[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Punto cardinal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Puntos cardinais»)
Puntos cardinais.

Os puntos cardinais son as catro direccións derivadas do movemento de rotación terrestre que conforman un sistema de referencia cartesiano para representar a orientación nun mapa ou na propia superficie terrestre. Estes puntos cardinais son o leste, que vén sinalado polo lugar aproximado onde sae o Sol cada día; o oeste, o punto indicado polo ocaso do sol no seu movemento aparente, e considerando a liña leste-oeste como o eixo das abscisas nun sistema de coordenadas xeográficas, o eixo das coordenadas estaría descrito por liña norte-sur. Esta composición xera catro ángulos de noventa graos que á súa vez se dividen polas bisectrices, xerando noroeste, suroeste, nordés e sueste. Repítese a mesma operación e obtense a Rosa dos ventos que é usada en navegación desde séculos ancestrais e cobre as 32 direccións principais do movemento na superficie terrestre.

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]
Rosa dos ventos cos símbolos dos 16 puntos: 4 puntos cardinais, 4 puntos colaterais e 8 puntos subcolaterais.
Rosa dos ventos cos nomes dos 16 puntos: 4 puntos cardinais, 4 puntos colaterais e 8 puntos subcolaterais.

A palabra cardinal derívase do nome latino «cardo», que identificaba, nas cidades romanas, á rúa trazada de norte a sur e que pasaba polo centro da cidade. Isto significa que o único punto verdadeiramente cardinal, polo menos desde o punto de vista etimolóxico, debería ser o norte e en menor grao, o sur. Por iso úsase a expresión «dunha importancia cardinal» cando se quere resaltar esa importancia. Dos puntos cardinais, é o norte o que identifica a dirección da orientación polo que adoita dicirse en sentido figurado que unha persoa perdeu o seu norte cando se atopa desorientada ou perdeu o seu rumbo. Con todo, esta idea resulta case paradoxal, no sentido de que para orientarse, as persoas adoitan situar primeiro o leste ou o oeste ou o sur no hemisferio norte en horas do mediodía, mentres que o norte non resulta tan evidente (salvo no hemisferio sur tamén en horas do mediodía). De feito, o leste tamén recibe o nome de Oriente porque a saída do sol polo leste serviu tradicionalmente para orientarnos nun lugar determinado.

Coñécense tamén os puntos cardinais como as catro direccións ou puntos principais do compás, polas súas iniciais en inglés, N (norte), S (sur), E (east) e W (west).

Os nomes dos puntos cardinais son de orixe xermánica (Nordri = norte, Sudri = sur, Austri = leste e Vestri = oeste; na Mitoloxía escandinava) e incorporáronse nunha época relativamente recente á lingua galega e ao resto das linguas derivadas do latín. Antes desta incorporación xermánica, os nomes dos puntos cardinais en galego eran:

O termo Mediodía tamén se refire á rexión meridional dun país no Hemisferio Norte, especialmente en Italia (Mezzogiorno) e en Francia (Midi), precisamente porque estas rexións se sitúan cara ao lado onde se atopa o sol ao mediodía con relación ao resto do país.

Puntos colaterais

[editar | editar a fonte]
  • Nordés ou nordeste, punto do horizonte entre o norte e o leste e a igual distancia de ambos. O seu símbolo é NL ou NE.
  • Sueste, punto do horizonte situado entre o sur e o leste. O seu símbolo é SL ou SE.
  • Suroeste, punto do horizonte situado entre o sur e o oeste. O seu símbolo é SO ou SW.
  • Noroeste, punto do horizonte entre o norte e o oeste e a igual distancia de ambos. O seu símbolo é NO ou NW.

Ao compor de novo para obter os dezaseis puntos subcolaterais, é preciso pór o "l" outra vez cando a palabra resultante comezar por "Este".

  • Nor-nordés ou nor-nordeste, iniciais NNL ou NNE, é o intermedio entre o norte e o nordés.
  • Les-nordés ou les-nordeste, iniciais LNL ou ENE, é o intermedio entre o leste e o nordés.
  • Les-sueste, iniciais LSL ou ESE, é o intermedio entre o leste e o sueste.
  • Sur-sueste, iniciais SSL ou SSE, é o intermedio entre o sur e o sueste.
  • Sur-suroeste, iniciais SSO ou SSW, é o intermedio entre o sur e o suroeste.
  • Oés-suroeste, iniciais OSO ou WSW, é o intermedio entre o oeste e o suroeste.
  • Oés-noroeste, iniciais ONO ou WNW, é o intermedio entre o oeste e o noroeste.
  • Nor-noroeste, iniciais NNO ou NNW, é o intermedio entre o norte e o noroeste.

Pódese continuar a compor recursivamente, aínda que é pouco usual nomear puntos menores que os subcolaterais.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]