Simbu
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Reinos da Commonwealth | Papúa Nova Guinea | ||||
Capital | Kundiawa | ||||
Contén a división administrativa | Chuave District (en) Gumine District (en) Karimui-Nomane District (en) Kerowagi District (en) Kundiawa-Gembogl District (en) Sina Sina-Yonggomugl District (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 376.473 (61,37 hab./km²) | ||||
Lingua usada | Kuman (en) Língua dadibi (pt) Chuave (en) Dom (en) Wahgi (en) Pawaia (en) Salt-Yui (en) Golin (en) Gimi (en) Siane (en) Sinasina (en) Nomane (en) Kandawo (en) North Wahgi (en) | ||||
Xeografía | |||||
Situado na entidade territorial estatística | Região das Terras Altas (pt) | ||||
Superficie | 6.134 km² | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1966 | ||||
ISO 3166-2 | PG-CPK | ||||
A Provincia de Simbu, tamén chamada Chimbu, é unha das provincias da Papúa Nova Guinea. A capital é a cidade de Kundiawa. Cunha área de 6.100 km² posúe unha poboación de 259.703 habitantes (2000), dando unha densidade de poboación de 42,6 habitantes por quilómetro cadrado. O Monte Wilhelm, o punto máis elevado de Papúa Nova Guinea, áchase nos límites de Simbu.
Simbu, dito Sipuuuu no dialecto local, significa "grazas". Esta provincia encóntrase na cordilleira central das Terras Altas de Papúa Nova Guinea. Comparte fronteiras xeográficas con cinco provincias: Occidente, Eastern Highlands, Southern Highlands, Golfo e Madang.
Simbu é unha provincia con recursos naturais limitados e o terreo é montañoso e moi accidentado. O progreso económico da provincia é menos destacable que o doutras. É unha fonte importante de café.
Hai tres escolas secundarias na provincia: a Escola Secundaria Kondiu Rosary, a Escola Secundaria Yauwe Moses e a Escola Secundaria Kerowagi.
Distritos
[editar | editar a fonte]Esta provincia fracciónase en varios distritos:
- Chauve
- Gumine
- Karimui-Nomane
- Kerowagi
- Kundiawa-Gembogl
- Sina Sina-Yonggomugl