edificio sofre un incendio. Para paliar o problema da integración da fachada barroca no edificio de Teodosio Torres López, Constantino Candeira Pérez proxectou en 1939 unha grande escaleira e vestíbulo, seguindo liñas historicistas, aos que se accede mediante a fachada barroca. Esta escaleira é unha mostra da arquitectura triunfalista e historicista propia da posguerra española. En 1968 realízanse as últimas obras que conforman o actual edificio, derribando o segundo claustro e construíndo nese terreo un edificio de cinco plantas para aloxar o alumnado, cuxo número crecera considerablemente nos anos sesenta, colapsando o edificio de Teodosio Torres López, pensado para un alumnado moito menos numeroso. Nesta mesma reforma, derribouse a torre do observatorio de Teodosio Torres López e o paraninfo de 1909. Tamén a fachada da rúa Librería foi entón remodelada, perdendo a roupaxe historicista proxectado por Teodosio Torres López. O novo paraninfo construíuse flanqueando a fachada de frei Pedro de la Visitación por un dos seus lados.

Escola Técnica Superior de Arquitectura

[editar | editar a fonte]

Constrúese tras unha xénese complicada. Nun principio, o edificio con proxecto de Antonio Fernández Alba, ía ser a delegación do Ministerio de Educación, na Praza de Poniente, xunto ao Instituto Núñez de Arce. Pero, concedida á Universidade a Escola Técnica Superior de Arquitectura, mantense o proxecto de Antonio Fernández Alba, trasladándoo ao barrio residencial de Huerta del Rey.

O edificio está dotado dun forte carácter representativo, abandonando as formas orgánicas doutros edificios valisoletanos da época. Márcase un eixe de simetría na fachada, que organiza os contundentes volumes do conxunto.

A ampliación proxectada tamén por Fernández Alba nos oitenta, idéase xa para a súa función, sen a limitación espacial que tiña o proxecto inicial. Búscase agora unha maior liberdade de organización cunha planta centralizada.

Facultade de Ciencias Económicas

[editar | editar a fonte]

A Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, proxectada polos arquitectos Salvador Gayarre Ruiz de Galarreta, Tomás Domínguez del Castillo e Juan Carlos Martín Baranda, é un dos edificios que a Universidade de Valladolid impulsa nos anos oitenta. Xa desde a súa orixe, o edificio quedaba pequeno para albergar os estudantes que a titulación requiría, polo que pouco despois procedeuse á construción do Aulario Campus do Río Esgueva, adxacente á facultade, e que presta servizos á Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais e á de Escola de Enxeñarías Industriais.

O edificio organízase lonxitudinalmente, cun amplo corredor central de varias alturas, que distribúe e comunica os espazos docentes e complementarios. É interesante o xogo establecido entre a aula magna, con forma de teatro clásico, e o teatro ao aire libre disposto no extremo oposto, valado e pechado ao público. A vista exterior da sección de despachos recordan unha colmea.

Con todo, cometéronse distintos erros á hora da súa edificación. Interpretáronse erroneamente os planos, polo que a orientación das aulas non era a correcta. Os amplos espazos do edificio, así como o seu teito translúcido orixinal, adecuados na súa idea para un clima como o canario, pero non para o castelán, impedían que a temperatura fora a correcta en todo o edificio, deixando inútil a calefacción, e convertendo así o centro en extremadamente frío en inverno, e moi caloroso no verán. Así mesmo, os soportais orixinais do lado oeste, convertéronse en foco de sucidade, que poñía en perigo a salubridade do centro. As obras de ampliación da biblioteca solucionaron estas incomodidades.

Obras posteriores conseguiron paliar parcialmente estes e outros defectos, como a ausencia de ascensores e accesos necesarios para discapacitados.

Palacio de Santa Cruz

[editar | editar a fonte]

Nas proximidades da Universidade, como motor de desenvolvemento da cidade e lugar de formación de clérigos e científicos, xorden multitude de institucións como o Colexio Maior Santa Cruz.

