Peixe piloto
Peixe piloto | |
---|---|
Clasificación científica | |
| |
Nome binomial | |
'Naucrates ductor' |
O peixe piloto (Naucrates ductor) é un peixe cosmopolita e peláxico, perciforme, da familia Carangidae. Acostuma pasar dos 30 centíometros de longo, e pode chegar até os 70 cm, cun corpo alongado con oito bandas verticais negras, cabeza puntiaguda e boca pequena. Ten este nome porque a especie ten o costume de seguir tiburóns, outros peixes grandes, barcos e mesmo obxectos flotantes. Vive en augas cálidas e profundas de todo o mundo. Ao acompañar tiburóns e outros carnívoros, aproveitan os seus restos, mesmo sobre a pel deses peixes grandes, entablando unha relación simbiótica, sendo observado comer restos de dentro da boca de quenllas.
A autoridade científica sobre a especie é Linnaeus, foi descrita no ano 1758.
Costa atlántica da Península Ibérica
[editar | editar a fonte]Encóntrase presente en practicamente todo o océano Atlántico, incluída a costa de Galiza[1] e Portugal, onde é unha especie nativa.
Os seus nomes comúns son peixe piloto, piollo, piloto ou romeiro.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Hoxe pescamos o peixe piloto (en castelán)". Artes de pesca. Consultado o 14-1-2022.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Peixe piloto |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peixe piloto |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Naucrates ductor - Froese, R. e D. Pauly. editores. 2014. FishBase. Publicación electrónica World Wide Web. www.fishbase.org, (11/2014)
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Naucrates ductor - Biodiversity Heritage Library - Bibliografia
- Naucrates ductor - NCBI Taxonomy Database
- Naucrates ductor - Global Biodiversity Information Facility
- Naucrates ductor - Encyclopedia of Life