Risco
Aparencia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Homónimos: Activar o detector de homónimos. |
Risco pode referirse a:
- Vicente Risco, intelectual galego do século XX, membro da xeración Nós.
- Risco, un concello da provincia de Badaxoz.
Amais, o termo risco adoita referirse a un perigo, dano potencial que pode xurdir por un proceso presente ou acontecemento futuro:
- Riscos naturais, fenómenos físicos que poden producir un dano no medio ambiente e dar pé a desastres ou catástrofes naturais;
- Risco ambiental, a posibilidade de que se produza un dano ou catástrofe no medio ambiente debido a un fenómeno natural o a unha acción humana;
- Risco biolóxico (en inglés biohazard), a presenza dun organismo ou unha substancia derivada dun organismo, que xera unha ameaza á saúde humana;
- Avaliación do risco, un dos pasos que se utiliza nun proceso de xestión de riscos;
- Factor de risco, toda circunstancia ou situación que aumenta as probabilidades dunha persoa de contraer unha enfermidade.
- Risco, en electrónica é unha falla nun circuíto lóxico debido a un cambio na entrada;
- Risco, en arquitectura de computadores é un problema potencial que pode ocorrer nun procesador segmentado;
- Capital risco, en economía, son entidades financeiras cuxo obxecto principal consiste na toma de participacións temporais no capital de empresas non financeiras e de natureza non inmobiliaria.
- Risco bancario son os distintos tipos de riscos que afrontan as entidades bancarias cando levan a cabo as súas actividades.
- Risco financeiro é o risco derivado da volatilidade dos mercados financeiros e de crédito.