[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Tom Pryce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaTom Pryce

(2011) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento11 de xuño de 1949 Editar o valor en Wikidata
Ruthin, Reino Unido (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte5 de marzo de 1977 Editar o valor en Wikidata (27 anos)
Circuíto de Kyalami, Suráfrica Editar o valor en Wikidata
Causa da morteaccidente de tráfico Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaKent Editar o valor en Wikidata
EducaciónYsgol Brynhyfryd (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpiloto de motociclismo, piloto de automobilismo, piloto de Fórmula Un Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaGales Editar o valor en Wikidata
Deporteautomobilismo
Motociclismo Editar o valor en Wikidata

Find a Grave: 12907252 Editar o valor en Wikidata

Thomas Maldwyn Pryce (nado o 11 de xuño de 1949, finou o 5 de marzo de 1977) foi un piloto galés,[1][2] famoso por gañar a Brands Hatch Race of Champions, unha carreira de Fórmula 1 fóra de campionato, en 1975 e polas circunstancias que rodearon a súa morte. Pryce é o único piloto galés que gañou unha carreira de Fórmula Un e é tamén o único galés que liderou un Gran Premio do Campionato do Mundo de Fórmula Un, dúas voltas no Gran Premio do Reino Unido de 1975.

Pryce comezou a súa carreira na Fórmula Un co pequeno equipo Token, fixo a súa única saída con eles no Gran Premio de Bélxica de 1974. Pouco despois dunha impresionante actuación na carreira de Fórmula Tres no Gran Premio de Mónaco de 1974, Pryce uniuse ao equipo Shadow e anotou os seus primeiros puntos en Alemaña en apenas a súa cuarta carreira. Pryce logrou máis adiante dous podios, o primeiro en Austria en 1975 e o segundo en Brasil un ano despois. Pryce era considerado polo seu equipo como un gran piloto sobre mollado. Durante a sesión de práctica para o Gran Premio de Suráfrica de 1977, disputado en condicións de mollado, Pryce era máis rápido que todos, incluíndo aos pilotos campións mundiais Niki Lauda e James Hunt. A terceira tempada completa de Pryce en Shadow viuse truncada polo accidente mortal no Gran Premio de Suráfrica de 1977, onde chocou a gran velocidade co comisario de seguridade Frederik Jansen Van Vuuren.

En 2007, anunciouse que erixiríase unha estatua de Pryce na súa cidade natal de Ruthin para conmemorar o 30 aniversario da súa morte. O monumento inaugurouse o 11 de xuño de 2009.[3]

Vida Persoal e principios

[editar | editar a fonte]

Tom Pryce naceu o 11 de xuño de 1949 en Ruthin, Denbighshire, Gales fillo de Jack e Gwyneth Pryce. Jack servira na Royal Air Force, como artilleiro nun Lancaster bomber, antes de unirse ao corpo de policía local. Gwyneth era enfermeira do distrito.[4]

Pryce comezou a interesarse polos coches cando conducía a furgoneta do panadeiro á idade de 10, antes de informar aos seus pais que quería ser piloto de carreiras. Con todo, durante unha entrevista con Alan Henry en 1975, declarou que el quixera ser piloto de aviación, pero pensou que non era o suficientemente intelixente. Do mesmo xeito que moitos futuros pilotos de Fórmula Un, Pryce tiña un heroe das carreiras da infancia. No seu caso tratábase do piloto escocés de Lotus Jim Clark.[4] A nai de Pryce recordou que estaba moi molesto cando Clark morreu no Hockenheim en abril de 1968. O seu pai tamén sinalou que "estaba moi molesto cando Jochen Rindt tamén morreu". Logo de deixar a escola aos 16 anos, a nai de Pryce insistiu en fixera un curso como mecánico de tractores no Llandrillo Technical College, dándolle " algo ao que poder recorrer ", segundo as súas propias palabras, si a súa carreira como piloto de carreiras non tivera éxito.

