[go: up one dir, main page]

Saltar ao contido

Stoner rock

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Stoner metal»)
Stoner rock
Orixe musicalrock psicodélico, hard rock, doom metal, blues-rock
Orixe culturalprincipios dos 90 en California
Instrumentos típicosguitarra, baixo, batería, voz.

Stoner rock (tamén stoner metal ou stoner doom) é un termo empregado para describir un subxénero do rock que se caracteríza por ter riffs de guitarra graves e lentos. Con grande influencia do rock psicodélico de principios dos anos setenta. Está conectado co rock alternativo.

Folla da marihuana.

Ás veces confundido co sludge metal (ambos os nomes se intercambian frecuentemente debido ás súas similitudes), o stoner rock, frecuentemente chamado desert rock (expresión creada polos pioneiros no estilo, Kyuss), ou bong rock polas referencias obvias ao consumo de THC, caracterízase polo son duro, pesado e afinado en escalas baixas dos instrumentos empregados neste estilo, que provén do hard rock dos anos 1965 a 1973, sendo as súas influencias Jimi Hendrix, Blue Cheer, Mountain, Free, Nazareth ou Cream. O termo stoner rock provén da verba inglesa stoner, que en galego significa o que fuma marihuana. O uso da marihuana vénse asociando ao stoner rock, débido a que moitas das composicións dentro deste estilo se crearon baixo a influencia desta droga psicodélica. Con todo, non tódolos grupos de stoner rock teñen que ser considerados consumidores desta substancia, e viceversa, xa que, por exemplo, Pantera incluía imaxes da planta do cánnabis nas camisetas das súas xiras, sendo este un grupo de thrash metal.

O stoner rock orixinouse nos Estados Unidos de América a principios da década de 1990, especialmente na cidade de Palm Springs, California. Os californianos Kyuss son considerados os inventores do xénero, aínda que bandas como Masters of Reality e Yawning Man xa experimentaran antes con riffs da década de 1970. Para algúns Kyuss é a única banda netamente stoner, aínda que eles o neguen.

Con todo é un estilo emparentado co grunge, pero non co grunge depresivo e estereotipado, senón con bandas máis escuras como os primeiros Soundgarden, Mudhoney ou Alice in Chains. Hoxe en día existen bandas cunha gran dose de rock clásico, como foi Black Sabbath, con toques de psicodelia e incluso punk e pop. Todos se sustentan en riffs intensos e no son dos grandes do rock clásico da década de 1970. O grupo máis famoso stoner rock é Queens of the Stone Age, aínda que ultimamente se afastaron das súas raíces. Outros grupos de sona son Monster Magnet ou Fu Manchu. Porén, o xénero foise desvalorizando co paso do tempo, especialmente coa fin da década de 1990.

Rock desértico

[editar | editar a fonte]

O stoner rock está moi unido ao rock desértico, ou desert rock, un termo, máis que un xénero musical, co que se asocia, principalmente, ás bandas da escena musical de Palm Desert, California. O seu son se basea nunha importante influencia de música latina, ritmos de percusión repetitivos e elementos de psicodelia.

O termo foi previamente aplicado, nos anos 80, a un tipo de punk psicodélico con influencias de country, que xeralmente evocaban a zonas desérticas, caracterizado por pasaxes instrumentais e letras que fablaban de xente marxinal. Esta xeración de desert rockers estaba centrada na área de Arizona, particularmente en Tucson, a pesar de que moitas bandas tiñan fortes lazos de unión coa escena musical de California, transladárose moitas delas a cidades coma Os Ánxeles.

Grupos de Stoner Rock

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]