Palacio de Santa Cruz.

O cardeal Pedro González de Mendoza funda este colexio en 1482, ano no que é nomeado arcebispo de Toledo. De sólida formación intelectual, abre as portas ao Renacemento na cidade, cun edificio primeiro proxectado en gótico, probablemente por Enrique Egas, pero cambiado en 1490 a unha estética renacentista por orde súa. Pero só se adaptou a fachada coa inclusión de elementos decorativos do novo estilo. Nela destaca o tramo central, cun almofadado de inspiración italiana que cobre todo o fondo, e a porta decorada con grutescos. Tamén é destacable a cornixa con balaustrada que remata a fachada principal. Estas obras foron dirixidas por Lorenzo Vázquez de Segovia. No século XVIII reformouse a fachada, datando desa época os grandes balcóns neoclásicos, obra do arquitecto Manuel Godoy.

O edificio, de planta cuadrangular, ordénase arredor dun patio de tres pisos. O baixo tivo que ser reconstruído por Juan de Nates en 1603 pola mala calidade da pedra. O arquitecto Domingo de Ondátegui reformou os dous pisos superiores en 1744, aínda que todas estas intervencións respectaron a concepción tardogótica do claustro e os seus motivos decorativos.

No piso baixo, destacan o vestíbulo e a Aula Triste, cubertos con bóvedas de pedra de crucería sinxela, así como a capela, á que se accede polo vestíbulo mediante unha porta oxival. Para chegar ao primeiro piso, existe unha ampla escaleira neoclásica, construída na segunda metade do século XVIII. Neste primeiro piso, destaca a biblioteca, de planta cuadrangular e que ocupa totalmente unha das pandas do claustro. A súa portada péchase cunhas portas de madeira obra de Alejo de Vahía. O interior cóbrese con bóveda con lunetos. Os estantes dos libros datan de principios do século XVIII. O contido desta biblioteca é moi rico e importante, con varias decenas de incunables e numerosos libros impresos dos séculos XVI, XVII, XVIII e XIX, parte deles provenientes de bibliotecas de mosteiros e conventos desamortizados.

Na actualidade, no edificio atópanse instalados o Reitorado da Universidade, Museo da Universidade de Valladolid (MUVa), e a sede da Fundación Arellano Alonso, cunhas coleccións de arte africana -doadas á Universidade-.

Actualidade

[editar | editar a fonte]
Provincias nas que a Universidade de Valladolid ten campus.

A Universidade de Valladolid conta con sete campus:

Os seus máis de 30.000 alumnos repártense en 25 centros con máis de 2.000 profesores e 1.000 "PAS" (Persoal de Administración e Servizos).

O actual reitor é Marcos Sacristán Represa, que iniciou o seu cargo o luns 26 de maio de 2010 como sucesor do anterior reitor, Evaristo José Abril Domingo.[6]

Dispón, ademais dos 25 centros, dunha serie de edificios administrativos como por exemplo o Palacio de Santa Cruz, onde se atopa o reitorado; ou A Casa do Estudante, onde están o resto de servizos administrativos. O CTI (Centro de Tecnoloxías da Información) atópase no edificio da Residencia Universitaria Afonso VIII, xunto á Facultade de Ciencias.

Facultades e Escolas

[editar | editar a fonte]
Escaleira (1941), obra de Constantino Candeira, do edificio histórico da universidade de Valladolid. Hoxe é sede da Facultade de Dereito.
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais, en primeiro plano, e Facultade de Filosofía e Letras, no campus de Valladolid.

