[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

René-Levasseur

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRené-Levasseur
Imaxe
Tipoilla Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaManicouagan, Canadá (pt) Traducir e Caniapiscau, Canadá (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 51°23′50″N 68°41′30″O / 51.3972, -68.6917
Bañado porLago Manicouagan Editar o valor en Wikidata
Características
Punto máis altoMonte Babel (Quebec) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  (952 m Editar o valor en Wikidata )
Superficie2.020 km² Editar o valor en Wikidata

A Illa René-Levasseur é unha grande illa no centro do lago Manicouagan no Quebec, o Canadá. O seu pico máis alto é o Monte Babel, de 952 m. Cunha superficie total de 2.020 km² (e un diámetro de 72 km), a illa é máis grande en superficie que o lago anular no cal está situada. A Illa de René-Levasseur é a segunda máis grande do mundo situada nun lago (a máis grande é a Illa Manitoulin no Lago Huron).[1]

A estrutura xeolóxica formouse polo impacto dun meteorito fai 214 millóns de anos. Crese que o meteorito tiña uns 5 quilómetros de diámetro e alcanzaría a Terra a unha velocidade de 17 km/s, o cuarto impacto máis potente coñecido que viu a Terra. O impacto do meteorito formou un cráter de aproximadamente 100 km de diámetro, cuxo centro forma a illa coñecida hoxe en día. Converteuse nunha illa artificial cando o encoro de Manicouagan inundouse en 1970, combinando dous lagos en forma de media lúa: o lago Mouchalagane no lado occidental e o lago Manicouagan no lado leste[2] é a illa artificial máis grande do mundo.

A illa chamouse así por René Levasseur, o enxeñeiro principal responsable da construción da represa Daniel-Johnson Dam no río Manicouagan, que creou a Reserva Manicouagan. A estrutura é o arco dique máis grande do mundo. Levasseur morreu á idade de 35 anos, poucos días antes da inauguración da presa.

O encoro Manicouagan, e a illa de René-Levasseur chámanse ás veces o "ollo de Quebec".

A illa é actualmente o tema dunha batalla legal en curso, xa que os Innu un dos pobos orixinarios de Betsiamites tomou accións legais para protexer a súa terra indíxena das tallas. O Tribunal de Apelacións do Quebec tomou unha decisión o 28 de abril de 2006, permitindo Kruger Inc para renovar as súas actividades loxísticas.

A Illa tamén é obxecto dunha campaña ambiental/ecolóxica que mete presión ao goberno de Québec para crear unha área protexida que abarque toda a illa. O grupo, SOS Levasseur[3] xurdiu en 2003 en parte debido ao interese que os grupos ambientalistas tradicionais de Québec demostraron durante as consultas ambientais. Todos os grupos recomendaron que a illa René-Levasseur fose protexida na súa totalidade. A Illa propúsoxe como un Parque Nacional Canadense, unha reserva ecolóxica, unha reserva de biodiversidade e un sitio xeolóxico excepcional. Parece haber unha concentración excepcional de vellos bosques boreais na illa.

SOS Levasseur realiza expedicións de investigación á Illa desde xaneiro de 2005, cuxo obxectivo é identificar os bosques antigos e obter a súa protección baixo a Lei Forestal do Quebec como Ecosistemas Forestais Excepcionais.

  1. "Largest Lake Islands of the World". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2011. Consultado o 2007-01-01. 
  2. Québec (ministère de l’Environnement) (Abril 2003). La réserve de biodiversité projetée de l'île René-Levasseur (PDF). Bureau d'audiences publiques sur l'environnement (en French) (Quebec City). p. 14. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 20 de decembro de 2018. Consultado o 2010-08-19. 
  3. "SOS Levasseur". soslevasseur.org. Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2014. Consultado o 19 de novembro de 2014.