En 1975, casou con Fenella Pryce, máis comunmente coñecida como Nella, a quen coñeceu nunha discoteca en Otford en 1973.[5] Trala morte do seu marido, Nella pasou a dirixir unha tenda de antigüidades en Fulham con Janet Brise, viúva de Tony Brise.[6]

Casco de deseño

[editar | editar a fonte]

O deseño do casco de Tom Pryce era, en comparación cos vindeiros, simple e limitado. O seu casco era todo branco liso ata 1970, cando Pryce estaba correndo en Castle Combe e o seu pai pediulle a Tom que fixera lago no seu casco para que destácase máis e poder identificalo facilmente nun grupo de coches. Pryce engadiu cinco liñas verticais negras ao seu casco, xusto encima da viseira.[7] A partir dese momento o único cambio neste deseño foi a adición dunha bandeira de Gales á beira do seu casco en 1974. Goodyear foi o único nome de patrocinador en aparecer no casco de Pryce.

Pre - Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

1969-1971: Primeiros anos

[editar | editar a fonte]

Os primeiros pasos de Pryce no automobilismo foron no Circuíto de Mallory Park en Leicestershire cando tiña 20 anos de idade. Pryce foi apoiado durante os seus primeiros pasos por Trevor Taylor, un expiloto do Team Lotus e antigo compañeiro de infancia do heroe de Pryce Jim Clark. Máis tarde converteuse nunha estrela das series Fórmula 5000. A partir de aí, Pryce pasou a competir no Daily Express Crusader Championship, unha serie dirixida por Motor Racing Stables para os alumnos da escola de carreiras usando coches Lotus 51 da Fórmula Ford. Alternaron carreiras entre os circuítos de Brands Hatch e Silverstone, Pryce fixo o seu debut no primeiro. "Cada carreira custaba 35 libras, pero vendín o meu Mini e os meus pais ofrecéronme toda a axuda e o estímulo que podería desexar". Contoulle Pryce a Alan Henry.[8]

O premio para o gañador da serie era un Lola T200 de Fórmula Ford valorado en 1.500 £. A serie decidiuse na última rolda, celebrada en Silverstone, o día antes do International Trophy de Fórmula 1 de 1970, Pryce clasificou na terceira fila para a carreira, que tivo lugar sobre mollado. Jack Pryce recordaba que o seu fillo cofábase as mans con deleite: "el sempre amou correr baixo a choiva". A primeira parte da carreira foi liderada por un condutor chamado Chris Smith, pero cando comezou a choiva Pryce foi capaz de alcanzar a Smith e de gañar a carreira por unha cómoda marxe.[9]

Pryce estreou o seu novo coche en Brands Hatch, trasladándose a vivir a un casa de hóspedes en West Kingsdown, cerca do circuíto de Brands Hatch.[10] Pryce continuou a facerse un nome por si mesmo en 1971, entrando nunha nova categoría de coches deportivos biprazas chamada Formula F100, que gañou co que o comentarista de automobilismo David Tremayne describiu como "vergonzosa facilidade". Logo trasladouse á Fórmula Super Vee[11] e pronto fixo o seu debut na Fórmula 3 en Brands Hatch.

1972-1973 : Fórmulas inferiores

[editar | editar a fonte]
"Eu estaba dando voltas ao redor co coche cando de súpeto vin a Peter Lamplough que viña directamente cara a min, eu non o podía crer. Quedeime inmóbil no sitio. A seguinte cousa que recordo é ser recollido da fiestra dunha tenda, onde o meu coche fora lanzado polo impacto"
Tom Pryce[12]

