[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Roman Avdeev

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoman Avdeev

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento17 de xullo de 1967 Editar o valor en Wikidata (57 anos)
Odintsovo (Unión Soviética) Editar o valor en Wikidata
EducaciónMoscow Power Engineering Institute (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbanqueiro Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1994 Editar o valor en Wikidata -
Premios

Sitio webromanavdeev.ru… Editar o valor en Wikidata
Twitter: AvdeevRoman Instagram: roman.avdeev67 Editar o valor en Wikidata

Roman Ivanovich Avdeev, (en ruso: Рома́н Ива́нович Авде́ев), nado en Odintsovo o 17 de xuño de 1962, é un empresario e banqueiro ruso.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou ata rematar secundaria na súa localidade natal e en 1984 principiou estudos no Instituto de Enxeñería Electrotécnica de Moscova e ao final do segundo ano tivo que realizar durante dous anos o servizo militar obrigatorio[1]. Coa perestroika en 1989[2] estableceu unha cooperativa dedicada á venda de descodificadores PAL-SECAM e colaborou coa compañía ucraína Elektronmash[3] para importar ordenadores. En 1994 mercou o Moskovskii Kreditnii Bank, creado dous anos antes, gañando ao longo do resto da década de 1990 boa parte da súa fortuna pola xestión de efectivo do pequeno comercio[4]. En 1996 graduouse en enxeñería civil na Universidade Técnica Estatal de Lipetsk e nese ano fíxose co control dunha fábrica de azucre no óblast de Lipetsk e mercou terreos agrícolas na súa contorna que formou a base para un conglomerado agrícola, que chegou a producir o 3% do azucre ruso e que vendeu entre 2005 e 2008. En 2006 estableceu Rossium Concern como compañía de investimentos e por medio da que controla o Moskovskii Dreditnii Bank[5], non obstante, en 2008 Avdeev deixou de ter unha posición exectuviva no banco; por medio da súa compañía de investimentos tamén controla terreo urbanizable e agrícola, así como unha parte da rede de farmacias 36.6. En 2010 creou a súa propia inmobiliaria, Domus Finans que incluíu en 2012 no grupo Ingrad de desenvolvemento urbanístico que se fusionou en 2017 con OPIN para dar lugar a PAO Ingrad[6]. En 2017 fíxose coa propiedade do FC Torpedo de Moscova [7]