Superlativo
Aparencia
Superlativo enténdese en lingüística por aumentativo, unha das posibilidades de gradación que pode achegar o adxectivo e en concreto aquela que permite a esta clase de palabra atribuír unha calidade no seu máis alto grao. Hai que distinguir dous tipos:
Superlativo absoluto e superlativo relativo
[editar | editar a fonte]Superlativo absoluto
[editar | editar a fonte]O adxectivo atribúe a calidade no seu máis alto grao, sen establecer comparación ou relación ningunha. Entre as posibilidades de que dispón o galego para a gradación absoluta, temos formas ou procedementos sintéticos e analíticos.
- Sintéticos:
- O sufixo -Ísimo (con morfemas de xº e nº) engadido ós adxectivos en grao positivo: home fortísimo.
- As formacións sintéticas latinas que seguen vixentes na actualidade son menos produtivas e alternan coa forma analítica "moi + adxectivo en grao positivo" ou o "adxectivo + -ísimo": alto-supremo, baixo-ínfimo, bo-óptimo, grande-máximo, malo-pésimo, pequeno-mínimo-: É un caldo pésimo
- Adxectivo con prefixos re- , arqui-, super-, hiper-, ultra-, requete-,...: ultramoderno, hipersensible.
- Adxectivo con sufixos alterativos: -ón, -echo, -ucho, pero sobre todo -iño/-a que non supón diminución, senón que expresa que a calidade se atopa nun grao moi alto: Está moi fracucho, "é altiño",...
- Analíticos:
- Construción "moi + adxectivo".
- Poden aparecer outros adverbios de cantidade (bastante, algo , pouco, case, abondo,....) e tamén de modo con valor cuántico (ben, extraordinariamente, tremendamnente, extremadamente, sorprendentemente...): É tremendamente procaz. É parvo abondo
- A repetición do adxectivo: pilabán pillabán (nivel coloquial)
Superlativo relativo
[editar | editar a fonte]Dáse a atribución a un obxecto do grao máis alto posible dunha calidade con respecto ós demais cos que se pode comparar: É mais alto ca ti. É máis alto do que es ti. É o máis alto dos dous.