Na carreira en Brands Hatch, Pryce logrou cun Royale RP11 o primeiro lugar na carreira de fórmula 3 na previa da Carreira de Campións de Fórmula 1 de 1972 contra moitos pilotos consagrados de fórmula 3 como Roger Williamson, Jochen Mass e James Hunt.[13] Tan grande era a vantaxe de Pryce no final da carreira, que moitos participantes dos outros equipos expresaron a opinión de que o coche de Pryce correra baixo de peso, aínda que resultou que o certificado da báscula do circuíto expirara e en realidade todos os coches estaban baixos de peso.[14] Pryce non estivo no grupo de cabeza nas seguintes dous roldas en Oulton Park e Zandvoort, e durante a práctica para a carreira de soporte do Gran Premio de Mónaco de 1972 o seu coche detívose en Casino Square debido a un cable solto, saíu do seu coche para corrixir o problema cando Peter Lamplough perdeu o control do seu coche e golpeou o Royale RP11. Pryce foi golpeado contra a fiestra dunha tenda e rompeuse unha perna.

O galés volveu á acción dúas semanas logo do seu accidente en Mónaco. Pryce tamén correu na Fórmula SuperVee, gañando a serie por unha cómoda marxe, "gañei case todas as carreiras fun a realizarme" recordaba Pryce. Tamén participou co equipo oficial Royale de Fórmula Atlántico en 1972, onde logrou a pole position nas últimas tres roldas do campionato e gañou a rolda final en Brands Hatch.[15]

Seguiu correndo na Fórmula Atlántico en 1973, gañando tres carreiras[16] Royale fixo plans para entrar na Fórmula 2, tal era o talento do galés.[16] A aspiración de correr no campionato de Fórmula dúas estaba prevista para ser apoiada economicamente polo piloto de Liechtenstein Manfred Schurti. Pero, estes plans só permitiron a construción dun dos coches Royale de F2 antes de que o proxecto fora abandonado e Bob King, o xefe de Royale, deixara á empresa.

A raíz dunha invitación a probar un dos seus coches, Pryce atopouse correndo na Fórmula dúas co equipo Rondel Racing deRon Dennis, o seu mellor resultado para o equipo chegou en Norisring onde lideraba a carreira ata que un fallo nos freos significou deixar o primeiro lugar ao seu compañeiro de equipo Tim Schenken.[17] A finais de 1973, Pryce gañou o premio Grovewood polos seus esforzos durante o ano. Jack Pryce recordou que o seu fillo non quería gañar o premio, xa que pensaba que traía "mala sorte na carreira dun piloto".[18]

Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

1974: Token

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Token F1.

Á idade de 25 anos, Pryce debutou na Fórmula Un, a categoría máis alta das carreiras de circuíto, segundo a definición da Fédération Internationale de l' Automobile (FIA), o órgano de goberno no mundo dos deportes de motor, uniuse ao equipo recentemente formado Token Racing. O equipo foi creado por Tony Vlassopulos e Ken Grob despois que o equipo Token orixinal pechara en 1973 debido á falta de apoio financeiro. Pryce logrou o asento grazas ao apoio de Titan Properties e, que David Tremayne describiu como "promesa evidente".[19] Pryce fixo o seu debut co equipo no Trofeo Internacional BRDC, un evento de Fórmula Un fóra de campionato celebrado en Silverstone, pero a falta dun filtro e a cuberta do motor, xunto coa súa falta de experiencia no coche, converteuno no piloto máis lento dos 16 competidores durante a fase de clasificación. 26 segundos máis lento que o Hesketh de James Hunt na pole position.[20] O galés retirouse na volta 15 cun problema na caixa de cambios. O debut no Campionato Mundial de Pryce chegou no Gran Premio de Bélxica de 1974, onde se clasificou no posto 20, 3 segundos máis lento que o mellor tempo logrado por Clay Regazzoni. Unha vez máis, non puido terminar, completando 66 voltas antes de retirarse logo dunha colisión co Tyrrell de Jody Scheckter quedando rota a suspensión dianteira esquerda do RJ02.

