Valencia Basket
Valencia Basket | |
Información xeral | |
---|---|
Liga | ACB |
Fundación | 27 de setembro de 1986 |
Cores | Laranxa, azul |
Presidente | Vicent Solá |
Adestrador | Álex Mumbrú |
Localización | |
Cidade | Valencia, España |
Pavillón | Font de Sant Lluís |
Capacidade | 8 500 |
Inauguración | 1983 |
Campionatos | |
Eurocup | 4 (2003, 2010, 2014, 2019) |
Liga | 1 (2017) |
Copa | 1 (1998) |
Supercopa | 1 (2017) |
valenciabasket.com |
O Valencia Basket Club S.A.D. é un club profesional de baloncesto da cidade de Valencia, que xoga na liga ACB, a máxima competición do baloncesto español. Fundado en 1986, o club é herdeiro da sección de baloncesto do Valencia Club de Fútbol. Estaba patrocinado pola empresa Pamesa, polo que era comunmente coñecido até 2009 como Pamesa Valencia. Disputa os seus encontros no Pavelló Font de Sant Lluís de Valencia, pavillón con capacidade para 8 500 espectadores,[1] e viste camiseta e pantalón laranxa.
Historia
[editar | editar a fonte]O Valencia Basket Club foi fundado o 27 de setembro de 1986 despois de que o Valencia CF decidise pechar a súa sección de baloncesto.[2] O 4 de maio de 1988, co equipo participando na súa segunda temporada na Primeira División B, naquela altura a segunda categoría do baloncesto español, o equipo conseguiu o seu primeiro ascenso á máxima categoría, a Liga ACB. Alí permaneceu até a temporada 1994−95, cando descendeu á Liga EBA xunto co CB Breogán. Este descenso produciuse despois de perder nos playoffs pola permanencia ante o Somontano Huesca por (1−3). Na seguinte temporada, tras ser subcampión da Liga EBA nunha tempada sen ascensos, o Valencia comprou a praza ACB do Amway Zaragoza. Así, o Valencia xoga initerrompidamente na máxima categoría desde a temporada 1996−97 até a actualidade.
O 2 de febreiro de 1998, o daquela chamado Pamesa Valencia, gañou o seu primeiro título nacional tras vencer ao Pinturas Bruguer Badalona. O resultado da final, xogada no Polideportivo Pisuerga de Valladolid foi de 89−75. Un ano máis tarde, o 13 de abril de 1999, o club xogou a final da Copa Saporta. Porén, o club caeu derrotado polo Benetton Treviso por 64−60, nunha final disputada no Pavillón Príncipe Felipe de Zaragoza. Tres anos máis tarde, o Valencia conseguiu chegar de novo á final, máis o equipo volveu caer derrotado. Esta vez a vitoria foi para o Montepaschi Siena por 81–71, en Lión.
Despois destas derrotas, chegaría unha etapa histórica para o club. En liga, na temporada 2001−02, o Valencia chega á final, aínda que non puido gañar ningún xogo da súa serie ante o FC Barcelona. Porén, antes desta derrota, esta o vez o equipo si foi quen de gañar o seu primeiro título europeo: a Copa ULEB. O Valencia conseguiu proclamarse campión desde de derrotar ao Krka Novo Mesto por un global na eliminatoria de 154–168. Esta vitoria, ademais, garantiulles a participación na seguinte edición da Euroliga. Na seguinte temporada, na súa primeira participación na principal competición continental, o club logrou a súa clasificación para o Top 16, máis foi eliminado despois de rexeitar xogar na Man de Elías ante o Maccabi Tel Aviv aducindo problemas de seguridade en Israel.[3]
O 18 de abril de 2010, o naquela altura chamado Power Electronics Valencia, gañou o seu segundo título europeo, ao vencer ao Alba Berlín por 67−44 na final da EuroCup disputada no Fernando Buesa Arena de Vitoria. Isto permitiu ao club volver á Euroliga sete anos despois da súa primeira participación no torneo. Esta vez, Valencia chegou aos cuartos de final da Euroliga, onde foi eliminado polo Real Madrid, que gañou a serie de playoffs por unha marxe de 3−2. O 7 de maio de 2014 o Valencia consegue o seu terceiro título da EuroCup, esta vez vencendo na final a dobre partido ao UNICS Kazan.
