Peixe sabre
Trichiurus lepturus Sabre común | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 |
Trichiurus lepturus é unha especie de peixe teleósteo da orde dos perciformes, suborde dos escombroideos, que é o tipo da familia dos triquiúridos e da subfamilia dos triquiurinos,[1] que son coñecidos vulgarmente como sabres,[2] ou peixes sabre.[3]
Características
[editar | editar a fonte]Esta especie, coñecida vulgarmente como sabre común,[4] é un peixe bento-peláxico, anfídromo que pode habitar en augas mariñas e salobres,[5] de corpo longo e delgado.
Os sabres poden chegar a ter 2 m de lonxitude; dos pescados, o que máis peso tivo foi de 5 kg e o de máis tempo tiña 15 anos.[Cómpre referencia]
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Vive en augas tropicais e temperadas, pouco profundas, de 0 a 589 m de profundidade, usualmente entre os 100 e os 350 m,[6] de todos os mares do mundo, entgre os 49° N e os 54° S, e entre os 114° W e os 180° E.[7]
Costumes
[editar | editar a fonte]Sobe para comer durante o día para, apañar crustáceos planctónicos (cando son pequenos, pasando logo a pequenos peixes, e logo xa a outros peixes máis grandes e cangrexos) e retornando ao leito do mar pola noite.[Cómpre referencia]
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]A especie foi descrita polo naturalista sueco Carl von Linné (en latín Carolus Linnaeus), na 10ª edición do seu Systema Naturae per regna tria naturae, secundum classes, ordines, genera, species, cum characteribus, differentiis, synonymis, locis. Editio decima, reformata. Laurentius Salvius: Holmiae. ii, (Ler en liña).[1]
Etimoloxía
[editar | editar a fonte]O epíteto específico, lepturus, Linneo tirouno da raíz do termo do grego antigo λεπτός leptós, "pelado", "limpo", "delgado", "fraco", e o sufixo grego -ουρος -ouros (derivado do grego antigo οὐρά ourá, "cola").[8] Literalmente: "de cola delgada".
Nota: para a etimoloxía do nome xenérico, ver Trichiurus.
Sinónimos
[editar | editar a fonte]Ademais do nome que lle impuxo Linneo, e que é o actualmente válido, ao longo do tempo a especie foi coñecida polos sinónimos seguintes:[1]
- Clupea haumela Forsskål, 1775
- Trichiuris haumela (Forsskål, 1775) (incorrecto gramaticalmente)
- Trichiurus argenteus Shaw, 1803
- Trichiurus coxii Ramsay & Ogilby, 1887
- Trichiurus haumela (Forsskål, 1775)
- Trichiurus japanicus Temminck & Schlegel, 1844 (incorrecto gramaticalmente)
- Trichiurus japonicus Temminck & Schlegel, 1844
- Trichiurus lajor Bleeker, 1854
- Trichiurus lepturus japonicus Temminck & Schlegel, 1844
- Trichiurus malabaricus Day, 1865
- Trichiurus nitens Garman, 1899
- Trichurus lepturus Linnaeus, 1758 (incorrecto gramaticalmente)
- Trichyurus lepturus Linnaeus, 1758 (incorrecto gramaticalmente)
Galería de imaxes
[editar | editar a fonte]-
Exemplar capturado en Paquistán
-
Espécime disecado, capturado no golfo de México
-
Cabezas, coa boca pechada, nun mercado de Pelabuhanratu, Xava
-
Cabeza dun exemplar vivo, coa boca aberta
-
Boca aberta
-
Exemplares á venda nun mercado de Toquio
-
Preparados para comer, nun restaurante da illa de Jeju, Corea do Sur
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 no WoRMS,
- ↑ sabre 2 ANIMAL/ICT1 Peixe, que pertence aos xéneros Ruvettus, Trichiurus, Nesiarchus, que se caracteriza por presentar o corpo comprimido e fino. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7.
- ↑ Lepidopus caudatus (Euphrasen, 1788), e Trichurus lepturus Linnaeus, 1758, en: Rodríguez Villanueva et al. (1994), pp. 224-227.
- ↑ sabre 2 ANIMAL/ICT2 sabre común [Trichurus lepturus] Peixe, da familia dos triquiúridos, que presenta corpo serpentiforme, de cor prateada e un queixo prominente, en que destacan apéndices dérmicos na punta das mandíbulas. No Dicionario de galego, Vigo, Ir Indo, 2004, ISB N 84-7680.504-7.
- ↑ Riede, K. (2004): Global register of migratory species - from global to regional scales. Final Report of the R&D-Projekt 808 05 081. Bonn, Germany: Federal Agency for Nature Conservation.
- ↑ Muus, B. J. & J. G. Nielsen (1999): Sea fish. Scandinavian Fishing Year Book. Denmark: Hedehusene.
- ↑ Froese, Rainer & Pauly, Daniel, eds. (2015): Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 en FishBase. (Versión 2015).
- ↑ lepturus en www.scotcat.com
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Peixe sabre |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Peixe sabre |
Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Burton, Maurice & Robert Burton (1984): Encyclopedia of Fish. Saint Louis, EE.UU.: BPC Publishing. ISBN 0-7064-0393-2.
- Nelson, Joseph S. (2006): Fishes of the World. Nova York: John Wiley & Sons, Inc. ISBN 0-471-25031-7.
- Rodríguez Villanueva, Xosé Luís e Xavier Vázquez Álvarez (1992): Peixes do mar de Galicia (II). Peixes óseos: xeneralidades, clasificación e orde perciformes. Vigo: Xerais. ISBN 84-7507-793-5, pp. 224–229.
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 no WoRMS
- Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 no ITIS.
- Trichiurus lepturus Linnaeus, 1758 na FishBase.
- Trichiurus lepturus na ADW.
- Trichiurus lepturus Arquivado 24 de decembro de 2016 en Wayback Machine. na EOL.
- Ficha en pescaderiascorunesas.es (en castelán).