A Pryce negóuselle a participación no Gran Premio de Mónaco de 1974, xa que se considerou "sen experiencia". En cambio, Pryce participou na carreira de Fórmula 3, pilotando para Ippokampos Racing, nun March 743, co que gañou por 20´8 segundos.[21]

1974-1977: Shadow

[editar | editar a fonte]
Artigo principal: Shadow Racing Cars.
1974

Logo da súa impresionante pilotaxe en Mónaco, e un curto período de tempo na Fórmula 2 en 1974,[22] Pryce asinou por Shadow en substitución de Brian Redman.[23] Pryce fixo o seu debut co equipo en Zandvoort, retirándose na primeira volta logo dunha colisión con Hans Joachim Stuck. Pryce clasificou cuarto no seu segundo Gran Premio co equipo en Francia, pero unha colisión con James Hunt significou outra saída temperá. Máis adiante na tempada, Pryce recibiu 100 botellas de champaña por ser o máis rápido na sesión de práctica para o Gran Premio de casa en Brands Hatch. Chegou a cualificar na cuarta fila da grella de saída .

"Creo que as persoas que participan nas carreiras de motor e logran algo, teñen a capacidade de detectar o talento. Estaba moi claro que a capacidade de Tom estaba por encima e máis aló da maioría dos seus contemporáneos"."
John Watson[24]

Pryce anotou o primeiro punto da súa carreira no Gran Premio de Alemaña de 1974 no difícil circuíto de Nürburgring, logo de terminar sexto desde a 11ª posición na grella, logo clasificou no posto 16 para o seguinte Gran Premio de Austria, pero trompeou na volta 22, poñendo fin á carreira. Clasificou no posto 22 no Gran Premio de Italia, Pryce terminou 12 lugares máis arriba. Con todo, a tempada terminou malamente, cun fallo no motor no Canadá e co Shadow severamente fóra de ritmo nos Estados Unidos. Ao final da tempada Pryce era 18º no campionato de pilotos empatado a puntos con Graham Hill e Vittorio Brambilla.

1975
Pryce pilotando o seu Shadow no Gran Premio dos Estados Unidos de 1975.

Ao comezo da tempada 1975, o futuro de Pryce foi obxecto de moita especulación. Corría o rumor que vinculaba cunha unidade no Lotus, o equipo dirixido por Colin Chapman, que estivera vixiando o progreso de Pryce en todo 1973 e 1974. Nese momento, Lotus estaba sufrindo dificultades financeiras e os informes suxiren que Shadow e Lotus intercambiarían a Pryce e o sueco Ronnie Peterson. O cambio era visto como unha boa adquisición para os dous equipos, Pryce era considerado un piloto da mesma capacidade que Peterson, pero custaría menos a Lotus, mentres que Peterson podería atraer patrocinios ao relativamente novo equipo Shadow.[25] O acordo nunca se materializou, malia que o xerente do equipo Shadow Alan Rees afirma que estivo moi preto de ser completado.[19]

O compañeiro de Pryce en Shadow, Jean-Pierre Jarier, opacouno na primeira parte da tempada 1975, xa que o piloto francés tiña o novo coche Shadow DN5, mentres que Pryce levaba o vello DN3.[26] Non foi senón ata a terceira rolda, o Gran Premio de Suráfrica, que Pryce puido usar o DN5.[27] A cuarta carreira do equipo na tempada foi a Carreira de Campións, fóra de campionato, celebrada en Brands Hatch. Pryce clasificou na pole position e, tras unha mala saída, pasou a Peterson e Jacky Ickx antes de pechar unha brecha de oito segundos co líder da carreira Jody Scheckter, cuxo motor avariou cando Pryce acosábao,[28] deixando que Pryce converterase no primeiro galés en gañar unha carreira de Fórmula Un.[29] Pryce mostrou outros signos prometedores durante a tempada, sobre todo en Mónaco onde partiu da primeira fila da grella e Gran Bretaña, onde logrou a pole position. Pryce tamén logrou o seu primeiro podio no Campionato do Mundo, en condicións extremadamente molladas no Gran Premio de Austria e terminou nos puntos catro veces máis. A mellor posición foi en Alemaña, onde terminou en cuarto lugar, a pesar do feito de que mentres corría en segundo lugar detrás Carlos Reutemann sufriu unha fuga de combustible na cabina do seu DN5 durante as últimas voltas ao redor do moi longo circuíto de Nürburgring, "queimando a súa pel e case o cegado polo fume".[30] Máis tarde o galés recibiu o premio Prix Rouge et Blanc Jo Siffert award, por este logro[31].