Valladolid

[editar | editar a fonte]
  • Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática
  • Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación
  • Escola de Enxeñarías Industriais
  • Escola Universitaria de Enfermaría
  • Escola Universitaria de Estudos Empresariais
  • Facultade de Ciencias
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Educación e Traballo Social
  • Facultade de Filosofía e Letras
  • Facultade de Medicina
  • Escola Técnica Superior de Enxeñarías Agrarias
  • Escola Universitaria de Educación
  • Facultade de Ciencias do Traballo
  • Escola Universitaria de Educación
  • Escola Universitaria de Enfermaría
  • Escola Universitaria de Estudos Empresariais
  • Escola Universitaria de Fisioterapia
  • Escola Universitaria de Enxeñarías Agrarias
  • Facultade de Tradución e Interpretación
  • Escola Universitaria de Informática
  • Escola Universitaria de Maxisterio
  • Facultade de Ciencias Sociais, Xurídicas e da Comunicación

Investigación

[editar | editar a fonte]

Institutos LOU

  • Instituto de Bioloxí­a e Xenética Molecular (IBGM)
  • Instituto de Estudos Europeos
  • Instituto de Historia Simancas
  • Instituto de Neurociencias de Castela e León
  • Instituto de Oftalmobioloxí­a Aplicada (IOBA)
  • Instituto Universitario Centro de Innovación en Química e Materiais Avanzados (CINQUIMA)
  • Instituto Universitario de Investigación en Xestión Forestal Sostible
  • Instituto Universitario de Urbanística

Institutos pendentes de aprobación da JCyL

  • Instituto de Farmacoepidemioloxí­a (IFE)
  • Instituto Tecnoloxí­as Avanzadas da Produción (ITAP)

Centros de Investigación

  • Centro de Documentación Europea
  • Centro de Investigación da Baixa Atmosfera “José Casanova”
  • Centro de Investigación de Endocrinoloxía e Nutrición Clínica
  • Centro de Investigación en Terminoloxía Bilingüe, Tradución Especializada e Análise Contrastiva (CITTAC) da Universidade de Valladolid
  • Centro de Tecnoloxí­a Azucreira (CTA)
  • Centro Superior de Ciencias Médicas
  • Centro Transdisciplinar de Investigación en Educación (CETIE-UVa)
  • Centro Universitario de Estudos sobre Alcohol e Drogas

Centros Tecnolóxicos

  • Centro Rexional para o Desenvolvemento das Telecomunicacións (CEDETEL)
  • Fundación Centro Tecnolóxico de Cereais (CETECE)
  • Centro de Investigación e Desenvolvemento en Transporte e Enerxía (CIDAUT)
  • Centro de Automatización, Robótica, Tecnoloxía da Información e da Fabricación (CARTIF)
  • Centro Tecnolóxico Agrario e Alimentario (ITAGRA)

Cátedras de investigación

  • Cátedra Alcón
  • Cátedra de Enerxías Renovables
  • Cátedra de Estudos Hispánicos "Antonio Fernández e Eusicinia González"
  • Cátedra Jorge Guillén, xurdida da colaboración entre a Fundación Jorge Guillén e a Universidade de Valladolid.
  • Cátedra Michelin
  • Cátedra Juan de Villanueva
  • Cátedra Topcon

Laboratorios de investigación

  • Laboratorio de Calibración Eléctrica de Castela e León (LACECAL)
  • Laboratorio de Cartografía e Sistemas de Información Xeográfica
  • Laboratorio de Ensaios Industriais de Castela e León (LEICAL)
  • Laboratorio de Fotogrametría
  • Laboratorio de Metroloxía e Calibración Dimensional (LCD)
  • Laboratorio de Metroloxía e Calibración de Presión e Temperatura (TERMOCAL)
  • Laboratorio de Ventilación HS3

Grupos de Investigación Recoñecidos

Servizos centrais de apoio á investigación

  • Animalario
  • Laboratorio de Técnicas Instrumentais (LTI)
  • Secretariado de Publicacións e Intercambio Editorial

Parque Científico

  • Plan do Parque Científico da Universidade de Valladolid

Biblioteca

[editar | editar a fonte]

A Biblioteca da Universidade de Valladolid ten 14 puntos de servizo, 3 están situados nas provincias de Palencia, Soria e Segovia, os demais están en Valladolid.

