[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Raymond Carver

1000 12/16
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Modelo:BiografíaRaymond Carver

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinalRaymond Clevie Carver Jr.
Biografía
Nacemento25 de maio de 1938 Editar o valor en Wikidata
Clatskanie, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte2 de agosto de 1988 (50 anos)
Port Angeles, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Causa da mortecancro de pulmón Editar o valor en Wikidata
País de nacionalidade estadounidense
EducaciónUniversidade Stanford
A.C. Davis High School (en) Traducir
California State University, Chico (en) Traducir
Universidade Harvard
California State Polytechnic University, Humboldt (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional, Prosa, conto, poesía e escritura creativa Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónescritor, prosista, mestre, novelista, poeta, guionista, escritor de contos Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1958 Editar o valor en Wikidata -
EmpregadorUniversidade de Syracuse Editar o valor en Wikidata
Membro de
ProfesoresJohn Gardner (escritor) Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeTess Gallagher Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0142577 Allocine: 42605 Allmovie: p316495
BNE: XX1134324 Musicbrainz: f4520a09-9ef8-4a08-ba6b-2e4a20a58479 Discogs: 1565991 WikiTree: Carver-5557 Find a Grave: 9918140 Editar o valor en Wikidata


Raymond Clevie Carver Jr., nado en Clatskanie (Oregón) o 25 de maio de 1938 e finado en Port Angeles (Washington) o 2 de agosto de 1988, foi un escritor estadounidense encadrado no chamado Realismo sucio.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Carver medrou en Yakima (Washington). O seu pai traballaba nun serradoiro e era alcólico. A súa nai traballaba como camareira e vendedora. Tivo un único irmán chamado James Franklyn Carver, nado en 1939.

Perante algún tempo, Carver estudou baixo a tutela do escritor John Gardner, no Chico State College, en Chico (California). Publicou unha morea de relatos en revistas e xornais, incluíndo o New Yorker e o Esquire nos que falaba da vida dos obreiros e xente das clases desfavorecidas da sociedade norteamericana. As súas historias foron incluídas nalgunhas das máis prestixiosas compilacións estadounidenses: Best American Short Stories e o Premio O. Henry de relatos curtos.

Carver estivo casado dúas veces. A súa segunda dona foi a poeta Tess Galagher. Alcólico perante a meirande parte da súa vida, Carver reflictiu nos seus relatos os efectos desta dependencia, especialmente nos seus personaxes protagonistas. Era un grande amigo de Tobias Wolff e de Richard Ford, escritores pertencentes tamén ó realismo sucio.

En 1988 foi investido pola Academia Americana das Artes e das Letras.

Realismo sucio

[editar | editar a fonte]

Os críticos asocian os escritos de Carver ó minimalismo e considérano como o pai do realismo sucio. Na época da súa morte, Carver estaba considerado un escritor de moda, unha icona que América "non podería darse o luxo de perder", segundo Richard Gottlieb, daquela director da revista New Yorker. Sen dúbida era o seu mellor contador, se cadra o mellor do século xunto con Antón Chéjov, en palabras do escritor chileno Roberto Bolaño. Ó fío desta idea hai que destacar un soberbio conto adicado ós derradeiros días do referido escritor ruso de nome Tres Rosas Amarelas. En 2008 abriu en Madrid a primeira libraría especializada en relatos curtos de España e os seus donos a chamaron "Tres Rosas Amarelas" en honra a este autor.

O seu editor en Esquire, Gordon Lish, exerceu un papel decisivo en concibir o estilo da prosa de Carver. Por exemplo, onde Gardner recomendaba a Carver usas 15 palabras no lugar de 25, Lish instábao a usar 5 no lugar de 15. Perante ese tempo, Carver tamén enviou a súa poesía a James Dickey, daquela editor de poesía da revista Esquire.

Carver morreu de cancro de pulmón con 50 anos de idade.

  • Neighbors
  • They’re Not Your Husband
  • Vitamins
  • Queres facer o favor de calar, por favor?[1] (orix. Will You Please Be Quiet, Please?)
  • So Much Water So Close to Home
  • A Small, Good Thing
  • Jerry and Molly and Sam
  • Collectors
  • Tell the Women We’re Going
  • What We Talk About When We Talk About Love
  • Furious Seasons
  • Cathedral
  • Where I'm Calling From: New and Selected Stories
  • Elephant
  • Short Cuts
  • All of Us: The Collected Poems
  • A New Path to the Waterfall
  • Ultramarine
  • Where Water Comes Together with Other Water
  • At Night the Salmon Move
  • Winter Insomnia
  • Near Klamath
  • So Much Water So Close To Home

Compilacións

[editar | editar a fonte]
  • Fires
  • No Heroics, Please
  • Call if you Need Me
  • Where I'm Calling From
  1. Traducido por Moisés Barcia (Rinoceronte, 2022).