1976

Antes do inicio da tempada 1976, Pryce e David Richards, o futuro xefe de Prodrive motorsports engineering company, participaron nun rally cun Lancia Stratos o Tour de Epynt. Desafortunadamente para Pryce, estrelouse contra unha ponte cando só levaba 16 km. da primeira etapa, pero aínda así competiu nos tramos da tarde despois de reconstruír o seu coche.[32]

Unha vez que a tempada do Campionato do Mundo de Fórmula Un púxose en marcha Pryce engadiu un segundo podio á súa conta, na primeira rolda en Brasil. Foi a expensas do seu compañeiro de equipo Jarier que marchaba diante de el, e que tivo un accidente debido a un charco de aceite na pista deixado polo McLaren de James Hunt. Ambos gozaron duns Shadows razoablemente competitivos durante as seguintes dúas carreiras en Kyalami e Long Beach. Con todo, os cambios nas regulacións nos automóbiles, orixinaron que os equipos tiveran que baixar as súas tomas de aire e montar os aleróns traseiros dos coches máis adiante, xunto coa revisión dos pneumáticos Goodyear, significaron que o Shadow DN5B perdera gran parte da súa competitividade, aínda que Pryce logrou puntuar en Gran Bretaña.[33] O novo Shadow DN8 non se presentou ata a duodécima rolda en Zandvoort, onde Pryce cualificou o novo coche en terceiro lugar, e terminou a carreira cuarto, que serían os últimos puntos da carreira de Pryce. O galés terminou 12º no Campionato de Pilotos con 10 puntos, 59 puntos detrás do campión do mundo James Hunt.

1977

Jarier deixou Shadow antes do inicio da tempada 1977 de Fórmula Un, para ATS, e foi substituído polo Italiano Renzo Zorzi. Zorzi foi posteriormente cualificado por Jackie Oliver, quen formaba parte do equipo de xestión de Shadow, como "o peor piloto que tivemos no equipo Shadow".[34] Pero, o novo fichaxe traía o patrocinio de Italia, aliviando a situación financeira dos Shadows. Pryce comezou a primeira carreira do ano en Arxentina no noveno lugar e foi co grupo de cabeza ata que fallou a caixa de cambios na volta 45 da carreira de 52 voltas. Logo dunha longa parada en boxes para reparar a avaría, non se clasificou. Pryce clasificou 12º na segunda rolda en Brasil, pero na volta 34 retirouse da carreira, cando marchaba en segundo lugar, como resultado dun fallo de motor.

Tom Pryce comezou o súa carreira final, o Gran Premio de Suráfrica de 1977 en Kyalami, marcando o mellor tempo na sesión da práctica do mércores, que tivo lugar baixo a choiva. Pryce rexistrou un tempo de 1 minuto 31´57 segundos, co segunda mellor tempo, o eventual campión do mundo de 1977 Niki Lauda, un segundo máis lento. O pista secou antes da sesión do xoves, e deslizouse cara a abaixo na grella ata o décimo quinto lugar, case dous segundos máis lento que o tempo da pole de James Hunt.[35]

O DN8 do galés fixo unha mala saída do Gran Premio e no final da primeira volta estaba no último lugar. Pryce empezou a remontar durante o par de voltas seguintes, superando a Brett Lunger e ao seu compañeiro de equipo Renzo Zorzi na segunda volta, e a Alex Ribeiro e Boy Hayje na volta seguinte. Na volta 18 Pryce pasara de 22º a 13º posición.[36]

A zona xusto logo de The Kink foi onde Pryce atropelou a Jansen Van Vuuren e a curva Crowthorne onde chocaron os autos de Pryce e Jacques Laffite. Pryce xa estaba morto.

