Peramelemorfos
Peramelemorfos Peramelemorphia Rango fósil: oligoceno - actualidade | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Bandicut taxidermizado | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Familias | |||||||||||||||||||
|
A dos peramelemorfos (Peramelemorphia) é unha orde de mamíferos marsupiais do clado (ou magnorde, ou superorde, segundo as clasificacións) dos australidelfos.
Esta orde inclúe os bandicuts e os bilbís, que son denominados ás veces, debido aos seus hábitos alimentarios, marsupiais omnívoros, xa que, a pesar de posuíren unha dentición de tipo carnívoro (poliprotodonte), presentan, en grao variábel, unha dieta omnívora.[1]
Todos os membros da orde son endémicos de Australia e Nova Guinea, e a maioría teñen a forma característica do bandicut: un corpo rechoncho, arqueado cara a atrás, cabeza cun fociño longo, delicado e aguzado, orellas verticais moi grandes, e patas relativamente longas e finas, igual que a cola.
O seu peso varía desde os 140 g até os 2 kg, pero a maioría das especies roldan o peso dun gato pequeno: ao redor de 1 kg.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]A orde foi establecida en 1889 polo naturalista arxentino Florentino Ameghino.[2]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O nome científico da orde, Peramelemorphia, está formado sobre a base do nome Perameles, o xénero tipo da familia dos peramélidos (Peramelidae), coa adición da forma sufixa do latín científico -morphia, usada para crear nomes taxonómicos de animais (sobre todo a nivel de infraclase), que á súa vez está formada polo sufixo -morpha, forma plural de -morphus, derivada do grego antigo μορφή morphḗ, "forma", "aparencia", e o desinencia -ia, do latín científico, tomada do latín clásico -ia ou do grago antigo -ία -ía (ou -εια -eia), usada para formar substantivos abstractos de xénero feminino, utilizada para formar nomes taxonómicos (sobre todo, engadíndoa a nomes de xénero tirados dun autor).
Pola súa parte, Perameles (que significa "teixugo con bolsa") é un termo de etimoloxía híbrida (o que no é recomendábel na nomenclatura científica), xa que deriva do grego antigo πήρα pḗra, "bolsa", "saco", e do latín mēlēs, "teixugo".[3]
É dicir que, literalmente, a pouco ortodoxa etimoloxía de Peramelemorphia significa "os parecidos ao teixugo con bolsa" (aludindo ao marsupio).
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais de polo nome orixinario, a orde coñécese tamén polos sinónimos.[2]
- Peramelia
- Perameliformes
- Perameloidea
Familias
[editar | editar a fonte]A maioría dos autores recoñecen nesta orde as seguintes tres familias con especies vivas:[2][4]
Orde Peramelemorphia
- Familia Chaeropodidae Gill, 1872
- Familia Peramelidae Gray, 1825
- Familia Thylacomyidae Bensley, 1903
Ás que hai que engadir a familia dos Yaralidae Muirhead & Filan, 1995, actualmente extinta.
Porén, o National Center for Biotechnology Information non admite a familia dos Thylacomyidae.[5]
Filoxenia
[editar | editar a fonte]—o Orde Peramelemorphia Ameghino, 1889
|-o Familia Chaeropodidae Gill, 1872 (‡) | `-- Xénero Chaeropus Ogilby, 1838 |-o Familia Peramelidae (Gray, 1825) | |-o Subfamilia Echymiperinae McKenna & Bell, 1997 | | |-- Xénero Echymipera Lesson, 1842 | | |-- Xénero Microperoryctes Stein, 1932 | | `—Xénero Rhynchomeles Thomas, 1920 | |-o Subfamilia Peramelinae (Gray, 1825) | | |-- Xénero Ischnodon Stirton, 1955 (†) | | |-- Xénero Isoodon Desmarest, 1817 | | `-- Xénero Perameles Geoffroy Saint-Hilaire, 1804 | `-o Subfamilia Peroryctinae (Archer et al., 1989) | `- Xénero Peroryctes Thomas, 1906 |-o Familia Thylacomyidae Bensley, 1903 | `—Xénero Macrotis Reid, 1836 `-o Familia Yaralidae Muirhead & Filan, 1995 (†) `—Xénero Yarala Muirhead & Filan, 1995 (†)
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Rodríguez de la Fuente, Félix (1970): "Cuestión de dientes y patas", en Enciclopedia Salvat de la Fauna, Tomo 9, Australia e islas, pp. 156-160. Pamplona: Salvat, S. A. de Ediciones.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Peramelemorphia en MSW.
- ↑ Perameles no Oxford Englihs Dictionary.
- ↑ Peramelemorphia no SIIT.
- ↑ Peramelemorphia no NCBI.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peramelemorfos |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Grzimek, B., Schlager, N. & Olendorf, D (2003): Grzimek's Animal Life Encyclopedia. Detroit: Thomson Gale.
- Macdonald, D. & Norris, S., eds (2006): Bandicoots. pp. 824–827 en The Encyclopedia of Mammals, Vol. 1, Fourth Edition. Londres: The Brown Reference Group.
- McKenna, M. C. & Bell, S. K. (1997): Classification of Mammals Above the Species Level. Nova York: Columbia University Press. ISBN 0-231-11013-8.
- Rowland, P. & Strahan, R., eds. (1995): The Mammals of Australia. Washington, D.C.: Smithsonian Institution Press.
- Seebeck, J. (1990): Bandicoots and Bilbies. Norton, Australia: Surrey Beatty and Sons in association with the Australian Mammal Society.
- Vaughan, T. A. (1986): Mammalogy. Third Edition. Fort Worth, Texas: Saunders College Publishing.
- Vaughan, T. A.; J. M. Ryan & N. J. Czaplewski (2000): Mammalogy. Fourth Edition. Philadelphia, Pennsylvania: Saunders College Publishing.
- Wilson, D. E. & Reeder D. M. (editores) (2005): Dasyuromorphia en Mammal Species of the World. A Taxonomic and Geographic Reference, 2 vol. 3ª ed. Baltimore, Maryland, EE. UU.: Johns Hopkins University Press. ISBN 0-8018-8221-4.