[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Caccón e Tasón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Tasón de Friúl»)
Modelo:BiografíaCaccón e Tasón
Biografía
Grupodupla (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Caco de Friul (pt) Traducir ( - 617 (Gregoriano)). Aristócrata
Tasón de Friúl (século VI - 625). Aristócrata Editar o valor en Wikidata

Caccón (ou Cacón) e Tasón (ou Tasso ou Taso) foron duques do Friúl entre o 610 e o 615-625 aproximadamente.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Caccón e Tasón eran os fillos máis vellos do duque Xisulfo II de Friúl e de Romilda, aínda adolescentes cando o pai cae en batalla contra os ávaros e a nai comete traizón, entregando aos inimigos a capital Cividale que ata entón resistira o cerco. Feitos prisioneiros, leváronos como a todos os longobardos capturados polos ávaros a Pannonia; xuntos na terra que deixara o seu pobo nos tempos de Alboíno, coñeceron a intención dos seus inimigos de mataren todos os homes maiores de idade, tras térense repartido as mulleres e os nenos como escravos. Caccón, Tasón e o meirande dos seus irmáns aínda nenos, Radoaldo, tentaron a fuga dacabalo. un deles temía que o seu irmán máis novo, Grimoaldo, non estivese en condicións de aguantar a cabalgada e propuxo matalo, afirmando "que era mellor para el morrer pola espada que soportar o xugo da catividade"[1]. O pequeno Grimoaldo, en cambio, convenceuno para que desistise, demostrándolle que sabía cabalgar. Capturado novamente, deu matado o seu carcereiro e reuniuse cos seus irmáns. Caccón e Tasón asumiron o goberno do ducado e expandírono a conta dos eslavos, que desde entón ficaron obrigados ata os tempos de Rachis a pagaren un tributo aos longobardos. os dous irmáns caeron nunha emboscada tendida na cidade de Oderzo polo bizantino Gregorio. Este prometéralle a Tasón adoptalo como fillo, co rito do corte da barba[2]; o duque alcanzouno co seu irmán e unha pequena escolta. nada máis chegaren a Oderzo, Gregorio fixo pechar a s portas da cidade e enviou os seus soldados contra os longobardos. os irmáns comprenderon inmediatamente a situación, preparáronse a combater e déronse o bico da paz e os último saúdo. Dispersáronse pola rúas, matando calquera que lles saíse por diante e, escribe Paulo Diácono, "facendo gran masacre dos romanos; mais ao final tamén eles foron mortos"[3]. Porén Gregorio mantén a súa promesa: ordenou que lle levasen a cabeza de Tasón e cortoulle a barba.

Nesta época a cidade de Oderzo estaba dirixida polo bispo san Tiziano.

  1. Paulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 37 melius ducens eundem gladio perimere quam captivitatis iugum sustinere
  2. O uso do corte da barba era moi sentida na sociedade longobarda, en canto que significaba idealmente o paso dos xoves á idade adulta; deste costume derivan os dous termos en lingua véneta tosàt e tosa, que significan respectivamente rapaz e rapaza.
  3. Paulo Diácono, Historia Langobardorum, IV, 38

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]