[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Rosa Valdeón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRosa Valdeón

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Rosa María Valdeón Santiago Editar o valor en Wikidata
1960 Editar o valor en Wikidata (63/64 anos)
Toro, España Editar o valor en Wikidata
Procuradora nas Cortes de Castela e León
16 de xuño de 2015 – 3 de novembro de 2017

Circunscrición electoral: Zamora (en) Traducir

Procuradora nas Cortes de Castela e León
17 de xuño de 2003 – 18 de xuño de 2007

Circunscrición electoral: Salamanca (en) Traducir

Alcaldesa de Zamora
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Salamanca Editar o valor en Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Zamora Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónpolítica, médica Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Popular Editar o valor en Wikidata

Rosa María Valdeón Santiago, nada en Toro o 17 de decembro de 1960, é unha política española do Partido Popular. É licenciada en Medicina pola Universidade de Salamanca. En 2007 foi elixida alcaldesa de Zamora.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Cursou estudos de bacharelato no Instituto Cardenal Pardo Tavera, na súa vila natal. Máis tarde licenciouse en Medicina e Cirurxía na Universidade de Salamanca, o que fixo que a maior parte da súa carreira profesional se desenvolvese no sector sanitario:[2]

  • Inspectora Médica da Seguridade Social.
  • Xefa da Área de Inspección do INSALUD en Zamora.
  • Especializada en Recursos Humanos e Planificación Sanitaria.
  • Directora do hospital Los Montalvos de Salamanca (1997).
  • Cooperante en proxectos da ONG Médicos do Mundo, nos campos de refuxiados saharauís de Tindouf (Alxeria).

Actividade política

[editar | editar a fonte]

En canto á súa vida política, como profesional sanitario exerceu de médica e inspectora médica e foi incorporada ao traballo político polo actual (2013) conselleiro da Presidencia da Xunta de Castela-León, José Antonio de Santiago-Juárez, en atención ás súas capacidades profesionais.[3] Ocupou nun principio un alto cargo na Consellaría de Sanidade para máis tarde entrar na política autonómica como Conselleira de Familia e Igualdade de Oportunidades.

No 2007, o presidente da Xunta de Castela e León, e do PP rexional, Juan Vicente Herrera, decidiu que fose ela quen ocupase a candidatura á alcaldía de Zamora. A súa vida política polo tanto, segue as seguintes etapas:

  • Do 2001 ao 2003 ocupou o cargo de directora xeral de Saúde Pública na Xunta de Castela e León, para seguidamente ocupar praza de procuradora das Cortes de Castela e León no período 2003-2007 e, paralelamente, tomar posesión como conselleira de Familia e Igualdade de Oportunidades na mesma institución rexional, un dos departamentos con maior dotación orzamentaria da Xunta de Castela e León.[4]
  • No 2007 abandonou o seu cargo no executivo autonómico para converterse na candidata do PP á Alcaldía de Zamora, posto que logrou a pesar de perder a maioría absoluta da súa formación.[5] É a primeira muller que desempeña dito cargo na cidade de Zamora.

Por outra parte, durante o seu goberno municipal ocupa os seguintes postos e cargos no Partido Popular:[2]

  1. "La hora del cambio". El Mundo (en español). Consultado o 23 de maio de 2013. 
  2. 2,0 2,1 Concello de Zamora (ed.). "Biografía, Rosa María Valdeón Santiago" (en español). Arquivado dende o orixinal o 04 de maio de 2013. Consultado o 23 da maio de 2013. 
  3. "Rosa Valdeón, la cara más social del PP". El Norte de Castilla (en español). Consultado o 23 de maio de 2013. 
  4. "Rosa Valdeón, candidata del PP a la Alcaldía de Zamora: «Voy a luchar porque la Junta financie el cien por cien del nuevo puente de Zamora»". La Opinion de Zamora (en español). Consultado o 23 de maio de 2013. 
  5. http://www.nortecastilla.es/20070528/castilla/queda-valladolid-psoe-palencia_200705280021.html