[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Pierre George

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaPierre George
Biografía
Nacemento11 de outubro de 1909 Editar o valor en Wikidata
París, Francia Editar o valor en Wikidata
Morte11 de setembro de 2006 Editar o valor en Wikidata (96 anos)
Châtenay-Malabry, Francia Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxeógrafo, Demógrafo Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto de Estudos Políticos de París
Universidade de París
Prytanée National Militaire (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Comunista Francés Editar o valor en Wikidata
Membro de
Obra
Obras destacables
DoutorandoSerge Vassal (en) Traducir e Monique Bourin (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJean-Pierre George, François George Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1152959

Pierre George, nado en París o 11 de outubro de 1909 e finado en Châtenay-Malabry o 11 de setembro de 2006, foi un xeógrafo francés. En 1980 foi elixido como membro da Académie des sciences morales et politiques, ocupando a cadeira do historiador Marcel Dunan.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Logo de graduarse, George obtivo primeiramente a agregaduría de historia e xeografía, ensinando no Prytanée national militaire da Flèche, no liceo de Montpellier, nos liceos "Charlemagne" de París e Lakanal de Sceaux. Defendeu a súa tese, sobre a rexión do Bas-Rhône (Baixo-Ródano), en 1934. Pasou de seguido á universidade, como mestre de conferencias en Lille (1946-1948), e logo na Sorbona (1948-1953). Pasou a ser profesor en 1953, continuando na Sorbona, onde impartíu aulas de Xeografía humana, até 1977. Desde 1973 a 1977, dirixiu o Institut de démographie da Universidade de París. Entre 1946 e 1978, ensinou tamén no Instituto de Estudos Políticos de París.

Pierre George deu clases, con frecuencia, tamén en universidades de diversos países: Tunes (1961, 1963, 1964), Salvador de Baía (1962), Buenos Aires e La Plata (1965, 1969), Valparaíso (1966), Montreal (1967), São Paulo (1968), Otava (1973, 1975), Toronto (1975), Caracas (1977) e México (1978, 1980, 1982, 1984).

Membro do Comité de vixilancia dos intelectuais antifascistas, George afiliouse ao Partido Comunista Francés en 1936. O seu interese pola Unión Soviética levouno a aprender ruso, a fin de informar para Bibliographie géographique internationale sobre artigos xeográficos publicados nese país. En 1947, publicou unha obra xeográfica acerca da Unión Soviética, que foi o primeiro libro importante en lingua francesa sobre o asunto. En 1951, no Institut national d'études démographiques, publicou unha Introduction à l'étude géographique de la population dans le monde (Introdución ao estudo xeográfico da poboación no mundo) que abriu unha longa colaboración con Alfred Sauvy e outros demógrafos.

Autor moi prolífico publicou en 1995 Le Temps des collines (O tempo dos outeiros) na edicións de La Table Ronde. Nas Presses universitaires de France o internacionalmente coñecido PUF, foi autor de numerosos libros da colección «Que sais-je ?». Dirixiu tamén un Dictionnaire de la Géographie (1970) (Dicionario de Xeografía). Os seus libros circularon en España en traducións, publicadas, polo xeral, na editorial Ariel; de entre elas cómpre destacar a súa "Geografía económica", que acadou numerosísimas edicións.

Publicacións de P. George

[editar | editar a fonte]
  • 1935 - La Région du Bas-Rhône, étude de géographie régionale (tese).
  • 1935 - Trois rivières de Bocage (en colaboración).
  • 1936 - La Forêt de Bercé (tese complementaria).
  • 1938 - Études géographiques sur le Bas-Languedoc.
  • 1938 - Géographie économique et sociale de la France.
  • 1941 - Les Pays de la Saône et du Rhône.
  • 1942 - Géographie des Alpes.
  • 1945 - Géographie sociale du monde.
  • 1945 - L'Économie de l'URSS, colec. « Que sais-je ? ».
  • 1946 - L'Économie des États-Unis.
  • 1946 - Géographie agricole du monde.
  • 1946 - Les Régions polaires.
  • 1947 - Le Problème allemand en Tchécoslovaquie.
  • 1947 - Géographie industrielle du monde.
  • 1947 - L'URSS.
  • 1947 - Problèmes de la paix (en colaboración).
  • 1949 - L'Économie de l'Europe centrale, slave et danubienne.
  • 1950 - Géographie de l'énergie.
  • 1951 - Introduction à l'étude géographique de la population du monde.
  • 1952 - La Ville, le fait urbain à travers le monde.
  • 1952 - Les Grands Marchés du monde.
  • 1954 - L'Europe centrale, 2 volumes (en colaboración).
  • 1956 - La Campagne. Le fait rural à travers le monde.
  • 1956 - Précis de géographie économique.
  • 1959 - Questions de géographie de la population.
  • 1959 - La Région parisienne (en colaboración).
  • 1961 - Précis de géographie urbaine.
  • 1963 - Géographie de la consommation.
  • 1963 - Géographie de l'URSS, colec. « Que sais-je ? ».
  • 1963 - Précis de géographie rurale.
  • 1963 - Panorama du monde actuel.
  • 1964 - Géographie active (en colaboración).
  • 1964 - L'Europe des marchands et des navigateurs (en colaboración).
  • 1965 - Géographie de la population.
  • 1965 - Géographie de l'Italie.
  • 1966 - Sociologie et géographie.
  • 1967 - La France.
  • 1967 - Belgique, Pays-Bas, Luxembourg (en colaboración).
  • 1967 - Les Républiques socialistes d'Europe centrale (en colaboración).
  • 1968 - L'Action humaine.
  • 1969 - Population et peuplement.
  • 1970 - Les Méthodes de la géographie.
  • 1970 - Dictionnaire de la géographie (en colaboración).
  • 1971 - Géographie des États-Unis.
  • 1971 - L'Environnement.
  • 1973 - Géographie de l'électricité.
  • 1974 - L'Ère des techniques : constructions ou destructions ?.
  • 1976 - Les Migrations internationales de populations.
  • 1978 - Les Populations actives : essai sur la géographie du travail.
  • 1979 - Le Québec.
  • 1980 - Société en mutation.
  • 1981 - Géographie des inégalités.
  • 1982 - Fin de siècle en Occident: déclin ou métamorphose ?.
  • 1984 - Géopolitique des minorités.
  • 1986 - L'Immigration en France.
  • 1989 - La Terre et les hommes, atelier des géographes.
  • 1989 - Avignon, une ville du passé et du présent.
  • 1990 - Le Métier de géographe : un demi-siècle de géographie.
  • 1992 - La Géographie à la poursuite de l'histoire.
  • 1994 - Chronique géographique du XXe siècle.
  • 1995 - Le Temps des collines.

Distincións

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]