[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Primorial

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

En matemáticas, e máis particularmente en teoría de números, o primorial, denotado por "#", é unha función de números naturais a números naturais semellante á función factorial, mais en lugar de multiplicar sucesivamente números enteiros positivos, a función só multiplica os números primos .

O nome "primorial", acuñado por Harvey Dubner, fai unha analoxía cos primos semellante á forma en que o nome "factorial" se relaciona cos factores.

Definición con números primos

[editar | editar a fonte]
pn# en función de n, representado logarítmicamente.

Para o n-ésimo número primo pn, o primorial pn# defínese como o produto dos n primeiros primos: [1]

,

onde pk é o k-ésimo número primo. Por exemplo, p5# significa o produto dos 5 primeiros primos:

Os cinco primeiros primoriais pn# son:

2, 6, 30, 210, 2310 (secuencia A002110 na OEIS).

A secuencia tamén inclúe p0# = 1 como produto baleiro . Asintoticamente, os primoriais pn# medran segundo:

onde o( ) é a notación O pequeno.[1]

Definición con números naturais

[editar | editar a fonte]
n! (amarelo) en función de n, en comparación con n# (vermello), ambos os dous representados logarítmicamente.

En xeral, para un enteiro positivo n, o seu primorial, n#, é o produto dos primos que non son maiores que n; é dicir, [2]

 ,

onde π(n) é a función de contaxe de números primos (secuencia A000720 na OEIS), que dá o número de primos ≤ n.

Por exemplo, 12# representa o produto deses números primos ≤ 12:

Por tanto coas dúas nomenclaturas temos:

Datos relacionados

[editar | editar a fonte]
  • Dado que achégase asintóticamente a n para valores grandes de n, os primoriais crecen segundo:
  • Para o Primorial, coñécese a seguinte aproximación:[3]
.
A maiores: . Para , os valores son máis pequenos que e, [4] pero para n maior, os valores da función superan o límite e e oscilan infinitamente arredor de e máis adiante.
  • Sexa o k-ésimo primo, entón ten exactamente divisores. Por exemplo, ten 2 divisores, ten 4 divisores, ten 8 divisores e xa ten divisores, xa que 97 é o 25º primo.
  • A suma dos valores recíprocos do primorial converxe cara a unha constante
A expansión de Engel deste número dá como resultado a secuencia dos números primos (Ver (secuencia A064648 na OEIS))
  1. 1,0 1,1 (secuencia A002110 na OEIS)
  2. (secuencia A034386 na OEIS)
  3. G. H. Hardy, E. M. Wright: An Introduction to the Theory of Numbers.
  4. L. Schoenfeld: Sharper bounds for the Chebyshev functions and .

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • Dubner, Harvey (1987). "Factorial and primorial primes". J. Recr. Math. 19: 197–203. 

Outros artigos

[editar | editar a fonte]