[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Parque Nacional dos Lagos de Plitvice

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Parque nacional dos Lagos de Plitvice»)
Modelo:Xeografía físicaParque Nacional dos Lagos de Plitvice
(hr) Nacionalni park Plitvička jezera Editar o valor en Wikidata
Editar o valor en Wikidata
Vista aérea
Imaxe
Tipoparque nacional de Croacia
espazo natural protexido Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCondado de Karlovac, Croacia (pt) Traducir e Condado de Lika-Senj, Croacia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 44°52′50″N 15°36′58″L / 44.88045, 15.61603
Composto por
Características
Superficie296,85 km²
29.630,77 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio natural  → Europa-América do Norte
Data1979 (3ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (vii), (viii) e (ix) Editar o valor en Wikidata
Extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade2000 Editar o valor en Wikidata
En perigo1992 - 1997  Editar o valor en Wikidata
Identificador98
Categoría II da UICN: Parque Nacional
World Database on Protected Areas
IdentificadorEditar o valor en Wikidata 1054 Editar o valor en Wikidata
Historia
Data de creación ou fundación8 de abril de 1949 e 1949 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
1992-1997lista do Patrimonio Mundial en Perigo
2000 extensión dun sitio Patrimonio da Humanidade Editar o valor en Wikidata
Actividade
Visitantes anuais946.825 (2008) Editar o valor en Wikidata

Sitio webnp-plitvicka-jezera.hr Editar o valor en Wikidata

O parque nacional dos Lagos de Plitvice é o máis famoso dos parques nacionais croatas.

Localización e características

[editar | editar a fonte]

Está situado na rexión de Lika, a 44.85° N 15.62° cerca da fronteira con Bosnia Herzegovina unha paraxe onde se alternan lagos, cascadas e mananciais. Esta rexión foi declarada Parque Nacional no ano 1949, e catalogada no Patrimonio da Humanidade UNESCO no 1970, cunha ampliación no 2000.

O Parque ten unha superficie próxima ás 30.000 hectáreas, 22.000 delas cubertas de bosques. A zona aberta ao público atópase no centro do parque, son 8 km² de val poboado de bosques, onde a hidrografía conformou unha paisaxe formada por 16 lagos de diferentes alturas comunicados entre eles por cascadas e cataratas. A vexetación está composta por faias nun 90%.

A visita realízase a pé a través de sendeiros e pontes de madeira, os lagos máis grandes son percorridos por barcas. É tamén moi usual entre os turistas a celebración de vodas no pé das cataratas.

Xeoloxía

[editar | editar a fonte]

As augas, atravesando as rochas dolomíticas, disolven a rocha calcaria que é depositada formando barreiras que separan os diferentes lagos, construíndo covas e cavernas, e formando saltos de auga.

Os lagos son alimentados polo río Negro (Crna Rijeka) e o río Branco (Bijela rijeka), e subdivídense en lagos superiores e lagos inferiores.

Lagos superiores

[editar | editar a fonte]
Un dos lagos pequenos do parque

Os principais lagos superiores son:

  • Kozjak (81,5 ha)
  • Prošćansko (68 ha)
  • Galovac (12,5 ha)
  • radinsko (8,1 ha)
  • Ciginovac (7,5 ha)
  • Okrugljak veliko (4,1 ha)
  • Veliki Jovinovac - Veliko Jezero (2 ha)
  • Mali Jovinovac - Malo Jezero (2 hа)
  • Batinovac (1,5 ha)
  • Veliki Burget (0,6 hа)
  • Vir (0,6 ha)
  • Milino jezero

Lagos inferiores

[editar | editar a fonte]

Os principais lagos inferiores son:

  • Milanovac (3,2 ha)
  • Kaluđerovac (2,1)
  • Gavanovac (0,7 hа)
  • Novakovića-brod (0,4 ha)

Flora e fauna

[editar | editar a fonte]

O parque nacional é moi boscoso, principalmente cuberto por faias, abetos e piñeiros. A vexetación mestura a habitual das montañas dos Alpes con aquela máis propia do clima mediterráneo. A área conta cunha enorme variedade de especies animais. A máis salientábel é o oso pardo, o lobo, o lince boreal ou a pita do monte. Téñense citado ata 126 especies de aves, das cales 70 crían no parque.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]