O 5 de xuño de 2017, o Valencia clasificouse para a súa segunda final da Liga ACB de España após derrotar ao Baskonia nas semifinais. A diferenza da primeira vez, esta vez os valenciano conseguiron gañar o seu primeiro título de liga. Na final o equipo venceu ao Real Madrid por 3−1. Esa mesma temporada, o club tamén chegou á final da Copa do Rei e da EuroCup, mais perdeu as finais ante o propio Real Madrid e o Unicaja, respectivamente. O cuarto título europeo da EuroCup do club chegou dous anos despois, o 16 de abril de 2019, cando a Valencia venceu ao Alba Berlín na final a dobre partido.
Patrocinios
[editar | editar a fonte]Por motivo de patrocinio, o club tivo diversos nomes ao longo da súa historia:
- Valencia-Hoja del Lunes (1986–1987)
- Pamesa Valencia (1987–2009)
- Power Electronics Valencia (2009–2011)
Xogadores
[editar | editar a fonte]- Véxase tamén: Xogadores do Valencia BC.
Cadro actual
[editar | editar a fonte]Valencia Basket 2022−2023 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
Dorsais retirados
[editar | editar a fonte]Dorsais retirados polo Valencia Basket | ||||
N° | Xogador | Posición | Etapa | |
---|---|---|---|---|
11 | Nacho Rodilla | Base | 1994–2003 | |
15 | Víctor Luengo | Escolta | 1992–2007 |
Destacados
[editar | editar a fonte]- Alberto Abalde
- Berni Álvarez
- Víctor Claver
- Salva Díez
- Víctor Luengo
- Rafa Martínez
- José Antonio Paraíso
- Pau Ribas
- Nacho Rodilla
- Johnny Rogers
- Fernando San Emeterio
- Guillem Vives
- Federico Kammerichs
- Alejandro Montecchia
- Fabricio Oberto
- Matt Nielsen
- Vítor Faverani
- Tiago Splitter
- Derrick Alston
- Tanoka Beard
- Brad Branson
- Brian Cardinal
- Justin Doellman
- Conner Henry
- Bernard Hopkins
- Darryl Middleton
- Derrick Williams
- Shammond Williams
- Nando de Colo
- Mickaël Gelabale
- Antoine Rigaudeau
- Florent Piétrus
- Dimos Dikoudis
- Robertas Javtokas
- Mindaugas Timinskas
- Nikola Kalinić
- Kosta Perović
- Igor Rakočević
- Duško Savanović
- Dejan Tomašević
- Serhiy Lishchuk
- Tornike Shengelia
Galardóns individuais
[editar | editar a fonte]
Segundo mellor quinteto da ACB
Campión do Concurso de Mates da ACB
|
Segundo mellor quinteto da Euroliga
Segundo mellor quinteto da EuroCup
|
Adestradores
[editar | editar a fonte]A seguinte é unha lista dos adestradores do Valencia Basket desde a súa fundación.
- Toni Ferrer (1986–1987)
- Antoni Serra (1987–1989)
- Toni Ferrer (1989)
- José Antonio Figueroa (1989–1991)
- Fernando Jiménez (1991)
- Manu Moreno (1992–1995)
- Herb Brown (1995)
- Mihajlo Vuković (1995–2000)
- Luis Casimiro (2000–2002)
- Paco Olmos (2002–2004)
- Pablo Laso (2004–2005)
- Chechu Mulero (2005)
- Ricard Casas (2005–2006)
- Chechu Mulero (2006)
- Fotios Katsikaris (2006–2008)
- Neven Spahija (2008–2010)
- Manolo Hussein (2010)
- Svetislav Pešić (2010–2011)
- Paco Olmos (2011–2012)
- Velimir Perasović (2012–2015)
- Carles Duran (2015)
- Pedro Martínez (2015–2017)
- Txus Vidorreta (2017–2018)
- Jaume Ponsarnau (2018–2021)
- Joan Peñarroya (2021–2022)
- Álex Mumbrú (2022–presente)
Palmarés
[editar | editar a fonte]- Campións (4): 2003, 2010, 2014, 2019