Na volta 21, Zorzi arrimouse á esquerda da recta principal, xusto despois da cima dun outeiro e unha ponte sobre a pista. O italiano estaba tendo problemas coa súa bomba de gasolina, e o combustible bombéase directamente no motor, que logo se incendiou. Zorzi non saíu de inmediato do seu coche, xa que estaba experimentando problemas para desconectar o tubo de osíxeno do seu casco.[37]

A situación provocou que dous comisarios cruzaran a pista desde os pits do lado oposto para intervir. O primeiro comisario en cruzar a pista un chapista de 25 anos de idade chamado William (Bill). O segundo foi Frederik Jansen Van Vuuren de 19 anos, coñecido como Jansen Van Vuuren, que levaba un extintor de 40 libras.[37] George Witt, o xefe dos comisarios nos boxes para a carreira, dixo que a política do circuíto é que en circunstancias relacionadas cos incendios, deben asistir dous comisarios e dous máis actúan como apoio no caso de que os extintores non sexan o suficientemente eficaces. Witt tamén recordou que tanto Bill como Van Vuuren cruzaron a pista sen permiso previo.[38] Unicamente o primeiro o fixo de forma segura a través da pista, pero o último non o fixo. Cando os dous mozos comezaron a correr pola pista, catro coches pilotados por Hans-Joachim Stuck, Pryce, Jacques Laffite e Gunnar Nilsson saían da última curva para chegar á recta principal.

Pryce estaba xusto detrás do coche de Stuck na recta principal, Stuck ao ver a Van Vuuren desprazouse á dereita para evitar os dous comisarios, foi unha cuestión de "milímetros". Desde a súa posición directamente detrás, Pryce non puido ver a Van Vuuren e foi incapaz de reaccionar tan rápido como fixera Stuck. Golpeou ao comisario a aproximadamente 270 km/h. Van Vuuren foi lanzado polo aire e aterrou diante de Zorzi e Bill. Morreu no impacto, o seu corpo estaba literalmente esperpellado pola metade polo coche de Pryce.[39] O extintor que levaba estrelouse contra a cabeza de Pryce, antes de golpear o arco de seguridade do Shadow. A forza do impacto foi tal que o extintor saíu lanzado cara a arriba e sobre a tribuna adxacente. Chegou a terra no aparcadoiro na parte traseira do stand, onde golpeou un auto estacionado e atravesou a súa porta pechada.[40]

"Cando chegamos á cima de súpeto decateime do comisario correndo pola pista a miña dereita, levando un extintor. Tomei unha decisión e non sé como o esquivei. Non houbo tempo, só reaccionei por puro instinto"
Hans-Joachim Stuck

O impacto co extintor de incendios arrincara o casco de Pryce bruscamente cara a arriba, e foi parcialmente decapitado pola correa. A morte foi con toda seguridade instantánea. O Shadow DN8 de Pryce, agora co seu piloto morto ao volante, continuou a toda velocidade pola recta principal cara á primeira curva, chamada Crowthorne. O coche saíu da pista cara á dereita, raspando as barreiras de metal antes de virar de novo cara a pista logo de golpear unha entrada para vehículos de urxencia. A continuación, golpeou o Ligier de Jacques Laffite, enviando tanto a Pryce como a Laffite de fronte contra as barreiras. As lesións de Van Vuuren foron tan graves que, nun principio, o seu corpo foi identificado só despois de que o director da carreira convocara a todos os comisarios da carreira e viron cal non estaba entre eles.[41]

O gañador final da carreira final foi o austríaco Niki Lauda, sendo esta a súa primeira vitoria desde o seu case fatal accidente durante o Gran Premio de Alemaña de 1976. Ao principio dixo que era a maior vitoria da súa carreira, pero cando se lle dixo no podio a morte de Pryce, dixo que "non había ningunha alegría despois disto".[42]

A morte de Pryce, en particular a terrible natureza da mesma, levou unha gran dor a todos os que o coñeceron durante a súa carreira, ningún máis que á súa esposa Nella, os seus pais Jack e Gwyneth e o equipo Shadow. O seu corpo foi enterrado na igrexa de San Bartolomeu, en Otford, preto de Sevenoaks, Kent,[43] a mesma igrexa onde el e Nella casaron dous anos antes.

