[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Teclado de ordenador

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Teclado (informática)»)
Teclado sueco

En informática, un teclado de ordenador é un periférico utilizado pola introdución de ordes e datos nun ordenador, aínda que teclados similares se utilizan tamén en máquinas de escribir. Actualmente o teclado é un elemento indispensábel para un ordenador e é xunto co rato o periférico de entrada máis importante.

Clasificación dos teclados para PCs

[editar | editar a fonte]

Polo número de teclas

[editar | editar a fonte]
  1. Teclado XT de 83 teclas.
  2. Teclado AT de 84 teclas.
  3. Teclado expandido de teclas (101 teclas na versión americana); teclado ampliado con teclas de navegación e control adicionais, dúas teclas de función adicionais (tres grupos de catro teclas cada un colocadas en ringleira).
  4. Teclado expandido de 104-105 teclas; conta con tres novas teclas, a tecla Windows e a tecla menú.
  5. Teclado expandido de 107-108 teclas; ademais da anteriores engade as teclas de Repouso, Modo de espera, e Apagado.
  6. Teclado multimedios; engade teclas adicionais para configurar atallos ás aplicacións máis habituais, regular o volume...

Polo tipo de pulsadores

[editar | editar a fonte]

- De contacto (cando unha tecla está pulsada deixa pasar a corrente):

  1. Mecánicos:
  2. De membrana:

- Capacitativos

Pola distribución das teclas

[editar | editar a fonte]
  1. Teclado XT e AT de 84. Teclas de funcións á esquerda do teclado. Non dispoñen nin de cursores de desprazamento (hai que empregar os do teclado numérico nin das teclas Suprimir, Fin...
  2. Teclado expandido estándar. As teclas de función pasan a estar enriba do teclado tipo máquina de escribir. A tecla Escape colócase á dereita destas. Incorpóranse os cursores de desprazamento e botóns con funcións adicionais entre o teclado tipo máquina de escribir e o bloque numérico.
  3. Teclados ergonómicos. Buscan unha postura máis cómoda á hora de traballar co teclado. Amosan unha distribución de teclas diferente a habitual.

Tamén se poden distinguir polo orde das teclas que representan as letras, os teclados QWERTY e Dvorak.

Polo sistema de conexión

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]