- Subcampións (2): 2012, 2017
- Campións (1): 1998
- Subcampións (4): 2000, 2006, 2013, 2017
- Campións (1): 2017
- Subcampións (1): 2010
Historial
[editar | editar a fonte]Ano | Nivel | Liga | Pos. | V–D | Copa do Rei | Outras copas | Competicións europeas | |||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1986–87 | 2 | 1ª B | 19º | 14–20 | ||||||
1987–88 | 2 | 1ª B | 8º | 24–19 | ||||||
1988–89 | 1 | ACB | 16º | 12–27 | Primeira rolda | |||||
1989–90 | 1 | ACB | 10º | 27–12 | Oitavos de final | |||||
1990–91 | 1 | ACB | 9º | 18–22 | Segunda rolda | |||||
1991–92 | 1 | ACB | 9º | 21–19 | Segunda rolda | |||||
1992–93 | 1 | ACB | 10º | 19–15 | Segunda rolda | |||||
1993–94 | 1 | ACB | 12º | 15–17 | Primeira rolda | |||||
1994–95 | 1 | ACB | 19º | 16–26 | Primeira rolda | |||||
1995–96 | 2 | EBA | 2º | 28–10 | ||||||
1996–97 | 1 | ACB | 11º | 17–17 | ||||||
1997–98 | 1 | ACB | 7º | 21–17 | Campión | |||||
1998–99 | 1 | ACB | 6º | 20–19 | Cuartos de final | 2 Copa Saporta | 2º | 17–2 | ||
1999–00 | 1 | ACB | 6º | 20–17 | Subcampión | 2 Copa Saporta | CF | 13–3 | ||
2000–01 | 1 | ACB | 5º | 23–15 | Semifinais | 2 Copa Saporta | SF | 11–5 | ||
2001–02 | 1 | ACB | 6º | 22–16 | Cuartos de final | 2 Copa Saporta | 2º | 13–4 | ||
2002–03 | 1 | ACB | 2º | 32–13 | Semifinais | 2 Copa ULEB | 1º | 14–4 | ||
2003–04 | 1 | ACB | 5º | 24–14 | Cuartos de final | 1 Euroliga | T16 | 13–7 | ||
2004–05 | 1 | ACB | 9º | 18–16 | Semifinais | 2 Copa ULEB | SF | 11–1–4 | ||
2005–06 | 1 | ACB | 9º | 16–18 | Subcampión | |||||
2006–07 | 1 | ACB | 7º | 20–18 | ||||||
2007–08 | 1 | ACB | 5º | 23–14 | Cuartos de final | 2 Copa ULEB | CF | 10–5 | ||
2008–09 | 1 | ACB | 7º | 16–18 | Cuartos de final | 2 EuroCup | CF | 10–3 | ||
2009–10 | 1 | ACB | 5º | 23–13 | Semifinais | 2 EuroCup | 1º | 14–2 | ||
2010–11 | 1 | ACB | 5º | 24–12 | Semifinais | Supercopa | 2º | 1 Euroliga | CF | 10–11 |
2011–12 | 1 | ACB | 4º | 23–18 | 2 EuroCup | 2º | 12–4 | |||
2012–13 | 1 | ACB | 6º | 23–14 | Subcampión | Supercopa | SF | 2 EuroCup | SF | 11–5 |
2013–14 | 1 | ACB | 3º | 34–8 | Semifinais | 2 EuroCup | 1º | 15–9 | ||
2014–15 | 1 | ACB | 4º | 23–18 | Cuartos de final | Supercopa | SF | 1 Euroliga | TR | 3–7 |
2 EuroCup | CF | 5–5 | ||||||||
2015–16 | 1 | ACB | 3º | 31–9 | Cuartos de final | 2 EuroCup | L32 | 13–3 | ||
2016–17 | 1 | ACB | 1º | 31–12 | Subcampión | 2 EuroCup | 2º | 18–5 | ||
2017–18 | 1 | ACB | 5º | 23–14 | Cuartos de final | Supercopa | 1º | 1 Euroliga | 9º | 12–18 |
2018–19 | 1 | ACB | 3º | 25–15 | Cuartos de final | 2 EuroCup | 1º | 20–3 | ||
2019–20 | 1 | ACB | 3º | 16–13 | Semifinais | Supercopa | SF | 1 Euroliga | — | 12–16 |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Valencia Basket Club. Información". acb.com (en castelán). Consultado o 4 de setembro de 2021.
- ↑ "Valencia Basket cumple 30 años" (en castelán). ACB.com. 27 de setembro de 2016. Arquivado dende o orixinal o 20 de xuño de 2017. Consultado o 05 de setembro de 2021.
- ↑ "El Pamesa no viaja a Tel Aviv y perderá (20-0) el partido" (en castelán). El País. 25 de marzo de 2004.