[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Raboalzado mascarado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Raboalzado mascarado
Nomonyx dominicus

Nomonyx dominicus
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Oxyurinae
Xénero: Nomonyx
Ridgway, 1880
Especie: N. dominicus
Nome binomial
Nomonyx dominicus
(Linnaeus, 1766)
Área de distribución de N. dominicus
Área de distribución de N. dominicus

Área de distribución de N. dominicus
Subespecies
Véxase o texto
Sinonimia
Véxase o texto
En Rionegro, Antioquia, Colombia

O raboalzado mascarado (Nomonyx dominicus) é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos oxiurinos, a única incluída no xénero Nomonyx.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1880 polo naturalista e ornitólogo estadounidense Robert Ridgway.[2]

Sinónimos da especie

[editar | editar a fonte]

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[2]

  • Anas dominica Linnaeus, 1766 (protónimo)
  • Nomonix dominicus (Linnaeus, 1766)
  • Nomonyx dominica (Linnaeus, 1766)
  • Oxyura dominica (Linnaeus, 1766)
  • Oxyura dominica dominica Sibley & Monroe, 1990

Subespecies

[editar | editar a fonte]

Recoñécense as dúas subespecies:[2]

  • Nomonyx dominicus dominicus Sibley & Monroe, 1990
  • Nomonyx dominicus jamaicensis Sibley & Monroe, 1990

Nota taxonómica

[editar | editar a fonte]

O único membro do xénero Nomonyx é intermedio entre o bastante primitivo Heteronetta atricapilla e os moi apomorfos patos de cola ríxida (do xénero Oxyura). Ás veces inclúese con este último xénero, pero ao parecer é descendente dun elo perdido na evolución dos oxiurinos, que cambiaron, pero pouco, durante millóns de anos.[3][4]

Distribución é hábitat

[editar | editar a fonte]

Distribución

[editar | editar a fonte]

O raboalzado mascarado encóntrase no sur de América do Norte, Centroamérica e América do Sur. Está presente nas Antillas.[1]

Habita nas zonas pantanosas tropicais. Tense visto nos mangleirais. Está documentado desde o nivel do mar até os 800 msnm.

Características

[editar | editar a fonte]

Mide de 30 a 35 cm de lonxitude, e a súa masa corporal oscila entre os 300 e os 400 g.

É máis confiado que outras especies de oxiurinos, pero ocúltase entre a vexetación.

Flota semiafundido. Non eleva a cola. É máis voador que o resto dos patos mergulladores, mostrando unha mancha central nas ás. Presenta a carúncula, a cara e a barba negras. O dorso está manchado de negro. A femia presenta dúas notábeis fraxas ocráceas na cara, amourada, pero non presenta a coloración avermellada no pescozo e na caluga do macho.

Nutrición

[editar | editar a fonte]

Este pato aliméntanse principalmente de sementes, raíces, caules e follas de plantas acuáticas.[5] Tamén comen insectos acuáticos e crustáceos. Aliméntanse mergullando.

Reprodución

[editar | editar a fonte]

Reprodúcese en calquera corpo de auga doce con vexetación pantanosa e rodeados dunha densa cobertura arbórea.

A niñada consiste de catro a seis ovos, aínda que se han rexistraron niñadas de até dez e oioto ovos. A incubación dura uns 28 días.

Estado de conservación

[editar | editar a fonte]

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, tendo en conta que esta especie ten unha área de distribución extraordinariamente grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución, qua a tendencia de poboación parece ser estábel e, polo tanto, a especie non se aproxima aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia de poboación. O tamaño da poboación podería estar dentro dun amplo rango de moderadamente pequeno a moi grande, pero non se pensa que se aproxime aos limiares de vulnerábel baixo o criterio do tamaño da poboación. Por estes motivos o status da especie é avaliada como LC (pouco preocupante).[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2021): Nomonyx dominicus na Lista vermella da UICN. Versión 2022. Consultada o 27 de outubro de 2022.
  2. 2,0 2,1 2,2 Nomonyx dominicus (Linnaeus, 1766) no GBIF. Consultado o 27 de outubro de 2022.
  3. Livezey, Bradley C. (1986). "A phylogenetic analysis of recent anseriform genera using morphological characters". Auk 103 (4): 737–754. 
  4. McCracken, Kevin G.; Harshman, John; McClellan, David A.; Afton, Alan D. (1999). "Data set incongruence and correlated character evolution: An example of functional convergence in the hind-limbs of stifftail diving ducks" (PDF). Systematic Biology 48: 683–714. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de xuño de 2011. Consultado o 27 de outubro de 2022. 
  5. Nomonyx dominicus en The Online Guide to the Animals of Trinidad and Tobago].

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]