[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Televisão Independente

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
TVI
Temos tudo a ver
Inicio das emisións 20 de febreiro de 1993
Propiedade de Grupo PRISA
Datos de audiencia 25,9% (maio de 2011, )
País Portugal Portugal
Lingua Portugués
Área de emisión Escala nacional
Sede central Lisboa
Nome(s) anterior(es) Quatro
Dispoñibilidade
Terrestre
Portugal TDT 67
Andorra TDT 25
R

Na rede
Páxina web de TVI
Facebook: TviOficial Twitter: tvi Instagram: tvioficial Youtube: UC5lg8zKcnJ1rnxR6lPgD1ug Editar o valor en Wikidata

Televisão Independente (TVI) é unha cadea de televisión portuguesa de TDT. Foi a segunda canle privada de Portugal. Compite dirétamente coa SIC e RTP.

Ao longo da súa historia contou con varios propietarios e na actualidade pertence a Media Capital, un conglomerado do Grupo PRISA en Portugal que tamén controla emisoras de radio como Rádio Comercial, Cidade FM e M80 Radio.

Coa liberalización dos medios de comuinicacións en Portugal, os medios de comunicación da igrexa católica poxaron por conseguir unha concesión de televisión privada. Dito grupo estaba formado por institucións como Rádio Renascença ou Universidade Católica Portuguesa, e contaba con accionistas como CLT e Antena 3.

No 1999, a Igrexa pon á venda a súa participación na canle, que foi comprada polo grupo de radios privadas Media Capital. Por outra parte, RTL Group quedou coa outra metade das accións. O novo propietario mudou a imaxe de TVI e modificou a grella con máis programas de produción propia e telenovelas. O éxito do espazo de telerrealidade Gran Irmán serviulle para consolidarse entre os espectadores portugueses, e en 2004 TVI converteuse no primeiro canle de televisión en audiencias do seu país, condición que matén desde entón.[1]

  1. PRISA, S.A. (ed.). "TVI" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 05 de maio de 2016. Consultado o 25 de abril de 2016.