As actuacións de Pryce na Fórmula Un gañáronlle moito respecto entre o paddock da F1. O máis notable foi David Tremayne, quen bautizou ao seu fillo como o galés.[44] Ademais, creouse o Tom Pryce Award tamén coñecido como o Tom Pryce Trophy, e outórgase anualmente a personalidades de Gales que fagan unha contribución sobresaínte á condución ou o transporte.[45]

Logo do redeseño do Circuíto de Anglesey no norte de Gales chamase o Tom Pryce Straight logo dunha solicitude do concello de Ruthin. En 2006 fundouse unha asociación para crear un monumento a Pryce en Ruthin. Un artista local foi encargado polo concello de Ruthin en 2008 para deseñar unha placa de 8 x 4.[46][47] O monumento inaugurouse o 11 de xuño de 2009, no que sería o 60 aniversario de Pryce.[48]

Resultados Completos na Fórmula Un

[editar | editar a fonte]

(Chave) As carreiras en letra grosa indican pole position; as carreiras en cursiva indican volta rápida.

Ano Equipo Chasis Motor 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 13 14 15 16 17 Pos. Pts.
1974 Token Racing Token RJ02 Cosworth V8 ARX
BRA
RSA
ESP
BEL
Ret
MON
SWE
18º 1
UOP Shadow Racing Team Shadow DN3 NED
Ret
FRA
Ret
GBR
8
ALE
6
AUT
Ret
ITA
10
CAN
Ret
USA
NC
1975 UOP Shadow Racing Team Shadow DN3 Cosworth V8 ARX
12
BRA
Ret
10º 8
Shadow DN5 RSA
9
ESP
Ret
MON
Ret
BEL
6
SWE
Ret
NED
6
FRA
Ret
GBR
Ret
ALE
4
AUT
3
ITA
6
USA
NC
1976 Shadow Racing Team Shadow DN5B Cosworth V8 BRA
3
RSA
7
USW
Ret
ESP
8
BEL
10
MON
7
SWE
9
FRA
8
GBR
4
ALE
8
AUT
Ret
12º 10
Shadow DN8 NED
4
ITA
8
CAN
11
USA
Ret
XPN
Ret
1977 Shadow Racing Team Shadow DN8 Cosworth V8 ARX
NC
RSA
Ret
USW
ESP
MON
BEL
SWE
FRA
GBR
ALE
AUT
NED
ITA
USA
CAN
XPN
NC 0
Shadow DN5B BRA
Ret
  1. "Online auction for Pryce memorial". BBC News Online (BBC). 10 February 2009. Consultado o 14 January 2010. 
  2. "Tom Pryce Memorial". Tom Pryce Memorial Trust website. Tom Pryce Memorial Trust. 2009. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2012. Consultado o 14 January 2010. 
  3. Tom Pryce memorial commission Arquivado 24 de febreiro de 2011 en Wayback Machine., pictures of the construction, and date.
  4. 4,0 4,1 Tremayne. Lost Gen. p. 27. 
  5. Tremayne. Lost Gen. p. 120. 
  6. Tremayne. Lost Gen. p. 257. 
  7. Tremayne. Lost Gen. p. 34. 
  8. Tremayne. Lost Gen. p. 29. 
  9. Tremayne. Lost Gen. p. 30. 
  10. Tremayne. Lost Gen. p. 31. 
  11. Tremayne. Lost Gen. p. 35. 
  12. Tremayne. Lost Gen. p. 61. 
  13. Tremayne. Lost Gen. p. 56. 
  14. Tremayne. Lost Gen. p. 60. 
  15. Tremayne. Lost Gen. p. 62. 
  16. 16,0 16,1 Tremayne. Lost Gen. p. 70. 
  17. "GP Encyclopedia > Drivers > Tom Pryce". GrandPrix.com. Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2006. Consultado o 2006-09-11. 
  18. Tremayne. Lost Gen. p. 72. 
  19. 19,0 19,1 Tremayne. Lost Gen. pp. 127–129. 