Os seus fondos son accesibles a través do Catálogo Almena, de Worldcat e do Repositorio UvaDoc, incluíndo, 970.155 libros entre os que cabe destacar o seu valioso fondo antigo de 45.000 documentos, entre eles numerosos manuscritos e incunables de a partir do século X, 16.000 títulos de publicacións periódicas, 21.342 títulos de revistas electrónicas, 965 libros electrónicos, 66 bases de datos, 47.695 material non librario e 33.103 teses e proxectos fin de carreira (datos de maio de 2012).

Os servizos ao usuario inclúen: portal web, lectura en sala, préstamo intercampus e interbibliotecario, préstamo (fondo documental, ordenadores portátiles, lectores de libros electrónicos, memorias USB), información bibliográfica, formación de usuarios, guías temáticas e titoriais.

A biblioteca é membro de: OCLC, Europe Direct, REBIUN, Dialnet, Catálogo 17, ABBA, Documat, GEUIN, REDINED e BUCLE.

Programa PAVES

[editar | editar a fonte]

O programa PAVEs (Profesores Asociados Vinculados a Empresa) da Universidade de Valladolid (cofinanciado polo goberno rexional de Castela e León) representa unha importante experiencia de innovación docente. Comezou en 2001 e está formada por 50 profesores asociados que veñen do mundo da empresa, todos eles do ámbito técnico ou enxeñarías, de feito, a metade dos PAVE contratados na Universidade de Valladolid están adscritos ben á Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática ben á Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación. Imparten as ensinanzas nas instalacións da empresa, dado que o obxectivo principal é que a educación sexa principalmente práctica ou orientada ás tecnoloxías máis avanzadas que demandan as empresas.

Empresas participantes

[editar | editar a fonte]
  • Telefónica I+D
  • Fundación CIDAUT, Centro de Investigación e Desenvolvemento en Transporte e Enerxía [www.cidaut.es]
  • Ono
  • Cartif
  • Tecsidel
  • GMV
  • Cedetel
  • Microser
  • Nestlé
  • Johnson Controls
  • Indalux
  • Red Eléctrica de España
  • Iberdrola
  • Algor
  • Aguas Valladolid
  • Fremap

Escolas/Facultades

[editar | editar a fonte]
  • Escola Técnica Superior de Enxeñaría Informática
  • Escola Técnica Superior de Enxeñeiros de Telecomunicación
  • Escola Técnica Superior de Enxeñaría Industrial
  • Escola Universitaria Politécnica
  • Facultade de Ciencias
  • Escola Técnica Superior de Arquitectura
  • Facultade de Dereito
  • Facultade de Filosofía e Letras
  • Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais
  • Facultade de Educación e Traballo Social

Departamentos

[editar | editar a fonte]
  • Ciencia dos Materiais e Enxeñaría Metalúrxica, Expresión Gráfica na Enxeñaría, Enxeñaría Cartográfica, Xeodesia e Fotogrametría, Enxeñaría Mecánica e Enxeñaría dos Procesos de Fabricación
  • Construcións Arquitectónicas, Enxeñaría do Terreo e Mecánica dos Medios Continuos e Teoría de Estruturas
  • Electricidade e Electrónica
  • Estatística e Investigación Operativa
  • Informática (Arquitectura e Tecnoloxía de Computadores, Ciencias da Computación e Intelixencia Artificial, Linguaxes e Sistemas Informáticos)
  • Enxeñaría de Sistemas e Automática
  • Enxeñaría Eléctrica
  • Enxeñaría Enerxética e Fluidomecánica
  • Enxeñaría Química e Tecnoloxía do Medio Ambiente
  • Lingua española
  • Organización de Empresas e Comercialización e Investigación de Mercados
  • Teoría do Sinal e Comunicacións e Enxeñaría Telemática

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]