Trilladeira dos prados
Trilladeira dos prados | |||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||
Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||
'Microtus (Microtus) agrestis' (Linnaeus, 1761) | |||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||
|
A trilladeira dos prados (Microtus agrestis) é unha especie de roedor da familia Cricetidae amplamente distribuída por Europa e algunhas zonas de Asia.
Descrición
[editar | editar a fonte]De tamaño mediano e de aspecto robusto. A lonxitude da cabeza e do corpo varía entre 9,5 e 13,3 cm, e o rabo entre 2,5 a 4,4 cm. Pesa entre 20 e 51 g. O fociño é bastante romo, cunha coa cola relativamente curta, externamente ten unha morfoloxía moi similar á da trilladeira pataqueira, (Microtus arvalis), da que é difícil de distinguir, o pelo é máis mesto e máis longo e máis escuro, e as orellas son máis peludas tamén na trilladeira dos prados. A pelaxe é parda cinsenta no dorso cos flancos máis pálidos, chegando a ser amarelados; o pescozo, o ventre e as patas son grises e a cola presenta unha coloración máis escura.
O súa voz é un chillido débil e baixo, aínda que tamén emite unha serie de sons con chisquidos.[2]
Distribución
[editar | editar a fonte]Espallado por toda a rexión euroasiática, desde o norte da Península Ibérica até Siberia, o río Lena, o lago Baikal e o noroeste da China. En Europa falta en Irlanda, Italia e Grecia, así como en toda a zona de clima mediterráneo. En España esténdese polo terzo setentrional, nunha franxa que abrangue os Pireneos, a Cornixa Cántabrica, Serra de la Demanda, Galiza e zona norte de Castela e León. Tamén se atopa no sur de Galiza, por Portugal, chegando até Lisboa, Serra da Estrela e a Serra de Gata, en Salamanca e Cáceres.
Hábitat
[editar | editar a fonte]Fundamentalmente encóntrase en pradarías de prados de herba espesa con pouca ou nula presión de pastoreo cun clima centroeuropeo, e, aínda que menos que a corta rubia, (Myodes glareolus), ocupa tamén plantacións forestais de árbores novas con substrato herbáceo desenvolto, sendo moi frecuente en zonas montañosas e boscosas. A cobertura espesa de gramíneas é unha das condicións ideais para a especie. Na Península Ibérica localízase desde o nivel do mar até altitudes superiores aos 1.600 metros.
Depredación
[editar | editar a fonte]É presa de diferentes carnívoros, sobre todo mustélidos e o gato montés (Felis silvestris), así como de aves rapaces. Na Península Ibérica pode chegar a ocasionar problemas puntuais para a agricultura, pero nunca como a trilladeira pataqueira.
En Escandinavia, pode actuar como reservorio da tiña e a leptospirose.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Kryštufek, B., Vohralík, V., Zima, J. & Zagorodnyuk, I. 2008. Microtus agrestis. In: IUCN 2010. IUCN Red List of Threatened Species. Version 2010.4. <www.iucnredlist.org>. Consultado o 31 de maio de 2011.
- ↑ Konig, Claus (1973). Mammals. Collins & Co. pp. 119. ISBN 978-0-00-212080-7.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Trilladeira dos prados |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Trilladeira dos prados |
Vexa a entrada do Galizionario acerca de trilladeira dos prados |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Microtus agrestis en el Atlas de la biodiversidad del Ministerio de Medio Ambiente (MMA).(en castelán). Consultado o 9 de outubro de 2018.
- Microtus (Microtus) agrestis, en Wilson, D. E. & Reeder, D. M. (editors). 2005. Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference (3rd ed).(en inglés) Consultado o 9 de outubro de 2018.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- M. agrestis (como M. a. rozianus Bocage) en "Fauna ibérica; mamíferos". Ángel Cabrera Latorre. 1914. Facsímile electrónico.