  20. "Token Profile". F1Rejects.com. 15 September 2003. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2007. Consultado o 2006-09-26. 
  21. "1974 Monaco F3 Support Race results". Formula2.net. 4 August 2003. Consultado o 2007-03-15. 
  22. Tremayne. Lost Gen. pp. 135–136. 
  23. "Tom Pryce Profile at GPRacing.net". GPRacing.net. Arquivado dende o orixinal o 27 de marzo de 2006. Consultado o 2006-03-14. 
  24. "BBC North East Wales Sport - quotes". bbc.co.uk/Wales. Consultado o 2006-09-08. 
  25. Tremayne. Lost Gen. p. 150. 
  26. Tremayne. Lost Gen. p. 151. 
  27. Tremayne. Lost Gen. p. 153. 
  28. Gill (ed.). 1976 Motorsport yearbook. pp. 96–97. 
  29. Tremayne. Lost Gen. p. 158. 
  30. Gill (ed.). 1976 Motorsport yearbook. pp. 73–75. 
  31. Tremayne. Lost Gen. p. 189. 
  32. Tremayne. Lost Gen. pp. 214–218. 
  33. Tremayne. Lost Gen. p. 218. 
  34. Tremayne. Lost Gen. p. 252. 
  35. Tremayne. Lost Gen. pp. 231–232. 
  36. Tremayne. Lost Gen. pp. 232–233. 
  37. 37,0 37,1 Tremayne. Lost Gen. pp. 232–233.  Oxygen pipes were used to prevent drivers being suffocated if they were trapped in the car in a fire.
  38. Tremayne. Lost Gen. p. 239. 
  39. Tremayne. Lost Gen. p. 234. 
  40. Tremayne, David. Lost Gen. p. 235. 
  41. "Historic Racing > Tom Pryce". HistoricRacing.com. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2007. Consultado o 2006-11-23. 
  42. Tremayne. Lost Gen. p. 239. 
  43. "Find a Grave > Tom Pryce". FindaGrave.com. 26 January 2006. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2007. Consultado o 2006-11-21. 
  44. Finlay, David (23 October 2006). "The Lost Generation" book review > Tom Pryce". CarKeys.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 08 de xaneiro de 2008. Consultado o 2006-11-06. 
  45. "Tom Pryce Trophy". Welsh Group of Motoring Writers. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto de 2008. Consultado o 09 de novembro de 2013. 
  46. "Tom Pryce memorial". Arquivado dende o orixinal o 05 de febreiro de 2009. Consultado o 2009-02-03. 
  47. "Bid for F1 passes!". Inside F1, Inc. Consultado o 2009-02-03. 
  48. BBC Wales, information about Pryce, and the memorial.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Gill, Barrie, ed. (1976). The World Championship 1975 - John Player Motorsport yearbook 1976. Queen Anne Press Ltd. ISBN 0-362-00254-1. 
  • Tremayne, David (1991). Racers Apart: Memories of motorsport heroes. Reino Unido: Motor Racing Publications Ltd. ISBN 0-947981-58-6. 
  • Tremayne, David (2006). The Lost Generation. Haynes Publishing. ISBN 1-84425-205-1. 

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]
  • Official Formula One Website. Archive: Results for 1974–1977 seasons Formula1.com. Consultado o 11 de xaneiro de 2007